Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 50 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira coñecementos sobre o que é a psicoloxía económica e o que implica a conduta económica dos individuos, grupos e organizacións, en tanto que son axentes activos na produción e consumos de bens e servizos, no emprego e desemprego e en factores tales como o aforro, os impostos e a compensación e retribución.
Introdución á Psicoloxía Económica
- Emprego e desemprego
- Aforro e conduta de aforro
- Sistemas de compensación e retribución
- Psicoloxía da imposición e a defraudación
Furham, A. y Lewis, A. (1986). The Economic mind. The social psychology of economic behaviour. Sussex. Harvester Press.
Lea, S.E.G., Tarpy, R.M., y Webely,P. (2005). The individual in the economy. Cambridg, UK: Cambridge U. Press.
Lewis, A. (Ed) (2018). The Cambridge handbook of Psychology and Ecomic Behaviour. Cambrige, UK: Cambridge University Press.
Iglesias, M. (1993). Análisis de la conducta de ahorro: Predicciones económicas y psicosociales. Tesis Doctoral: Universidad de Santiago de Compostela.
Katona, G. (1965). Análisis psicológico del comportamiento económico. Madrid: Rialp.
Katona, G. (1981). Psicología de la economía. Buenos Aires: El Ateneo.
Quintanilla, I. (1997). Psicología Económica. Madrid: McGraw-Hill.
Quintanilla, I. (2002). Psicología del Consumidor. Madrid: Prentice Hall.
Ranyard, Rob (de) (2017). Economic Psychology. New York: Wiley
Coñecer e entender as teorías e conceptos básicos relacionados coa psicoloxía económica.
· Entender os factores psicolóxicos subxacentes á conduta de aforro.
· Entender o significado do desemprego e o desemprego e as súas consecuencias sobre o benestar das persoas.
. Ser capaz de utilizar as ferramentas adecuadas para diseñar e aplicar sistemas de compesación e retribución na organización.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á formación dos estudantes sobre a adquisición de coñecementos relacionados cos contidos da materia. Para iso, os profesores explicarán os diferentes temas empregando material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas.
As actividades interactivas serán de varios tipos: Análise de casos, traballos e lecturas especilizadas para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as habilidades específicas necesarias para superar a materia. Ademais de todo isto, ao longo do curso os estudantes poderán participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia, ademais de realizar varias lecturas obrigatorias.
Para superar a materia hai que asistir polo menos no 80% das clases interactivas e expositivas. No caso de que a docencia sexa en liña, a asistencia continuará sendo obrigatoria.
A avaliación das competencias específicas da materia máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final que valerá o 80% da nota final.
O exame constará de dúas partes: a) un exame e b) preguntas curtas se se produce nun lugar onde a avaliación é presencial. No caso de que o exame tivese que facerse en modo telemático, só consistiría en varias preguntas curtas e / ou de desenvolvemento.
A avaliación de competencias específicas e relacionadas coa cualificación basearase no rendemento en cada unha das actividades interactivas (prácticas, tarefas, lecturas). Esta parte valerá un 20% da nota final.
Será necesario ter superado o exame para superar a materia.
Lectura, estudio e preparación do material: 20
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 10
Realización do traballo: 20
Total horas de traballo persoal: 50
Se o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.
Praxio e uso indebido das tecnoloxías:
A realización fraudulenta de calquier exame, exercicios, informes, etc., de maneira total ou parcial, que poida ser obxeto de evaliación para a materia implicará a calificación de suspenso na convocatoria vixente de acordo co artigo 16 recollido na “Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”.
Jesus Fernando Salgado Velo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- jesus.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
05.06.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
14.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |