Ir o contido principal

Máxima: Software de Cálculo Simbólico e Álxebra Computacional

  • 2023/2024

Maxima é un sistema de álxebra computacional, escrito en lenguaxe Lisp e publicado baixo licenza libre de GNU GPL, que se usa para a manipulación de expresións simbólicas e numéricas, incluíndo diferenciación, integración, expansión en series de Taylor, transformadas de Laplace, ecuacións diferenciais ordinarias, sistemas de ecuacións lineais, vectores, matrices e tensores. Maxima produce resultados de alta precisión usando fraccións exactas, números enteros de precisión arbitraria e números de coma flotante con precisión variable. Adicionalmente pode facer gráficas de funcións e datos en dúas e tres dimensións.