Ir o contido principal

Acreditacións e certificados

A LOSU establece para o acceso aos corpos de funcionarios docentes a necesidade da previa obtención dunha acreditación nacional que garanta a calidade na selección do profesorado funcionario.

Asemade, para a figura de profesoras e profesores permanentes laborais, esixe a previa avaliación positiva da súa actividade por parte da ANECA ou das axencias de calidade das Comunidades Autónomas.

Inclúese nesta páxina a certificación de labor docente que expide a USC aos efectos exclusivamente da asignación do complemento de mérito docente (quinquenios), mentres non se atope implantado completamente o Programa Docentia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2024.