Unha meta-análise é un conxunto de técnicas estatísticas que permiten sintetizar resultados de diferentes estudos sobre o efecto dunha variable independente nun certo resultado final. Ante o aumento exponencial da información dispoñible tanto no eido dos factores de risco, na análise de tratamentos farmacolóxicos, probas diagnósticas e factores pronósticos, dispor de técnicas estatísticas que nos permitan combinar, de ser posible, os resultados de diferentes estudos é necesario. Porén, a pesares das súas grandes vantaxes, é necesario coñecer as metodoloxías detrás dunha meta-análise para valorar a súa validez de cara a lograr os obxectivos formulados.
-
DEFINICIÓN DUNHA META-ANÁLISE.
-
FORMULACIÓN DE PREGUNTAS: AS PREGUNTAS PICO.
-
BÚSQUEDA DE LITERATURA: CONCEPTOS BÁSICOS DE BÚSQUEDAS EN PUBMED E O REXISTRO EN PROSPERO.
-
SCREENING DE ESTUDOS POTENCIAIS: O TRABALLO POR PARES.
-
EXTRACCIÓN DE DATOS, CODIFICACIÓN E ANÁLISE CRÍTICA: AS TÁBOAS DE EXTRACCIÓN E A VALORACIÓN DA CALIDADE.
-
ANÁLISE DE DATOS E SÍNTESE DA INFORMACIÓN: QUE PODEMOS COMBINAR, A HETEROXENEIDADE, A ANÁLISE DE SUBGRUPOS, O NESGO DE PUBLICACIÓN, A ANÁLISE DE SENSIBILIDADE.
-
PRESENTACIÓN DE RESULTADOS: MÉTODOS GRÁFICOS E PRISMA-P.
-
ACTUALIZACIÓN E REANÁLISE.
-
LIMITACIÓNS E VANTAXES DUNHA META-ANÁLISE.
Mónica Pérez Ríos. Dpto. Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermería e Medicina. Fac.de Medicina e Odontoloxía. USC.
Mercedes Conde Amboage. Dpto. Estatística, Análise Matemática e Optimización. Fac. de Matemáticas. USC.