Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 32.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten como obxectivo a introdución de técnicas para o procesamento de vídeo no bordo utilizando dispositivos de baixo consumo de enerxía que permiten o despregue deste tipo de aplicacións no bordo.
Os contidos desta materia son os seguintes:
• Estudo de detectores e métodos de seguimento de obxectos en vídeo mediante aprendizaxe profunda no ámbito das aplicacións para o vehículo conectado.
• Adaptación de detectores e métodos de seguimento de obxectos en vídeo para o seu funcionamento no bordo no ámbito das aplicacións para o vehículo conectado.
• Procesamento no bordo: aplicacións de contaxe de persoas e vehículos con vídeo no espectro visible e infravermello en procesadores gráficos (GPUs, Graphics Processing Units) empotrados e SBCs no ámbito do vehículo conectado.
• Aplicacións da análise de vídeo no ámbito do vehículo conectado.
Estes contidos desenvólvense nos seguintes temas:
1. Adquisición de Imaxes e Vídeo
2. Dispositivos para procesamento de vídeo no bordo
3. Algoritmos de procesamento de vídeo:
o Detectores de movemento
o Seguimento de obxectos
o Contaxe de persoas
4. Técnicas para despregue de algoritmos no bordo:
o Cuantización
o Poda
o Técnicas de destilación de coñecemento
As prácticas consistirán no despregue dos algoritmos analizados nas clases teóricas en dispositivos no bordo para realizar procesamento de vídeo en tempo real.
Bibliografía básica:
• Richard Szeliski. "Computer Vision: Algorithms & Applications". Springer 2010.
• Rafael C. González, Richard E. Woods. "Digital Image Processing". Terceira Edición. Pearson 2007.
• Jun Ohta. "Smart Image Sensors and Applications". Segunda Edición. CRC Press 2020.
• Junichi Nakamura. "Image Sensors & Signal Processing for Digital Still Cameras". CRC Press 2016.
• Alexander Hornberg. "Handbook of Machine and Computer Vision: The Guide for Developers and Users" Wiley-VCH 2017.
• E. R. Davies. "Machine Vision Theory Algorithms Practicalities" Academic Press 2012.
• Adrian Kaehler, Gary Bradsky. "Learning OpenCV 3" O'Reilly Media Inc. 2017.
Bibliografía complementaria:
• D. Forsyth, J. Ponce. "Computer Vision a Modern Approach" Prentice Hall 2003.
Artigos de revistas ou congresos relacionados coa materia e proporcionados polos profesores ó longo do curso.
Ao rematar con éxito esta materia, o alumnado adquirirá os seguintes coñecementos:
• V-CN5: Coñecer e comprender o funcionamento básico das cámaras de vídeo e detectores de movemento no ámbito das aplicacións do vehículo conectado, así como aplicacións do análise de vídeo en dito ámbito.
Ao rematar con éxito esta materia, o alumnado desenvolverá as seguintes destrezas:
• V-HB2: : Aplicar técnicas de análise de imaxe no ámbito do vehículo conectado.
Ao rematar con éxito esta materia, o alumnado adquirirá as seguintes competencias:
• V-CP2: Implementar algoritmos de análise e procesamento de vídeo no ámbito do vehículo conectado.
A asignatura consta tanto de contidos teóricos como prácticos. Nas sesións expositivas exporanse os contidos teóricos da materia, apoiándose en materiais multimedia que se completarán con problemas. As sesións interactivas consistirán no desenrolo de montaxes experimentais. O alumnado disporá de guións de prácticas cos seus obxectivos, materiais e métodos. A realización das prácticas é obrigatoria.
Para o estudio da asignatura o alumnado disporá da bibliográfia básica da mesma, así como do material de apoio que use o profesorado, ó que se poderá acceder dende o Campus Virtual da USC.
A avaliación da materia realizarase mediante as seguintes actividades:
• Exame escrito final: suporá un 40% da nota total. Unha puntuación global no exame de 4 sobre 10 puntos permitirá facer media co resto das actividades da materia.
• Avaliación das prácticas: a avaliación do traballo práctico realizado polo alumnado nas sesións interactivas suporá un 40% da cualificación final. A asistencia ás sesións interactivas é obrigatoria. Para poder superar a materia, será requisito imprescindible ter unha cualificación nas prácticas de polo menos o 50% do seu valor total.
• Actividades de avaliación continua: un 20% da nota total virá dado polas actividades de avaliación continua propostas polo profesorado durante o semestre.
Todo o alumnado ten dereito a asistir ao exame da segunda oportunidade. Mantense a nota e tamén o seu peso na nota final obtida en cada unha das partes: traballo práctico e actividades de avaliación continua. A asistencia a prácticas será obrigatoria salvo causa xustificada. Non será posible a superación da materia salvo que se asistira como mínimo ao 80% das prácticas. A non asistencia ás mesmas impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria como na de segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” que no seu artigo 16 indica: a realización fraudulenta de algún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha asignatura implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA
O alumnado de segunda matrícula que superara as prácticas en convocatorias anteriores estará exento da súa realización. En canto ao exame final e o proceso de avaliación continua seguirán o mesmo proceso que o alumnado de primeira matrícula. A cualificación da parte práctica conservarase durante tres cursos académicos; transcorrido este período deberanse repetir as prácticas.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA
No caso de alumnado con dispensa de asistencia, eximiráse da asistencia a clases expositivas, pero deberá realizar as prácticas de forma presencial. Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que ao resto do alumnado.
A dedicación a actividades presenciais organízase en:
• 24 horas de clases expositivas (asistencia recomendable)
• 24 horas de sesións interactivas (asistencia obrigatoria)
Contémplase ademais unha dedicación de horas non presenciais por parte do alumnado:
• 16 horas de revisión de contidos teóricos (traballo individual)
• 11 horas de preparación e revisión de sesións interactivas (traballo individual ou en pequenos grupos).
Debido á alta correlación existente entre os conceptos desenvolvidos nas clases de teoría e os contidos das prácticas, recoméndase ao alumnado constancia no estudo da materia acudindo ás sesións de prácticas cos conceptos xa revisados e traballados. A realización das prácticas supón un apoio importante para que os conceptos teóricos se asenten e facilitarán a comprensión da materia.
Victor Manuel Brea Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 881816436
- Correo electrónico
- victor.brea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Fernando Rafael Pardo Seco
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 982823212
- Correo electrónico
- fernando.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula A10 |