Para cumplir con este obxectivo, a USC e o seu persoal investigador contan cun Código de Boas Prácticas na Investigación que recolle os principios éticos básicos da actividade investigadora (liberdade, compromiso, rigor, honestidade, integridade, respecto e responsabilidade) e establece as normas de conducta que rixen na organización da investigación, na súa planificación e execución, na almacenaxe e custodia de datos e na publicación de resultados.
O Código tamén sinala os principios éticos reguladores das relacións do personal investigador coas entidades financiadoras, como afrontar os conflictos de interese, e cales son as canles establecidas para a regulación de conflictos.
A Universidade de Santiago de Compostela conta, asemade, cun Comité de Bioética que supervisa aspectos críticos da investigación, como son os estudos con persoas e con animais.
O Consello de Goberno da USC aprobou o Código de Boas Prácticas na Investigación (CBPI) desta universidade en setembro de 2018, despois dun proceso participativo no que tomaron parte o Comité de Bioética, a Comisión de Actividades de I+D, a Secretaría Xeral da USC e a Comisión de Investigación do propio Consello de Goberno.
A USC entende que a integridade na investigación supón unha adhesión persoal de cada investigador e investigadora a uns principios éticos e uns estándares profesionais baseados no rigor, a honestidade e o respecto ás normas. Por elo, entende que o CBPI da USC é, ante todo, un instrumento para axudar a entender que significa a responsabilidade no exercicio da investigación, que serve tamén á comunidade científica como marco xeral de auto-regulación.
O Comité de Bioética da Universidade de Santiago de Compostela ten a misión de velar polo benestar dos animais utilizados en docencia e en experimentación, así como avaliar os aspectos éticos de toda a investigación científica que se leva a cabo na USC, especialmente a que implica experimentación con animais, estudios biomédicos en humanos ou con mostras de orixe humana, e o uso de axentes biolóxicos ou de organismos modificados xenéticamente, de conformidade con la lexislación vixente.
Constituído en 2003, o Comité de Bioética da USC ríxese por un Regulamento aprobado polo Consello de Goberno da universidade en febreiro de 2011, que regula a súa misión, composición e funcións.