Ir o contido principal

Introdución á Estatística con R

  • 2023/2024

Segundo o ranking da IEEE, R vense de converter no 2023 na décima linguaxe de programación máis importante no mundo. A filosofía de contribucións a través de paquetes achegados por investigadoras/es, utilizando código aberto, fan de R unha das ferramentas máis potentes para a análise estatística de datos. Neste curso pretendemos que os/as asistentes adquiran unhas nocións básicas do seu manexo, sendo quen de realizar análises estatísticas descritivas e inferenciais sinxelas.