O noso compromiso foi, é e será a defensa da universidade pública de calidade mediante a reivindicación do polinomio: financiamento público adecuado, mellora das condicións laborais e desenvolvemento de carreira profesional para o PDI e o PAS, equidade no acceso ao ensino superior en todos os seus niveis e rendición de contas á sociedade.
Os Reais Decretos dos recortes seguen vixentes e supuxeron para o persoal das universidades, precarización, cambios e diminución dos salarios, redución progresiva do persoal PAS e PDI, proliferaron os substitutos en PDI ou o persoal eventual en PAS ou persoal con dedicación e tempo parcial, ou o problema da taxa de reposición.