Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 22 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprensión xeral dos fundamentos operacionais. Capacidade para preparar un plan de voo e a documentación necesaria como operador de drons de AESA. Adquirir as habilidades básicas para tratar, como operador de UAS, as aplicacións temáticas.
A memoria verificada do título contempla os seguintes contidos: Lexislación en materia de navegación e seguridade aérea. Regulación do tráfico aéreo e normativa sobre UAS. Autoridades aeronáuticas. Aplicación lexislativa e limitacións. Certificación: certificación da aeronave. Formación e certificación de pilotos UAS. Seguro segundo a normativa vixente. Operacións. Tipos de operacións. Procedementos operativos. Escenarios operativos e limitacións operativas. Meteoroloxía. Navegación e interpretación de mapas. O manual de operacións. Estudo de seguridade aeronáutica. Perfís de voo e características de operación. Ferramentas para a planificación e seguimento de operacións Factores humanos. Servizos de tráfico aéreo.
Estes contidos desenvolveranse do seguinte xeito:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
T01.- Categorias de operación e clases de UAS (8 HP + 19 HTA)
T02.- Regulamentación (2 HP + 4,8 HTA)
T03.- Certificación do piloto (1 HP + 2,4 HTA)
T04.- Avaliación de riscos (2 HP + 4,8 HTA)
T05.- Requisitos técnicos dos UAS (1 HP + 2,4 HTA)
T06.- Procedementos operacionais (2 HP + 4,8 HTA)
T07.- Certificación de aeronaves (4 HP + 9,5 HTA)
SESIÓNS INTERACTIVAS:
S01.- Fundamentos da fotogrametría (1 HP + 2,4 HTA)
S02.- Estereoscopía e paralaxe (1 HP + 2,4 HTA)
S03.- Planificación de voos (2 HP + 4,8 HTA)
S04.- Elaboración dun plan de voo (2 HP + 4,8 HTA)
S05.- Elaboración dun plan de voo (GSD) (2 HP + 4,8 HTA)
S06.- Uso de software de planificación de voos (2 HP + 4,8 HTA)
P01.- Requisitos e limitacións de voo (4 HP + 9,5 HTA)
P02.- Avaliación de diferentes plans de voo (8 HP + 19 HTA)
HP = Horas Presenciais
HTA = Horas de Traballo Autónomo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
(1) Virués Ortega, D. et al. (2016). Piloto de dron (RPAS). Madrid: Paraninfo
(2) Lerma García, J.L. (2002). Fotogrametría moderna: analítica y digital. Valencia: Universidad Poiltécnica de Valencia
(3) Australian Goverment. Civil AviationSafety Authority. 2018. Review of aviation safety regulation of remotely piloted aircraft systems. Camberra. Australia.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
(1) Zurdo Mallén, J.L. (2018). Piloto de DRONES (RPAS). Barcelona: Ed. Zurdo Mallén.
(2) Kraus, K. (2000) Photogrammetry. Vol. 1. Fundamentals and Standard Processes. Köln: Ed. Dümmler.
(3) García-Cabañas, J.A. (2018). Guía de mantenimiento y reparación de drones (RPAS). Madrid: Paraninfo.
(4) García-Cabañas, J.A. (2018). Curso de radiofonista para pilotos de drones (RPAS). Madrid: Paraninfo.
Competencias básicas e xerais:
CB7, CB10, CG2, CG4
Competencias transversais:
CT7, CT8, CT9
Competencias específicas:
CE1, CE3, CE5, CE6
DESCRICIÓN DAS COMPETENCIAS:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en entornos novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito en grande parte autodirixido ou autónomo.
CG2 - Que os estudantes adquiran coñecementos xerais sobre o funcionamento de sistemas aéreos non tripulados.
CG4 - Que os estudantes adquiran o coñecemento para desenvolver sistemas aéreos non tripulados ou planificar operacións específicas, en función das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas existentes.
CT7 - Habilidades organizativas e de planificación.
CT8 - Capacidade de análise e síntese.
CT9 - Capacidade de razoamento crítico e creatividade.
CE1 - Coñecemento sobre os principais sistemas, instrumentos a bordo e a estación de control dunha aeronave non tripulada, así como a súa influencia na seguridade.
CE3 - Capacidade para intervir e interactuar con outros equipos técnicos na planificación con sistemas aéreos non tripulados.
CE5 - Capacidade para aplicar datos do UAS para obter información clave para a xestión dos recursos naturais e agroforestal.
CE6 - Coñecemento de principios xeomáticos, de navegación, captura, interpretación e procesamento de imaxes dixitais, así como boas prácticas existentes na operación de sistemas aéreos non tripulados, para o uso de UAS no campo da enxeñaría, arquitectura e territorio.
COMPETENCIAS: CE01, CE03, CE05, CE06
- Sesión maxistral a través das TIC.
- Prácticas a través das TIC.
- Traballos tutelados.
- Estudo de casos.
COMPETENCIAS: CT07, CT08, CT09
- Prácticas a través das TIC.
- Traballos tutelados.
- Estudo de casos.
COMPETENCIAS: CB07, CB10, CG02, CG04
- Traballos tutelados.
1) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA:
[EC] Seguemento continuado da asistencia e participación ativa (10%)
O alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos.
COMPETENCIAS: CE1, CE3, CE5, CE6, CT7, CT8, CT9, CB7, CB10, CG2, CG4
[EX] Probas periódicas e/ou proba final (60%)
O exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos.
COMPETENCIAS: CE1, CE3, CE5, CE6
[PR] Realización de práticas e traballos tutelados (30%)
O alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. No caso de realizarse unha viaxe de prácticas, a asistencia será obrigatoria. A avaliación desta actividade computarase baixo este epígrafe.
COMPETENCIAS: CT7, CT8, CT9, CE1, CE3, CE5, CE6
2) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
Terán que facer o exame e as actividades de avaliación cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
IMPORTANTE:
- A avaliación da primeira e segunda oportunidades realizarase utilizando os mesmos criterios.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 20 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 22 horas
- Titorías en grupo: 3 horas
- Estudo individual, lectura e terminación de traballos prácticos: 100 horas
- Consulta diaria do campus virtual.
- Consulta diaria del campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os estudantes aos que se lles conceda esta exención deben seguir a materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter unha nota positiva en EC, PR e EX respectivamente.
IMPORTANTE:
É obrigatorio dispor dos medios necesarios (cámara, micrófono, etc.) para demostrar a presenza nas clases cando a participación sexa remota. A participación en Microsoft Teams sen a disponibilidade de ditos medios suporá a expulsión da sesión.
Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- xesuspablo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jaime Rodriguez Pereña
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Martin Sanchez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Simon Peña Villasenin
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- s.pena.villasenin [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario I (Pav.III) |