A USC conta, naturalmente, con diversas residencias universitarias nos seus distintos campus, a disposición dos seus estudantes y de toda a súa comunidade de PDI e PAS, e tanto Santiago de Compostela como Lugo teñen unha boa oferta hoteleira, incluindo paradores, apartamentos e residencias rurais, na mesma ciudade ou nos seus arredores, para estancias cortas.
Pero se o que necesitas é unha residencia permanente porque vas incorporarte ao equipo investigador da USC durante un período prolongado, tes opcións interesantes moi diversas.
Santiago de Compostela é unha ciudade relativamente pequena (97.000 habitantes) na que podes moverte con facilidade a pe, sobre todo se elixes vivir cerca dun dos dous campus, norte e sur. Este último é o que alberga a maioría de facultades e os cinco centros singulares de investigación da USC (CIMUS, CIQUS, CITIUS, CRETUS e IGFAE). Ainda que, en xeral, en Galicia os alugueiros son un 30% máis baixos que a media española, se optas por vivir no centro histórico de Santiago on nas zonas dos campus —moi solicitadas polos estudantes— atopararás alugueiros máis elevados que en zonas como Castiñeiriño ou Fontiñas. En calquera caso, sexa cal sexa o barrio que elixas, desfrutarás de moitas zonas verdes e paseos.
Lugo ten un tamaño e un número de habitantes similares a Santiago, e se extende na ribeira norte do río Miño, ainda que o municipio inclúe tamén un grande número de núcleos habitados dispersos. O Campus Terra se sitúa na zona de Aceña de Olga, ao sur da ciudade, nunha área chea de instalacións deportivas e ao lado do Parque do Miño. En xeral, os alugueiros en Lugo son algo máis económicos que en Santiago.
Unha opción moi plausible en ambas cidades, dada a boa rede de estradas e as distancias relativamente cortas, é optar por un aloxamento rural e combinar as vantaxes de vivir no campo e os servizos dunha cidade.