A aplicación da trasversalidade de xénero representa sempre un desafío. A realidade diaria móstranos como os cambios lexislativos e as políticas públicas adoptadas atopan resistencias para transformar os avances en realidades. Parte desas resistencias descansan no descoñecemento das ferramentas acaídas para a incorporación da perspectiva de xénero. Este curso está dirixido a PAS Y PDI da universidade que desenvolven cargos de xestión. O obxectivo xeral é poder fornecelos/as coas ferramentas necesarias para a incorporación da perspectiva de xénero no seu traballo diario.
-
O MAINSTREAMING DE XÉNERO E AS SÚAS FERRAMENTAS
-
ANÁLISE DAFO DO III PLAN DE IGUALDADE
-
BOAS PRÁCTICAS NA INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA
-
BOAS PRÁCTICAS NA INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA INVESTIGACIÓN
-
BOAS PRÁCTICAS NA INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA CARREIRA E PROMOCIÓN ACADÉMICAS
-
BOAS PRÁCTICAS NA PREVENCIÓN E ACTUACIÓN FRONTE A SITUACIÓNS DE ACOSO E VIOLENCIA
Susana Basanta Díaz. Dpto. Ciencia Política e Socioloxía. Profesora na Fac.de Ciencias Políticas e Sociais.USC
Beatriz López Rey. Investigadora predoutoral especializada en políticas públicas locais contra as violencias machistas.Formadora especializada en igualdade de xénero.