Estas unidades e servizos que abranguen áreas tan diversas como laboratorios e equipos de investigación, as residencias integradas no SUR, prestacións educativas e de conciliación como as da Escola Infantil Breogán ou labores editoriais como as do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Servizo de Xenética Forense do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro
Está acreditado por ENAC desde 2012 para a determinación de identificadores de ADN en fluídos e tecidos humanos, de acordo cos requisitos da Norma UNE-EN-ISO/IEC 17025. Este laboratorio acreditou, segundo esta norma, as actividades de análises preliminares para a detección de fluídos biolóxicos e a obtención de perfís xenéticos humanos, tanto para STRs autosómicos e de cromosoma Y, como para o haplotipo mitocondrial. En 2013 este laboratorio renovou a súa acreditación e ampliou o seu alcance engadindo ensaios adicionais para os análises preliminares.
Servizo de Toxicoloxía Forense do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro
Está acreditado por ENAC desde o 2016 para a identificación e determinación analítica de 21 substancias (drogas de abuso e fármacos) en sangue, plasma e fluído oral de acordo coa Norma UNE-EN-ISO/IEC 17025. En 2017 engadíronse o Etanol e metanol en ouriños, sangue e humor vítreo. En 2019 o laboratorio renovou a súa acreditación e ampliou o seu alcance engadindo ensaios adicionais para as análises preliminares.
Instituto de Cerámica
Certificáronse, segundo os requisitos do estándar OHSAS 18001, as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.
Instituto de Investigación e Análises Alimentarias
Certificou, segundo a norma ISO 9001, o Laboratorio de Microbioloxía para a análise de: augas superficiais destinadas á produción de auga potable, augas potables destinadas ao consumo público, augas subterráneas (pozos e manantiais) destinadas ao consumo público, augas envasadas, augas de baño, augas de piscinas, auga de mar, augas residuais e outros tipos de augas.
O Laboratorio de Microbioloxía, pertencente ao Instituto de Investigación e Análises Alimentarias, renovou a súa certificación, segundo a norma ISO 9001, para a análise microbiolóxica de augas, e conseguiu a súa ampliación para a análise microbiolóxica de alimentos e mostras clínicas.
Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con
Selo de Compromiso cara á Excelencia Europea, 200+ polo seu sistema de xestión. Xestionado pola EFQM (European Foundation for Quality Management) é outorgado polo representante en España do Committed to Excelence. Trátase dun recoñecemento ao traballo da EHEC que conxunta unha longa experiencia e capacitación en Hidrobioloxía con prácticas excelentes de xestión.
Laboratorio de Análise de Radiacións
Renovou a súa certificación, segundo a norma ISO 9001, para o deseño e realización de análises de radiactividade ambiental en matrices líquidas e gaseosas.
Área de Infraestruturas de Investigación
Certificou, segundo a norma ISO 9001:2015, ás seguintes unidades dos campus de Santiago e Lugo:
- Unidade de Análise Instrumental, Edificio CACTUS.
- Unidade de Arqueometría e Caracterización de Materiais, Edificio CACTUS.
- Unidade de Espectroscopía Infravermello-Raman, Edificio CACTUS.
- Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica, Edificio CACTUS.
- Unidade de Magnetosusceptibilidade, Edificio CACTUS.
- Unidade de Microscopía Electrónica e Confocal e de apoio ás Especialidades Biolóxicas, Edificio CACTUS e sedes (CIMUS, Escola Politécnica Superior e Facultade de Veterinaria).
- Unidade de Rayos X, Edificio CACTUS.
- Unidade de Resonancia Magnética, Edificio CACTUS e sedes (CIQUS, Facultade de Química).
- Unidade de Soprado de Vidro e Cuarzo, Edificio almacén/mantemento.
Laboratorios de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos e Tecnoloxía Ambiental, de Química Física e de Química Analítica
O laboratorio de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos e Tecnoloxía Ambiental do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, o de Química Física do Medio Ambiente da Facultade de Química e o de Química Analítica do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias cumpren as condicións que lle permiten á USC obter o Título de idoneidade como empresa colaboradora dos Organismos de conca en materia de control de vertidos de augas residuais, que concede a Dirección General de Obras Hidráulicas y Calidad de las Aguas do Ministerio de Medio Ambiente.
Estación de Bioloxía Mariña da Graña
Certificouse o sistema de xestión medioambiental, segundo a norma ISO 14001, que abrangue traballos de apoio docente e investigación en Zooloxía Mariña e inclúen a recolección, separación e identificación de fauna bentónica, determinación de parámetros fisicoquímicos en auga (temperatura, salinidade, condutividade, potencial redox, pH e osíxeno disolto) e en sedimento (temperatura, potencial redox, pH e osíxeno disolto) e análises sedimentolóxicos (análise granulométrica e contido en materia orgánica e en carbonatos).
Certificouse, asemade, o Sistema de Xestión de Calidade, segundo a norma ISO 9001, que abrangue traballos de apoio docente e investigación de fauna bentónica, determinación de parámetros fisicoquímicos en auga (temperatura, salinidade, condutividade, potencial redox, pH e osíxeno disolto) e en sedimento (temperatura, potencial redox, pH e osíxeno disolto) e análises sedimentolóxicas (análise granulométrica e contido en materia orgánica e en carbonatos).
Laboratorio de Radiofísica da USC
O Laboratorio de Radiofísica da USC é un laboratorio secundario de dosimetría. O laboratorio implantou a norma UN-EN ISO/IEC 17025 sobre requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración.
Laboratorio de Radón da USC
O laboratorio de Radón de Galicia, da Facultade de Medicina da USC, é un dos tres acreditados en España por ENAC para medición de radón en aire por técnica de trazas e o único acreditado para a medición de Radón en continuo.
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Dispón dun sistema de xestión de seguridade e saúde no traballo, conforme coa especificación OHSAS 18001:2007, para a prestación de servizos de educación universitaria, docencia e investigación.
Escola Infantil Breogán
Certificouse o Sistema de Seguridade e Saúde no Traballo en xullo de 2008 baixo os requisitos do estándar OHSAS 18001 no Servizo de Prevención de Riscos, que alcanza a prestación do servizo de gardaría e comedor aos fillos dos traballadores e alumnos da Universidade de Santiago de Compostela na Escola Infantil Breogán.
Servizo Universitario de Residencias
Certificouse o sistema de seguridade e saúde no traballo en xullo de 2008, baixo os requisitos do estándar OHSAS 18001 no Servizo de Prevención de Riscos, que alcanza o aloxamento de membros pertencentes á comunidade da USC nas instalacións do SUR: Colexio Maior Rodríguez Cadarso, Colexio Maior Fonseca, Colexio Maior San Clemente, Residencia Universitaria Monte da Condesa, Residencia Universitaria Jesus Bal e Gay e Residencia Universitaria Burgo das Nacións.
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Dispón dun Sistema de Xestión de Calidade conforme á norma UNE-EN ISO 9001:2015 para as actividades de deseño, edición e distribución de libros e publicacións universitarias baixo o selo USC Editora.