Actualmente, están regulamentados complementos de labor docente (quinquenios) e de actividade investigadora (sexenios) e os complementos autonómicos de recoñecemento ao labor docente, ao labor investigador, á excelencia curricular, docente e investigadora, e aos cargos de xestión.
Segundo a LOSU, as administracións poderán establecer retribucións adicionais ligadas a méritos polo exercicio de funcións docentes, investigadoras, de desenvolvemento tecnolóxico e xestión.