Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 32.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos, Área externa M.U en Internet de las Cosas - IoT
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia o alumno deberá:
Coñecer os fundamentos básicos sobre os sistemas domóticos e inmóticos.
Coñecer os conceptos esenciais sobre os sensores e actuadores para edificios e fogares intelixentes.
Coñecer as principais arquitecturas para sistemas domóticos e inmóticos.
Coñecer os principais modelos enerxéticos e o concepto de smart grid desde o punto de vista dos edificios e fogares intelixentes.
Ser capaz de deseñar e despregar sistemas IoT básicos para edificios e fogares intelixentes.
Tema 1: Sistemas domóticos e inmóticos. Automatización do fogar e de edificios: Tipos, características, Sistemas e Beneficios.
Tema 2: Integración de sensores e actuadores. Propagación de redes, sensorización sen fíos.
Tema 3: Modelos arquitectónicos. Fluxo e almacenamento de información. Modelos domóticos e inmóticos.
Tema 4: Servizos e plataformas Smart Home.
Tema 5: Análise e implementación de servizos. Visualización e integración.
Tema 6: Modelos enerxéticos avanzados con renovables (coxeración, xeotermia, fotovoltaica). Smart grids.
Harry G. Smeenk (2023). Internet of Things for Smart Buildings. 1st edition. Packt Publishing.
Nilesh Y. Jadhav (2016). Green and Smart Buildings. Springer
Ao rematar a materia o alumno deberá adquirir os seguintes coñecementos, competencias e habilidades xerais e específicas.
S-CN4: Coñecer e comprender os conceptos básicos de domótica e inmótica incluíndo sensorización, arquitecturas e servizos. TIPO: Coñecementos ou contidos.
S-CN5: Coñecer e comprender os principais modelos enerxéticos e o concepto de rede eléctrica intelixente (smart grid) desde o punto de vista dos edificios e fogares intelixentes. TIPO: Coñecementos ou contidos.
S-CP1: Deseñar e despregar redes de dispositivos IoT no ámbito das Cidades e Edificios Intelixentes. TIPO: Competencias.
Método expositivo / lección maxistral: Esta metodoloxía docente aplicarase á actividade formativa "Clases de teoría".
Prácticas de laboratorio: Esta metodoloxía docente aplicarase á actividade formativa "Clases prácticas de laboratorio" e poderase aplicar á actividade formativa de "Sesións de aprendizaxe baseada en problemas, seminarios, estudo de casos e proxectos".
Aprendizaxe por proxectos.
Titorías.
Traballo autónomo.
Estudo de casos.
Exame final: especialmente dirixido a avaliar a comprensión dos coñecementos expostos nas clases de teoría. O Exame final terá un valor do 40% na nota final da materia.
Avaliación de traballos prácticos e seguimento continuo: Aplicable ao seguimento continuo da súa evolución e traballo na materia e aos resultados das actividades formativas "Clases prácticas de laboratorio", "Aprendizaxe baseada en problemas, seminarios, estudo de casos e proxectos". Esta parte terá un valor do 40% da nota final.
Avaliación de traballos tutelados: A avaliación do traballo tutelado levarase a cabo mediante unha defensa na que o alumnado explica a súa proposta e conclusións ante o profesorado, ou mediante unha presentación oral da solución ante a aula cun valor do 20% da nota final.
A materia supón:
12 horas de docencia teórica presencial
12 horas de traballo práctico presencial en laboratorios
51 horas de traballo persoal non presencial do alumnado no estudo, realización dos proxectos e traballos propostos no laboratorio e en titorías personalizadas que poden ser presenciais.
José Ángel Taboada González
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816457
- Correo electrónico
- joseangel.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula A10 |
Mércores | |||
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A10 |