Ir o contido principal

Igualdade de xénero

Para a USC a igualdade entre mulleres e homes é un obxectivo transversal ás tres misións da universidade: formación, investigación e transferencia. Para facela efectiva, a universidade conta dende 2009 con plans de acción específicos, dispón dunha Oficina de Igualdade de Xénero, e o compromiso coa equidade entre homes e mulleres está explicitamente recollido nos estatutos da USC e no seu Plan Estratéxico.

O compromiso da USC coa igualdade guía a cultura institucional e é un dos pilares do noso modelo de responsabilidade social. Dende que, en 2009, se aprobou o primeiro Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (PEIOMH), leváronse a cabo accións específicas en seis áreas: Políticas institucionais; Docencia, formación e investigación; Presencia, promoción e representación; Conciliación responsable; Acoso e actitudes sexistas; e Condicións sociosanitarias no traballo.

O terceiro PEIOMH cubre o período 2021-2024, baséase na experiencia acumulada e os resultados dos plans anteriores, e elaboráronse a través dun amplo proceso participativo. Mantén, con algúns matices, as seis áreas de actuación citadas, e inclúe accións para reforzar a Oficina de Igualdade de Xénero, un servizo clave para a concienciación da comunidade universitaria sobre os retos pendentes para acadar a igualdade.

A Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) xoga un papel esencial no desenvolvemento e aplicación do PEIOMH, coa responsabilidade de liderar ou participar activamente na maioría de accións de comunicación e formación sobre cuestións de xénero dirixidas á comunidade universitaria, dende a difusión do propio Plan ata a elaboración dunha guía de linguaxe non sexista ou a creación dun espazo web sobre boas prácticas de inclusión dunha perspectiva de xénero na docencia. O Plan 2021-2024 prevé, ademais, o reforzo do equipo da Oficina coa incorporación de profesionais especialistas.

O III Plan Estratéxico para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (PEIOMH) da USC baséase na actualización do diagnóstico de igualdade da universidade e nos resultados da avaliación do segundo PEIOMH, que fixo visibles as necesidades e desigualdades ainda presentes. O Plan xurdíu dun amplo consenso participativo e dunha aposta pola inclusión de todos os colectivos da comunidaed universitaria, de xeito que se teñan en conta as súas características e necesidades. Segundo estes criterios, o Plan contempla seis áreas de actuación (Cultura institucional; Docencia, investigación e transferencia; Presencia, promoción e representación; Conciliación corresponsable; Acoso e violencia de xénero; e Condicións sociosanitarias no traballo), nove obxectivos xerais, 21 obxectivos específicos e 85 accións, cada unha das cales está asociada a indicadores que permiten avaliar a súa implementación, servindo, ao mesmo tempo, de guía para a adopción de decisións que melloren o seu desenvolvemento.

Descarga o III Plan Estratégico para la Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes

Unha das áreas que prioriza o PEIOMH é a da conciliación corresponsable da vida persoal, familiar e laboral. Para elo, están previstas accións de difusión tanto da normativa aplicable como dos recursos que a USC puxo en marcha para favorecer devandita conciliación, especialmente dirixidas ao personal da USC con fillos ao seu cargo.

Saber máis sobre as iniciativas da USC para a conciliación de vida laboral e familiar

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2022.