Ir o contido principal

Matrícula e normas xerais

As actividades do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID) están destinadas ao Persoal Docente e Investigador (PDI) da USC que exerce ou colabora nas tarefas de docencia e investigación.

Para dar resposta ás necesidades dun colectivo tan amplo e diverso, o PFID establece a participación dos grupos destinatarios segundo a seguinte estrutura:

  • Profesorado dos corpos docentes universitarios e profesores/as contratados/as.
  • Contratados/as predoutoraiss e posdoutorais con docencia en POD.
  • Contratados/as de investigación sen docencia en POD (ata un 20 % das prazas naquelas actividades que polo contido corresponde ao seu perfil de desenvolvemento profesional).

No caso de non ser cubertas as prazas ofertadas para o profesorado con docencia en POD, poderanse adxudicar a contratados de investigación sen docencia en POD que estivesen en lista de espera.

Condicións do programa:

  • O período de oferta de cursos establécese entre outubro e xuño.
  • Os cursos que non cubran o 75 % da matrícula ofertada anularanse, excepto aqueles que leven práctica con computadores ou sesións de conversación en linguas, que terán un mínimo de dez persoas.

A preinscrición nos cursos realízase exclusivamente de forma telemática. A matrícula formalizarase desde o PFID #de acordo con a orde de entrada da solicitude e comunicaráselle cun correo a cada persoa.

O persoal con docencia en POD empregará o enlace á páxina de matrícula dispoñible en cada curso. No caso de non ter credenciais de acceso á Secretaría Virtual, consultar á ATIC. Unha vez aberta, a preinscrición pode facerse de dúas formas:

  1. Desde a propia páxina do PFID, en cada curso aparece un apartado "Preinscrición", ao seleccionalo accédese á pantalla de identificación de usuarios, elixa Secretaría Virtual do PDI, e alí prema a opción "Inscribirme na actividade".
  2. Na Secretaría Virtual Docente, desde a sección "Actividades, cursos e probas" > "Oferta" > "Programa de Formación e Innovación Docente" listaranse os cursos co prazo de preinscrición aberto.

No caso de tratarse de contratados/as de investigación sen docencia en POD, empregararase exclusivamente o seguinte formulario de solicitude de matrícula.

Límite do número de inscricións

Poderán realizarse, por curso académico, ata un máximo de oito actividades formativas do Plan Xeral e dúas do Plan de Formación a Demanda.

Renuncias

As persoas admitidas nun curso que non poidan asistir deberán comunicalo ao PFID ao correo electrónico pfid [at] usc.es (pfid[at]usc[dot]es), para poder ofertar a súa praza ás persoas en lista de agarda.

A renuncia debe ser feita cunha antelación mínima de tres días antes da data de inicio do curso.

Se non se renuncia nos termos fixados anteriormente ou non se completa a asistencia mínima estipulada en cada curso (80% da súa duración total), computará para os efectos de límite de cursos anual por usuario.

Para o recoñecemento da formación, ademais dos certificados de asistencia correspondentes a cada actividade, a USC expide un Diploma de Docencia Universitaria (DDU). Este diploma será emitido a solicitude da persoa interesada, cando reúna o requisito de ter realizadas 100 horas de formación, correspondentes aos cursos do PFID. Serán excluídas do DDU aquelas actividades que expresamente se indiquen na convocatoria dos cursos.

Para o caso das accións formativas no ámbito da prevención de riscos laborais, o máximo de horas contabilizadas para a obtención do DDU será de 15 horas.

No caso do recoñecemento de actividades de formación do PDI, só se contabilizarán, a efectos do DDU, un máximo de 25h.

O interesado deberá solicitar a expedición deste diploma ao correo pfid [at] usc.es (pfid[at]usc[dot]es) indicando o nome completo, DNI e especificando que se solicita a expedición do Diploma de Docencia Universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2023.