Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 21 Total: 43
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Intelixencia Artificial
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é aprender a distinguir os problemas adecuados para o
desenvolvemento dos sistemas multiagente, así como as súas características principais.
Introducirase o concepto de axente intelixente e detallaranse as principais teorías e modelos, así
como as diversas arquitecturas de sistemas multiagente e as aplicacións máis relevantes dos
mesmos
Axentes e arquitecturas de axentes. Necesidades de interacción entre
axentes: negociación, cooperación, coordinación. Metodoloxías
orientadas a axentes.
Básica:
M. Wooldridge (2009). An introduction to multiagent systems. John Wiley and Sons, 2 Edition, ISBN 978-
0470519462
Complementaria:
G. Weiss (1999). Multiagent systems: A modern approach to distributed artificial intelligence. MIT Press, ISBN
978-0262731317
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir
a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no
campo da Intelixencia Artificial.
CG3 - Buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver
problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas
do campo.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base
ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación
de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos
e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas
ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou
multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e
enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha
información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre
as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus
coñecementos e xuízos.
TRANSVERSAIS
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita
dun idioma estranxeiro.
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e
as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e
para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa
coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de
xénero.
CT6 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de
vida saudables.
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o
desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da
sociedade.
ESPECÍFICAS
CE5 - Capacidade para deseñar e desenvolver sistemas intelixentes
mediante a aplicación de algoritmos de inferencia, representación do
coñecemento e planificación automática.
CE6 - Capacidade para recoñecer aqueles problemas que necesiten
dunha arquitectura distribuída que non estea prefijada durante o
deseño do sistema, que serán adecuados para a implementación de
sistemas multiagente intelixentes.
CE7 - Capacidade para entender as implicacións do desenvolvemento
dun sistema intelixente explicable e interpretable.
CE8 - Capacidade para deseñar e desenvolver sistemas intelixentes
seguros, en termos de integridade, confidencialidade e robustez.
A metodoloxía Inclúe o Método expositivo / lección maxistral, prácticas de laboratorio, titorías,
traballo autónomo, estudo de casos e aprendizaxe por proxectos. levará a cabo coas seguintes
actividades formativas:
1) Aprendizaxe baseada en problemas, seminarios, estudo de casos e proxectos: trátase de
sesións cuxo obxectivo é que o alumnado adquira determinadas competencias en base á
resolución de exercicios, estudo de casos e realización de proxectos que requiran ao alumno a
aplicación dos coñecementos e competencias desenvolvidas durante a materia. Estas sesións
poden requirir do alumno a presentación oral da súa solución aos problemas expostos. Os
traballos realizados polo alumnado pódense realizar de forma individual ou en grupos de
traballo.
2) Clases de teoría: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a
introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir
coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Ademais do tempo de exposición oral por parte do
profesor, esta actividade formativa require do alumno a dedicación dun tempo para preparar e
revisar por conta propia o materiais obxecto da clase.
3) Clases prácticas de laboratorio: clases dedicadas a que o alumnado desenvolva traballos
prácticos que impliquen abordar a resolución de problemas complexos, e a análise e deseño de
solucións que constitúan un medio para a súa resolución. Esta actividade pode requirir dos
alumnos a presentación oral dos traballos realizados. Os traballos realizados polo alumnado
pódense realizar de forma individual ou en grupos de traballo.
A avaliación constará de dous partes:
- Exame final, con ponderación do 40% da nota final.
- Avaliación de traballos prácticos, con ponderación do 60% da nota final.
Será necesario alcanzar un 40% da puntuación en cada parte para poder superar a materia.
A cualificación será de non presentado cando non se entregue ningún traballo práctico nin exame final.
Segunda oportunidade
A avaliación realizarase cos mesmos criterios anteriormente descritos. Abrirase un novo prazo para a entrega dos traballos prácticos, en caso de non entregalos na primeira oportunidade.
A1: Clases de teoría: 21 horas presenciais, 42 horas en total de dedicación.
A2: Clases prácticas de laboratorio: 14 horas presenciais, 40 horas en total de dedicación.
A3: Aprendizaxe baseada en problemas, seminarios, estudo de casos e proxectos: 7 horas
presenciais, 68 horas en total de dedicación.
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | IA.02 |
18:30-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | IA.02 |
Venres | |||
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | IA.02 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | IA.02 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.02 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.02 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.02 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.02 |