Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
- Acceso a un coñecemento suficiente dos temas desenvolvidos no programa.
- Comprensión integrada dos distintos procesos de comunicación social.
- Adquisición de capacidades para analizar mensaxes e valorar a eficacia dos mesmos.
- Coñecemento e utilización de instrumentos de investigación sobre comunicación social.
Contidos para as sesións Expositivas:
1. Introdución ao estudio da Psicoloxía Social da comunicación. Marcos e modelos teóricos no estudio da comunicación. Procesos intrapersoais, interpersoais e intergrupais en comunicación. A comunicación informal
2. Persuasión, influencia e comunicación. Modelos duais e persuasión. Principios básicos de influencia. A cor, a forma e os aspectos visuais dun "post" en Redes Sociais.
3. Comunicación e novas tecnoloxías. As Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Os novos códigos de comunicación nas TIC. Problemas psicosociais derivados das Novas Tecnoloxías.
4. Medios de comunicación de masas. Os efectos dos medios e a súa reinterpretación. O establecemento da axenda ("agenda-setting"). Priming y framing. Desinformación e fake news.
Contidos para as sesións Interactivas
1. Sesións de análise:
1.1.- Contextualizando unha campaña
1.2.- Mensaxes que buscan influír
1.3.- Percepción, cores, emocións
2. Sesións de produción
2.1.- Planificando a estratexia
2.2.- Elaboración da campaña
Entregaranse dous informes: un para as tres sesións de análise e outro para as dúas de produción.
Bibliografía básica
Rodríguez, M. (2020). Apuntes de psicología social de la comunicación. Santiago de Compostela. Campus na Nube
Outros materiais
Cebreiros, J. (2015). Olvida tu lenguaje corporal. Una nueva forma de entender la comunicación. Barcelona. Plataforma Editorial
Cuesta, U. (2000) Psicología Social de la Comunicación. Madrid. Cátedra.
Durán, A. (1987) Psicología de la Publicidad y de la Venta. Barcelona. CEAC.
Durán, M. y Baña, M. (coords.) (2016). Comportamiento social inclusivo. Santiago. Tórculo Comunicación Gráfica.
D'Adamo, O., García-Beaudoux, V. y Freidenberg, F. (2007). Medios de comunicación y opinión pública. Madrid. McGraw-Hill.
Heller, E. (2004). Psicología del color. Barcelona. Editorial Gustavo Gili
Moral, F. e Igartua, J.J. (2005). Psicología Social de la Comunicación. Málaga. Ediciones Aljibe.
Morales, J.F. (coord.) (2021). Comunicación y Psicología. Madrid. Sanz y Torres.
Pastor, Y. (2006) (coord.) Psicología Social de la Comunicación. Madrid. Pirámide
Sabucedo, J.M. y Morales, J. F. (2015). Psicología Social. Madrid: Editorial Médica Panamericana (Disponible en su versión electrónica en https://www.medicapanamericana.com/mx/libro/psicologia-social-sabucedo-…)
Sabucedo, J.M. e Rodríguez, M. (1997). Medios de comunicación de masas y conducta política. Madrid. Editorial Biblioteca Nueva.
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE5 - Demostrar coñecementos e comprensión dos principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo.
CE8 - Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
CE11 Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE13 - Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
Competencias Específicas da materia:
- Adquirir unha visión dos procesos de comunicación de modo integrado, tanto conceptual como aplicadamente
- Coñecer os medios de comunicación de masas e seus efectos sobre persoas e grupos
- Entender e comprender a perspectiva psicosocial da publicidade
- Coñecer e aplicar métodos de análise dos fenómenos comunicativos
- Adquirir un primeiro nivel de adestramento en habilidades de comunicación
- PARTE EXPOSITIVA
A parte teórica se desenvolverá a través de clases presenciais utilizando medios audiovisuais. Proporcionarase aos/ás estudantes material xerado que facilite a comprensión das explicacións de cada tema.
- PARTE INTERACTIVA
A parte práctica desenvolverase na aula e consistirá en diversos exercicios que terán como obxectivo a aplicación dos coñecementos adquiridos na aula. Haberá tres sesións analíticas (1ª a 3ª) e dúas de produción (4ª e 5ª), sobre a preparación dunha campaña en torno a unha temática de interese social.
Parte teórica:
Para as competencias informacionais ou de coñecemento, farase un exame en data aprobada pola Xunta de Facultade. Para superar a materia é requisito indispensable aprobar esta parte da avaliación. A cualificación nesta parte teórica suporá o 60% da cualificación final do/a estudante.
Parte interactiva:
Valorarase ata 2 puntos o informe grupal relativo ás 3 prácticas de análise. Terase en conta a aportación de cada estudante a dito informe, tanto asistindo ás sesións como na participación no mesmo.
De igual maneira, das dúas sesións de produción (4ª e 5ª), valorarase tanto a asistencia como os informes que se teñan que entregar, ata un máximo de 2.
En caso de dispensa de asistencia a clase: a parte teórica pódese preparar atendendo aos materiais e tarefas que se incluirán no campus virtual e ao manual recollido na bibliografía básica, tendo que realizar o exame final en data aprobada pola xunta de facultade. Para a parte interactiva deberá entregar un único informe sobre a parte de análise e as dúas tarefas que se requiren nas sesións de produción, para o que recibirá información e/ou material na mesma semana que se realicen as sesións na aula.
Cada estudante debe adicar un total de 112.5 horas, das cales 37 serán presenciais e 75.5 serán dun traballo máis persoalizado.
Horario de titorías do profesorado desta materia:
Cristina Gómez Román:
Luns, mércores e xoves de 8h a 10h
Mauro Rodríguez Casal:
Luns, mércores e xoves de 8h a 10h
Mauro Lucio Rodriguez Casal
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813765
- Correo electrónico
- mauro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Gómez Roman
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813796
- Correo electrónico
- cristina.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo de exame | Aula 3 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo de exame | Aula 6 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo de exame | Aula 7 |
25.03.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
24.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
24.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 1 |
24.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 2 |
24.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |
24.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |