Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten por obxectivos: 1) fornecer un coñecemento básico da evolución do pensamento político europeo da man dos seus principais autores ata o século XIX; 2) analizar a evolución das principais institucións políticas europeas; 3) desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación oral e escrita do alumno.
1. Ciencia política, teoría política normativa e historia do pensamento político.
2.A revolución maquiaveliana: o Estado moderno e a Ciencia Política: neste tema imos demostrar a inexistencia do Estado durante o Renacemento e a contribución ao pensamento político do seu suposto creador, Nicolás Maquiavelo. 1.1. Introducción: Maquiavelo e a súa época. 1.2. O preceptor de tiranos. 1.3. O Maquiavelo republicano.1.4. O estudioso da política. 1.5. O legado de Maquiavelo.
3.A Monarquía Absoluta: mito e realidadade. Absolutismo e Constitucionalismo. Eiquí estudiaremos as características e a evolución das principais monarquías europeas continentais desde o Renacemiento ata o século XVIII, así como os seus principais teóricos políticos. 1.1. As Novas Monarquías e o modelo de o príncipe cristián. 1.2. O absolutismo e o poder absoluto. 1.3. Erasmo de Rotterdam e Tomás Moro. 1.4. A Monarquía Católica ou Española, o absolutismo frustrado. 1.5. A Monarquía de Francia e o seu tránsito ao absolutismo. Seyssel, os monarcómacos, Bodin e Loyseau.
4.A Revolución Inglesa e a Monarquía Constitucional. O pensamiento político inglés e o Estado. A singularidade do caso inglés merece unha atención especial pola súa influencia na historia da democracia representativa. 1.1. A Monarquía do Renacemento en Inglaterra: os Tudor e o poder absoluto. 1.2. Os Estuardo e o absolutismo: o conflicto rei-reino. 1.3.The rule of Law: Edward Coke, o xuíz rebelde. 1.4. A Guerra civil (1642-1648). Oliver Cromwell e a Commonwealth: república e dictadura puritana (1649-1660). 1.5.Thomas Hobbes e o Estado. 1.6. O final das tentativas absolutistas: a Glorious Revolution (1688) e John Locke. 1.7. Monarquía constitucional, soberanía parlamentaria e goberno de gabinete.
5. A Ilustración e a crise da Monarquía Absoluta. Agora abordaremos a complexidade do pensamento ilustrado e o apoxeo do absolutismo, que en Europa continental preparou o camiño do Estado liberal 1. ¿Qué é a Ilustración? 1.2. O Estado de Policía, última fase do Estado absolutista. 1.3. O pensamento das Luces e o Estado: Montesquieu, Rousseau e Kant.
6. As Revolucións atlánticas e o Estado. Coa Guerra da Independencia Norteamericana abriuse un ciclo revolucionario que alterou as estruturas do mundo occidental. Aquí estudiaremos as revolucións norteamericana e francesa e os súas consecuencias. 1. A Guerra dos Sete Anos e a crise imperial británica. 2. A revolución das Trece Colonias. 3. Os Estados Unidos de América: federalistas-antifederalistas e a Constitución de 1787. 4. A Revolución Francesa: unha revolución política e social. 5. Da Monarquía constitucional ao Imperio. 6. O Estado napoleónico. 7. A crise da Monarquía española e a Constitución de Cádiz
7.A época do Liberalismo. Despois de estudar as revolucións liberais en Inglaterra, Estados Unidos, Francia e como afectaron á Monarquía española, cómpre agora ver como se afianzaron o pensamento e o Estado liberal. 1. O Estado liberal e o Estado-nación. 2. Constant, Tocqueville e John Stuart Mill.
8. Marx e a superación do Estado. A contestación ao Estado liberal e ao capitalismo tivo en Karl Marx ao seu principal figura durante o século XIX. Neste tema abordaremos a súa proposta teórica e os seus logros. 1. O socialismo utópico. 2. O socialismo científico: Marx, Engels e o marxismo.
Textos de apoio:
-Arteta, Aurelio, García Guitián Elena y Máiz, Ramón (eds.), Teoría política: poder, moral, democracia, Madrid, Alianza Editorial, 2003.
-Barreda, Miguel y Ruiz, Leticia (coords.), Análisis de la Política, Barcelona, Huygens, 2016.
-Gerhard, Dietrich, La Vieja Europa. Factores de continuidad en la historia europea (1000-1800), Madrid, 1991.
-Hampsher-Monk, Iain, Historia del pensamiento político moderno. Barcelona, 1996.
-Herrera, Rafael, Adiós al orden. Una historia sobre la deriva del Estado europeo hasta nuestros días, A Coruña, Espacio Cultura, 2010.
-Mann, Michael, Las fuentes del poder social, Madrid, 1991-1997, t. I-II.
-Mellón, Joan Antón, Ideologías y movimientos políticos contemporáneos, Madrid, Tecnos, 2006.
-Negro, Dalmacio, La tradición liberal y el Estado. Madrid, 1995.
-Runciman, David, Enfrentarse al Leviatán, Barcelona, Shackleton Books, 2023.
-Truyol y Serra, Antonio, Historia de la Filosofía del Derecho y del Estado, 3 vols., Madrid, Alianza, 1995
-Vallespín, Fernando (ed.), Historia de la teoría política, 6 vols. Madrid, 1990-1995.
Lecturas de pensamento político obrigatorias:
-Cicerón, Marco Tulio, Sobre los deberes, Madrid, Alianza editorial.
-Maquiavelo, Nicolás, El Príncipe, Madrid, Ed. Akal; ou a edición en galego, O Príncipe, Universidade de Santiago de Compostela.
-Constant, Benjamin, "De la libertad de los antiguos comparada con la libertad de los modernos", en Ángel Rivero Rodríguez, La libertad de los modernos, Madrid, Alianza editorial, pp.71-108.
-Marx, K. y Engels, F. O Manifesto Comunista, Eds. Xerais, ou edición en castelán de Editorial Crítica.
1. Desenvolvemento da capacidade da análise crítica do alumno a través da interpretación contextual. 2) capacidade para construir un discurso ordenado, claro e preciso, tanto na súa vertinte de expresión oral como escrita, a través dos datos e das prácticas propostas polo profesor. 3) Desenvolvemento da capacidade de análise e síntesis a través da elaboración de resumes das leccións, libros, artículos de prensa, textos, documentais e pilículas relacionadas coa materia. 4) Desenvolvemento da capacidade de argumentación e hábitos de tolerancia a través do debate de temas relacionados có programa. 5) Aprendizaxe do manexo de fontes bibliográficas, de prensa periódica e recursos de internet. 6) Desenvolvemento da comprensión oral e lectora nouotros idiomas que no sexan galego e castelán (preferencia do Inglés).7) Ampliación dos vocabularios e mellora do emprego dos conceptos fundamentais do pensamento político.
Clases teóricas ou expositivas: nelas propoñemonos estimular a curiosidade, a reflexión e o espírito crítico do alumno sobre os diferentes contidos explicados polo profesor. Así pois, buscamos que o alumno non sexa un receptor pasivo de datos, senón que aprenda a utilizar as informacións do profesor e das lecturas que este lle propoña para construír por si mesmo un discurso ordenado, claro e preciso.
Clases prácticas ou interactivas. Obxectivo: facilitar a asimilación dos contidos das clases teóricas e o desenvolvemento da capacidade de expresión oral y escrita dos alumnos. Nestas clases interactivas, os alumnos analizarán textos e comentarán capítulos de diversas obras dos grandes pensadores políticos e aspectos centrais da materia. Así mesmo, proxectaranse e comentaranse varias pilículas ou documentales.
Os alumnos terán que facer diversas probas orais ou escritas na aula ou entregar algún traballo na aula virtual.
Facilitaránse materiais para o aprendizaxe autónomo do estudante (apuntes, artículos ou textos sobre a materia e enlaces a material audiovisual)
1. O exame non será o único criterio de avaliación. Así o exame representará o 60% da nota definitiva: 6 puntos, pero deberá ser aprobado.
O exame avaliará os coñecementos dos contidos do programa.
2. Participación nas clases interactivas, traballos de recensión e actividades: 4 puntos (40%), 1 punto por actividade.
3. Segunda oportunidade: un exame que deberá ser aprobado con 5 puntos se non se fixeron as actividades interactivas ou os traballos sinalados polo profesor. Os alumnos que, por causa xustificada, non puideron realizar as actividades ou entregar os traballos, poderán facelo nesta oportunidade.
Traballo presencial na aula: 60 horas (clases de encerado, seminarios e titorías)
Estudo individual y preparación de seminarios e traballos individuais: 90 horas
É imprescindible o seguimento regular da materia impartida e a realización dos traballos recomendados ao alumno en tempo e forma.
DEREITO A EXAME
Non terán dereito a exame os alumnos que incumplan as súas obrigas discentes ou non xustifiquen as súas ausencias reiteradas ás aulas (50% das clases teóricas e interactivas). O profesor aplicará a estes efectos o estipulado nos Estatutos da USC e máis a normativa do título de grao.
PLAXIO
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. As probas serán analizadas polo programa TURNITIN facilitado pola USC
O profesorado publicará a primeira semana de clase unha guía docente detallada na aula virtual para o seguimento da asignatura.
Elba Maneiro Crespo
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- elba.maneiro.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Alvaro Gonzalez Gomez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- a.gonzalez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Galego | 0.1 |
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 1.4 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.4 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_05 | Galego | Salón de Graos |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | Galego | 0.1 |
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 0.1 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | Galego | 0.1 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | 1.1 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |
16.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (N-Z) | 2.1 |
16.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-M) | 2.1 |