Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 14 Total: 32.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal de esta materia é proporcionar unha introdución aos principais conceptos e tecnoloxías relacionadas coa xestión de datos en contornos de IoT. Nunha primeira parte da materia, o alumnado familiarizarase coa xestión de datos usando a linguaxe SQL. Na segunda parte da materia presentaranse algúns exemplos de tecnoloxías de tipo NoSQL e introducirase a problemática da xestión de datos espaciais e temporais.
Expositivos
Bases de datos relacionais e SQL.
Bases de datos paralelas e distribuídas.
Almacéns de datos
Bases de datos NoSQL: Modelado e distribución de datos, consistencia e dispoñibilidade.
Xestión de datos espaciais e temporais
Interactivos
Xestión de datos con SQL
Xestión de datos espaciais e temporais con SQL
Uso de bases de datos NoSQL Documentais.
Bibliografía Básica
Sadalage, Fowler. NoSQL Distilled: A Brief Guide to the Emerging World of Polyglot Persistence, Addison-Wesley, 2012.
Avi Silberschatz, Henry F. Korth, S. Sudarshan, Database System Concepts, Sixth edition, McGraw-Hill, 2010. ISBN 0-07-352332-1
Bibliografía Complementaria
Shashi Shekhar, Sanjay Chawla, Spatial Databases: A tour, Prentice Hall, 2003.
Banker K., Bakkum P., Verch S., Garrett D., Hawkins T., MongoDB in Action. Manning Publications Co, 2016.
O alumnado
- Coñecerá os conceptos básicos das bases de datos relacionais e será capaz de usar un sistema xestor baseado en SQL.
- Coñecerá os principais retos e solucións relacionados coas arquitecturas de bases de datos distribuídas e paralelas.
- Coñecerá os fundamentos dos almacéns de datos e a diferencia entre sistemas OLAP e OLTP.
- Coñecerá os principais conceptos relacionados coas bases de datos NoSQL e será capaz de usar algunha das tecnoloxías máis relevantes.
- Será capaz de xestionar datos espaciais e temporais de forma eficiente.
As competencias da titulación que se traballan son as seguintes (ver memoria do título):
CNC10, HBL6, HBL10, HBL12 e CMP9
A metodoloxía que se empregará nesta materia baséase no seguinte conxunto de actividades, que se realizarán de forma presencial e non presencial.
1.- Clases expositivas: As clases expositivas proporcionarán unha breve introdución aos contidos teóricos. O profesorado fará exposicións apoiándose en material que será distribuído ao alumnado.
2.- Clases interactivas: Nestas sesións o profesorado axudará ao alumnado a seguir pequenos titoriais de cada unha das tecnoloxías seleccionadas. Ademais, o profesorado acompañará ao alumnado no uso das tecnoloxías seleccionadas para resolver pequenos problemas.
3.- Avaliación mediante exames: Os exames realizaranse nas datas oficiais que se determinen no calendario. Estes exames terán preguntas e exercicios relacionados cos contidos teóricos e prácticos da materia.
4.- Avaliación continua: Mediante probas ou entregas periódicas. Avaliarán principalmente aspectos vistos nas clases interactivas.
5.- Avaliación mediante traballo tutelado (proxecto): Avaliará tanto aspectos das clases expositivas como interactivas. Partindo dun suposto inicial, o alumnado deberá completar unha serie de tarefas prácticas que se documentarán nunha memoria técnica. A avaliación considerará esta memoria e, opcionalmente, poderá requirir dunha exposición por parte do alumnado.
Período ordinario:
A avaliación da materia dividirase en dúas partes.
1.- Exame (40%): O exame avaliará tanto contidos de teoría como prácticos. A nota será unha nota individual.
2.- Avaliación continua (30%): Os problemas propostos polo profesorado serán resoltos de forma individual polo alumnado. A avaliación poderá realizarse mediante probas e/ou entregas de traballos de pequeno tamaño.
3.- Traballo tutelado (30%): Será un traballo de maior entidade que os da avaliación continua, podendo ser individual ou realizado en grupo.
Para superar a materia será necesario alcanzar como mínimo un 40% da puntuación total tanto avaliación de traballos prácticos (avaliación continua e traballo tutelado) como no exame, alcanzando ademais como mínimo un 5 sobre 10 na media das dúas partes.
Considerarase presentado calquera alumno que presente algún traballo ou se presente ao exame.
Período extraordinario:
Para a avaliación extraordinaria o alumnado terá a oportunidade de volver a realizar os traballos do período ordinario. No caso da avaliación continua, será unha única proba ou entrega. As porcentaxes de nota será idénticas ás do período ordinario. Se un alumno se presenta a unha parte, a nota substituíra a anterior (se a houbese), e se non se presenta mantense a nota anterior. Considerarase presentado calquera alumno que realice as probas ou entregas de calquera das 3 partes.
O alumnado repetidor terá que seguir o mesmo sistema de avaliación que o resto de alumnado, e en ningún caso se manteñen cualificacións entre distintos cursos.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase como segue.
Clases teóricas: 8 horas presenciais.
Sesións prácticas: 16 horas presenciais.
Titorías individuais: 8 horas presenciais.
Traballo persoal: 51 horas non presenciais.
As horas de traballo persoal destinaranse a preparar a teoría usando o material proporcionado, e a completar traballos ou probas relacionadas coas demais actividades.
Recoméndase manter unha comunicación fluída co profesorado e unha actitude participativa nas clases. Tamén se recomenda un traballo semanal constante relacionado coas actividades descritas na metodoloxía. Será recomendable dispoñer dun ordenador persoal portátil no que se poida instalar o software utilizado na materia.
Todo o material relacionado coa materia será compartido a través da Aula Virtual. Aínda que as titorías, con carácter xeral, se realizarán de xeito presencial, a petición do alumnado pódense realizar titorías específicas de temas concretos de forma telemática.
Jose Ramon Rios Viqueira
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816463
- Correo electrónico
- jrr.viqueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A10 |
18:30-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula A10 |