- Código
- FD0308
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 10.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 250,00€
- Centro
- Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
-
Manuel Guaita Fernandez
María Belén Feijóo Lombao - Contacto
mbelen.feijoo [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Enxeñaría Agroforestal
MARÍA BELÉN FEIJÓO LOMBAO
+34636032405
mbelen.feijoo [at] usc.es
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Datas
Duración: 05/06/2025 - 05/07/2025
Preinscrición: 28/04/2025 - 30/04/2025
Matrícula: 12/05/2025 - 14/05/2025
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 22
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulacion universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Ter aprobadas tódalas asignaturas dun título universitario no que se impartan materias de cálculo estrutural no ámbito da edificación ou enxeñaría, e por rigurosa orde de preinscrición ata esgotar prazas.
Que o alumno coñeza o comportamento dunha estrutura de madeira, saiba formular de forma eficaz, e calculala estruturalmente, coa finalidade de estar capacitado para o cálculo no exercicio profesional.
Clases teórico-prácticas de cálculo de estruturas. Explicarase o cálculo de forma teórica e realizaranse exemplos prácticos de cálculo mediante a utilización de software de cálculo, que deberá de seguir e replicar cada alumno con seu propio ordeador portátil. Esta formación complementarase con ensaios en laboratorio onde se explicará comportamento das estruturas ensaiadas.
Avaliación
Asistir con aproveitamento ao 80% das horas de docencia.
Titorías
Será impartido a través da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE) da USC. Impartirase nas instalacións utilizadas por PEMADE na EPSE no Campus de Lugo da USC. O curso está dirixido a técnicos con formación previa en cálculo de estruturas, que estean interesados en capacitarse para o cálculo específico en estruturas de madeira. Constará de: Clases teóricas presenciais nunha aula convencional, con utilización de presentacións audiovisuais e outra documentación. Clases prácticas con utilización de software de cálculo para levar a cabo o cálculo de proxectos de forma conxunta profesor-alumnos, utilizando cada alumno o seu propio computador portátil. Clases prácticas en laboratorio de PEMADE, onde levarán a cabo distintos tipos de ensaios estruturais. Visitas a entidades relacionadas co sector da industria forestal e produtos estruturais de madeira.
Xoves e venres: 9:00-14:00 / 15:30-20:30; Sábados pola mañá: 9:00-14:00h
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Cálculo de Estruturas de Madeira. | 10.0 |