- Código
- FD0281
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 6.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 300,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Luis Alberto Otero González
Maria Celia Lopez Penabad - Contacto
marcos.torres [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Economía Financeira e Contabilidade
MARCOS RICARDO TORRES CARLOS
marcos.torres [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 10/02/2025 - 29/08/2025
Preinscrición: 09/12/2024 - 27/12/2024
Matrícula: 07/01/2025 - 17/01/2025
Número alumnos/as mínimo: 3
Número alumnos/as máximo: 25
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Sen requisitos de acceso. O curso pode realizalo calquera persoa interesada en aprender os conceptos fundamentais necesarios para a xestión dunha empresa familiar. Con todo para obter a titulación, deberá realizarse unha serie de exames que requiren coñecementos previos de Economía, Administración de empresas ou Dereito.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Por orde de inscrición.
Coñecer as características das empresas familiares (características, problemas, conflitos, etc), Coñecer as diferentes estruturas societarias, os protocolos familiares e a xestión da sucesión na empresa. Relativos á xestión patrimonial: Saber deseñar unha estratexia financeira para a xestión do patrimonio das empresas familiares. Coñecer as diferentes alternativas de investimento: renda fixa, variable, derivados, estruturados, commodities, criptoactivos, fondos de investimento, etc. Saber deseñar unha carteira dado un determinado perfil de risco. Coñecer os métodos de valoración de empresas e aplicalos á valoración dunha empresa familiar.
Saber aplicar diferentes metodoloxías de valoración de empresas. Saber elaborar un informe de valoración dunha empresa. Coñecer as particularidades da fiscalidade nas empresas familiares. Saber como implementar un sistema de xestión de riscos na empresa familiar.
Ao longo da docencia, farase unha análise teórica e práctico das cuestións de maior transcendencia e novidade no ámbito da xestión patrimonial da empresa familiar. Os alumnos contarán con material bibliográfico e vídeos complementarios á docencia.
Avaliación
Asistencia ao curso. Imprescindible a asistencia ás sesións síncronas.
Test de coñecementos.
Para realizar as probas e, en caso de aprobalas, poder obter o título, o alumnado deberá asistir polo menos a un 80% das clases.
Titorías
Clases y titorías online.
Xoves, 16 a 21 horas
Observacións
A datas e horas poden ter modificacións puntuais.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Xestión das Inversións na Empresa Familiar. | 4.0 |
2 | Valoración de Empresas Familiares. | 1.0 |
3 | Gobernanza, Sucesión e Fiscalidade da Empresa Familiar. | 1.0 |