Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Acadar unha comprensión da economía nacional no seu contexto socio-político, así como da intervención pública nela.
• Asimilar as categorías básicas da análise macroeconómica.
• Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas de macroeconomía e política económica.
• Captar as interrelacións entre economía e sistema político.
OBXECTIVOS E INSTRUMENTOS DE POLÍTICA MACROECONÓMICA.
Crecemento económico, pleno emprego e estabilidade de prezos. Outros posibles obxectivos.
Políticas fiscal, monetaria e de rendas. Outros instrumentos.
Os “tradeoffs” entre obxectivos e a “policy mix”.
CONTABILIDADE NACIONAL: MAGNITUDES EMPREGADAS E REINTERPRETACIÓNS.
O PIB como medida da economía: métodos de cálculo.
A relación entre macromagnitudes: do PIB á renda dispoñible.
Produto Interior Bruto e benestar.
OS CICLOS ECONÓMICOS E AS POLÍTICAS ESTABILIZADORAS.
Os ciclos económicos: teorías e predicións. Consumo, aforro e investimento no ciclo económico.
Política económica conxuntural e xestión da demanda agregada.
O modelo keynesiano renda-gasto e a política fiscal contracíclica.
POLÍTICA MONETARIA.
Diñeiro e demanda de diñeiro. Base, oferta e multiplicador monetarios. Equilibrio no mercado de diñeiro.
Instrumentación e efectos da política monetaria. Mecanismos de transmisión e retardo externo.
Integración dos sectores real e monetario no modelo IS-LM.
POLÍTICAS DE EMPREGO E INFLACIÓN.
Concepto, medición, clases, causas e efectos do desemprego. Políticas de emprego.
Concepto, medición, clases, causas e efectos da inflación. Políticas antiinflacionistas.
A inflación e o desemprego: a curva de Phillips.
POLÍTICA FISCAL, ORZAMENTO E DÉBEDA PÚBLICA.
Estabilizadores automáticos e política fiscal discrecional. Os retardos na política fiscal.
Saldo orzamentario estrutural ou cíclicamente axustado.
Efectos a longo prazo da política fiscal. A razón débeda/PIB e a sustentabilidade fiscal.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO.
Concepto e medición do desenvolvemento económico. Indicadores do grao de desenvolvemento.
Teorías do desenvolvemento económico.
Estratexias de desenvolvemento. Organismos económicos internacionais e axuda externa.
TEORÍA DO COMERCIO INTERNACIONAL E PROCESOS DE INTEGRACIÓN ECONÓMICA.
Balanza de pagos e políticas de axuste exterior.
Vantaxe comparativa. As políticas proteccionistas e o seu impacto no benestar.
Procesos de integración económica. Principais etapas na conformación da Unión Europea.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ARIAS MOREIRA, X.C., La formación de la política económica, Civitas, Madrid, 1996
BEGG, D.; FISCHER, S. y DORNBUSCH, R., Economía, McGraw-Hill, Madrid, 2006.
CUADRADO ROURA, J.R. (dir.), Política Económica. Elaboración, objetivos e instrumentos, McGraw-Hill, 2023.
KRUGMAN, P. y WELLS, R., Fundamentos de economía, Reverté, 2022.
MANKIW, N. G., Principios de Economía, Thomson, 2007.
MOCHÓN, F., Economía. Teoría y Política, McGraw-Hill, 2005.
SALAS VELASCO, M., Economía política. Teoría y aplicaciones, Comares, 2015.
SAMUELSON, P. A. y NORDHAUS, W. D., Economía, McGraw-Hill, 2006.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
CASAS PARDO, J., Curso de Economía, Tirant lo Blanch, 2007.
CORTÉS MARQUÉS, G., Principios de economía política, Ariel, Barcelona, 2003.
EKELUND, R. B. y HÉBERT, R. F., Historia de la teoría económica y de su método, McGraw-Hill, Madrid, 1991.
LIPSEY, R. G., Introducción a la Economía Positiva, Vicens Vives, Barcelona, 1999.
MERA VÁZQUEZ, M. T. y PÉREZ DE ARMIÑÁN, M. DEL C., Economía para no economistas, CIE, S.L.-DOSSAT 2000, Madrid, 1997.
SÁNCHEZ ANDRÉS, A. y TOMÁS CARPI, J.A.- Crisis y política económica en España. Un análisis de la política económica actual. Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2014
SPIEGEL, H. W., El desarrollo del pensamiento económico, Ediciones Omega, Barcelona, 1996
STIGLITZ, J. E., Macroeconomía, Ariel, Barcelona, 2004.
TORRES LÓPEZ, J., Economía Política, Ediciones Pirámide, Madrid, 2005.
WONNACOTT, P. y WONNACOTT, R., Economía, McGraw-Hill, 1992.
No caso de pasarse a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor subministrará por medios virtuais os recursos necesarios para o estudo da materia. Isto entenderase sen prexuízo das procuras de materiais e información que poidan corresponder aos alumnos, na realización das tarefas que o profesor lles poña.
• Advertir os reducionismos e examinar críticamente os fenómenos, teorías e políticas macroeconómicas, desde a ampla perspectiva que proporciona a Economía Política.
• Calcular diversas macromagnitudes mediante a aplicación das identidades da contabilidade nacional.
• Deflactar cifras, actualizar rendas e calcular taxas de inflación a partir dun índice de prezos.
• Determinar os diversos saldos da balanza de pagamentos e a clase de medidas de axuste que, no seu caso, haxa que tomar para corrixir os seus desequilibrios.
• Manexar algúns modelos macroeconómicos básicos e aplicalos á toma de decisións de política económica.
• Identificar as accións de política económica susceptibles de conter a inflación / xerar emprego / estimular o crecemento económico..., e os seus posibles efectos adversos sobre os demais obxectivos macroeconómicos.
30 horas de docencia expositiva, 15 de docencia interactiva e 5 de titorías.
Nas horas de docencia expositiva a explicación do profesor poderá apoiarse coa proxección de transparencias ou o emprego doutros medios audiovisuais. Nos termos que o profesor estableza, os alumnos terán ocasión de expor as súas dúbidas e puntos de vista, e poderán así mesmo ser interpelados para comprobar o seu grao de seguimento e comprensión do explicado. Cando cumpra, achegaráselles material de lectura complementario para que poidan profundar na materia e se facilite a súa comprensión.
Canto ás horas de docencia interactiva, dedicaranse á realización de exercicios numéricos de aplicación da teoría macroeconómica, manexo de gráficas, estudo de casos con cifras reais, debates ou calquera outras actividades susceptibles de contribuír aos obxectivos da materia. Será o responsable da docencia quen indique aos seus estudantes cal ha de ser o seu papel no desenvolvemento da devandita docencia interactiva, como van corrixirse as actividades que o requiran, e cal vai ser a súa incidencia na nota final do alumno.
Ademais, na medida que o número de alumnos e a dispoñibilidade de medios o permitisen, podería tamén considerarse o impartiren horas prácticas en aulas de informática. Debe, respecto diso, resaltarse que a materia é especialmente idónea para facelo, dada a abundancia de programas de exercicios interactivos que os estudantes poderían realizar nos respectivos computadores, baixo a supervisión do profesor.
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á disposición dos alumnos o material que o profesor estime oportuno subministrarlles por esta canle, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento, poderase adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
A organización das titorías para o estudantado comunicarase por cada profesor.
A avaliación basearase, por unha banda, nos exames que efectúen os alumnos; exames que poderán incluír preguntas abertas, preguntas teóricas breves, cuestións tipo test, exercicios numéricos ou calquera outras modalidades que o profesor considere oportunas para avaliar a aprendizaxe teórica e práctica do estudante. Doutra banda, o profesor responsable poderá ter en conta outros elementos de xuízo (asistencia e participación na clase, comunicación nas titorías, traballos autodirixidos...), non só porque contribúan a alcanzar un mellor reflexo do nivel do alumno, senón porque contribúan tamén a estimular a súa aprendizaxe e facilitar a súa superación da materia.
Para a elaboración do TFG é altamente recomendable a realización do "Curso de competencias en Información (CCI)" impartido pola Biblioteca Universitaria da USC. Polo que a obtención do certificado de aptitude, no período do curso que se imparta esta materia, será valorada con 0,3 puntos, que será agregada á puntuación global do curso.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
De se pasar a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor comunicará oportunamente aos estudantes do seu grupo as modificacións ou adaptacións que haxan de facerse no sistema de avaliación en función do escenario ao que se teña pasado.
O exame final ponderará un 65% da nota final, mentres que a avaliación continua ponderará un 35%.
HORAS PRESENCIAIS 50
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 100
Ante todo o alumno deberá desbotar a súa posible aversión ao razoamento numérico, concienciarse de que o nivel de matemáticas necesario para superar esta materia non pasa de ser elemental, e buscar na asistencia a clase e na comunicación co profesor as orientacións e o apoio que precise. O carácter profundamente lóxico e sistemático da economía reduce o esforzo memorístico na aprendizaxe, pero esixe a cambio un maior esforzo de comprensión, polo que esta materia non é desde logo a mellor candidata para "deixala para última hora". A asistencia regular a clase, o traballo sostido no día a día, e a realización dos exercicios a medida que se van estudando os respectivos temas teóricos, constitúen pois pezas crave na preparación da materia. Outro tanto cabe dicir da consulta das dúbidas e dificultades ao profesor, ben nas propias clases, ben nas súas titorías.
Bibliografía básica e complementaria
No caso de pasarse a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor subministrará por medios virtuais os recursos necesarios para o estudo da materia. Isto entenderase sen prexuízo das procuras de materiais e información que poidan corresponder aos alumnos, na realización das tarefas que o profesor lles poña.
Metodoloxía da ensinanza
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á disposición dos alumnos o material que o profesor estime oportuno subministrarlles por esta canle, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento, poderase adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
A organización das titorías para o estudantado comunicarase polo profesor ou polos profesores da materia.
Jose Caamaño Alegre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814764
- Correo electrónico
- jose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Manuel Carnota Garcia
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- josemanuelcarnota.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- franciscojesus.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | Castelán | 0.2 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | Castelán | 0.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 0.2 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | Castelán | 0.2 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | 0.2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | Castelán | 0.2 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 0.2 |
16.01.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | 2.1 |
16.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | 2.1 |
20.06.2025 17:00-19:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | 2.1 |
20.06.2025 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | 2.1 |