Este obradoiro de videocreación consiste nunha introdución práctica ao mundo audiovisual a través de diversas dinámicas e exercicios, mediante os cales traballaremos as diferentes fases da creación audiovisual, co fin de que as persoas participantes poidan aprender a xerar o seu propio contido.
-
XERACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA IDEA
-
ESCRITURA DO GUIÓN
-
FASE DE PRE-PRODUCIÓN: DESGLOSES, PLANIFICACIÓN E ESTÉTICA
-
MEDIOS TÉCNICOS E GRAVACIÓN
-
EDICIÓN, MONTAXE E POSPRODUCIÓN
Margarida Rodríguez e Román Castaño forman Merenda Creativa, un colectivo que achega a creación audiovisual a un público xenérico. Caracterízase por facelo dun xeito ameno e humano, como se dunha merenda entre amigxs se tratase. Céntranse na formación e na creación de contido audiovisual, pero tamén aplica esta disciplina a outros proxectos culturais (musicais, escénicos...).