- Código
- FD0286
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 5.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- Abonado pola entidade solicitante
- Centro
- Facultade de Ciencias da Educación
- Dirección
-
Blanca Puig Mauriz
Ines Martinez Pena - Contacto
ines.martinez.pena [at] rai.usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Ciencias da Educación
Ines Martinez Pena
ines.martinez.pena [at] rai.usc.es
Facultade de Ciencias da Educación
Datas
Duración: 20/03/2025 - 26/06/2025
Preinscrición: 04/03/2025 - 07/03/2025
Matrícula: 10/03/2025 - 13/03/2025
Número alumnos/as mínimo: 20
Número alumnos/as máximo: 30
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Ningún
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Graduados, cursando Máster de Profesorado de Secundaria Nivel B2 en inglés
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
- Desenvolver habilidades que forman parte das competencias meta-científicas para abordar cuestións socio-científicas difundidas nos medios de comunicación para promover unha cidadanía responsable.
- Desenvolver competencias para contextos de aprendizaxe inclusivos na educación secundaria.
- Integrar o pensamento crítico en deseños socio-científicos para a xestión crítica da información mediática.
- Desenvolver habilidades dixitais en situacións de aprendizaxe vinculadas a contextos socio-científicos.
COMPETENCIAS ESCO:
S2.4.1- Consultar fontes de información.
S2.7.0- Analizar datos.
A metodoloxía será activa e participativa, combinando actividades online con actividades presenciais nas que os/as participantes serán protagonistas da súa aprendizaxe. Presentáranse deseños elaborados no marco do proxecto ScilMi que integran as competencias meta-científicas con claves para o seu desenvolvemento na aula de secundaria. O alumnado deste curso participará activamente na análise destes deseños e na elaboración de novas propostas que pretenden ser transferidas as aulas de educación secundaria en distintos centros de Europa. O traballo realizarase en grupos reducidos de maneira colaborativa sendo o papel docente o de guía ou mediador/a na aprendizaxe, facilitando a andamiaxe necesaria para a consecución das competencias que se pretenden cubrir.
O curso será impartido en inglés.
Avaliación
Avaliación das tres competencias meta-científicas desenvolvidas no curso, utilizando distintas ferramentas como os cuestionarios individuais e as actividades realizadas.
Titorías
O curso organízase en tres materias que se corresponden con tres competencias meta-científicas: 1) Inclusión; 2) Información, comunicación e educación cidadá; 3) Pensamento crítico. Cada materia integrará contidos teóricos sobre cada meta-competencia e contidos prácticos que abordarán modelos e materiais docentes que os/as participantes poderán analizar para poder elaborar deseños e materiais didácticos que permitan promover as competencias meta-científicas na aula secundaria tendo en conta os desafíos relativos a desinformación na era da postverdade na aula de secundaria.
De 9.00 h a 17:00 h
Observacións
O curso será híbrido, con formación online e presencial. As sesións presenciais son do 9 ao 13 de xuño de 2025, mentres que a docencia restante durante o período de docencia (20/03/2025 - 26/06/2025) será online.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Inclusión. | 1.0 |
2 | Información, Comunicación e Educación Cidadá. | 2.0 |
3 | Pensamento Crítico. | 2.0 |