Ir o contido principal

Sistema de Calidade da Xestión Académica

Os procedementos dos Servizos de Xestión da Oferta e Programación Académica (SXOPRA) e de Xestión Académica (SXA) e os da Oficina de Análise de Reclamacións (OAR) están certificados conforme á norma de calidade UNE-EN ISO 9001 dende o ano 2005.

Estes procedemento teñen como obxectivo prioritario a mellora continua das súas prestacións dos servizos vencellados a xestión académica e sinalan como referente principal ás persoas usuarias, satisfacendo as súas expectativas.

Os procedementos do SXA e da OAR que afectan ao alumnado están incorporados, ademais, a unha Carta de Servizos, que supón un avance no compromiso público coa calidade dos servizos académicos que a USC presta aos seus alumnos e alumnas.

A primeira versión da Carta de Servizos aprobouse o 7 de marzo de 2018 polo Comité de calidade e o 9 de marzo do mesmo ano polo Comité de dirección do Sistema de Xestión de calidade da Área Académica, e a segunda versión aprobouse pola Comisión de Calidade delegada do Consello de Goberno na súa sesión do 30 de xuño de 2021.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.03.2022.