Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo é que o alumno obteña uns coñecementos e habilidades relacionados co eido de Internet das Cousas (IoT), que esta chamada a ser unha das grandes fontes de datos nun futuro moi próximo. IoT ten requisitos moi específicos en canto a enerxía dos dispositivos, capacidade das redes de sensores, etc. que han de terse en conta á hora de manexar datos xerados por unha rede de sensores ou de desenvolver solucións para a xestión dos devanditos datos de forma eficiente.
Ao finalizar o curso, o alumno haberá adquirido coñecementos que lle permitirán aplicar e mesmo desenvolver solucións de adquisición e análises de datos en escenarios relevantes tales como SmartCities, fogares e edificios intelixentes, plantas industriais, etc. Para iso, presentásese ao alumno unha visión xeral do funcionamento da IoT, incidindo especialmente nos requisitos de funcionamento, e as particularidades no referente á adquisición e xestión de datos masivos nese tipo de tecnoloxías. Ademais, desenvolveranse exemplos prácticos no laboratorio con dispositivos reais para que os alumnos poidan poñer en practica os coñecementos adquiridos e traballar nun ámbito moi próximo á realidade.
Introdución ao paradigma de Internet das cousas
Tecnoloxías básicas e funcionamento de Internet das cousas
- Arquitecturas de referencia
- Protocolos de comunicación e de servizos
Ferramentas e plataformas para Internet das cousas
- Dispositivos e solucións para recolleita de información de sensores
- Plataformas para xestión da información
- Os dispositivos móbiles como sensores de datos
Sistemas de adquisición e xestión de datos
- Arquitectura e uso de FIWARE
Casos de Uso
- Smart homes, Smart Cities, etc.
Textos básicos:
Jan Holler, Vlasios Tsiatsis, Catherine Mulligan, Stefan Avesand, Stamatis Karnouskos David Boyle, From Machine-to-Machine to the Internet of Things: Introduction to a New Age of Intelligence
, Academic Press; 1 edition
Peter Waher , Learning Internet of Things, Packt Publishing (January 27, 2015)
Textos complementarios:
Vijay Madisetti, Arshdeep Bahga, Internet of Things (A Hands-on-Approach), Publisher: VPT; 1 edition (August 9, 2014)
Adrian McEwen, Hakim Cassimally, Designing the Internet of Things
Publisher: Wiley; 1 edition
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios: CB6, T4, G4, E15
Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos: CB7, G2, G5, E15
Prácticas e exame final: CB6, CB7, CB8, CB10, G1, T4, G2, G4, T5, E1, E2
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudio autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de traballos: CB6, CB7, T3, T4, G2, G4, G5, E15
Escenario 1:
As clases teóricas, consistirán na exposición dos aspectos teóricos da materia, así como a explicación do funcionamento das principais tecnoloxías no ámbito de Internet das Cousas. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, fomentando a participación do alumnado na clase.
Clases prácticas con uso de ordenador que permiten ó alumno familiarizarse dende un punto de vista práctico cas cuestións expostas nas clases teóricas.
Escenarios 2 (distanciamento) y 3 (peche de instalacións):
Ver Plan de Continxencia no apartado de Observacións.
Realización de traballos academicamente dirixidos: 20%
Realización de prácticas: 40%
Probas periódicas e/ou exame final: 40%
A realización das prácticas é obligatoria.
Para aprobar, requerirase unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 tanto no exame escrito como na nota de prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións
Clases de pizarra: 20 h presenciais + 33 h traballo autónomo do alumno
Clases de prácticas: 10 h presenciais + 32 h traballo autónomo do alumno
Titorías e Actividades de avaliación: 6 h presenciais 11,5 h traballo autónomo do alumno
Total: 112.5 h
A docencia impartirase en castelán.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
• Accede á túa intranet.
• Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
• Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais."
Paula López Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 881816435
- Correo electrónico
- p.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | PROXECTOS |
26.05.2025 16:00-19:45 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
26.05.2025 16:00-19:45 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
08.07.2025 16:00-19:45 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
08.07.2025 16:00-19:45 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |