Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
O/a alumno/a saberá e comprenderá:
O-1 As manifestacións artísticas máis relevantes de Galicia desde as orixes ata o fin do medievo.
O-2 Relacionar as obras conservadas en Galicia coas de outros lugares e períodos.
O-3 Que tanto a historia, como a literatura, as fontes documentais, a filosofía, a liturxia..., son fundamentais para a comprensión das obras, polo que o enfoque será interdisciplinar.
O-4 Utilizar a lenguaxe específica e a terminoloxía adecuada, propia das manifestacións artísticas.
O-5 Establecer diferentes niveis de aproximación á obra de arte: desde a divulgación á investigación.
-BLOQUE I.- ARTE PREHISTÓRICA E ANTIGA EN GALICIA
1.- O PALEOLÍTICO.
2.- O MEGALITISMO.
3.- O CALCOLÍTICO.
4.- A IDADE DO BRONCE.
5.- A CULTURA CASTREXA.
6.- A ARTE ROMANA.
-BLOQUE II.- ARTE MEDIEVAL EN GALICIA
7.- A ARTE PALEOCRISTIANA.
a) A ALTA IDADE MEDIA:
8.- A ARTE GALEGA DURANTE O DOMINIO SUEVO.
9.- A ARTE HISPANOVISIGODA.
10.- A ARTE ASTURIANA.
11.- A ARTE DO SÉCULO X.
b) A BAIXA IDADE MEDIA:
12.- AS ORIXES DO ROMÁNICO.
13.- AUXE DO ROMÁNICO.
14.- O MESTRE MATEO E O SEU TALLER.
15.- A ARTE DO CÍSTER.
16.- OS INICIOS DO GÓTICO.
17.- A EXPANSIÓN DO GÓTICO.
18.- AS IMAXES DE DEVOCIÓN NA ARTE MEDIEVAL GALEGA.
19.- A PINTURA EN GALICIA DURANTE A IDADE MEDIA.
20.- A OURIVERÍA MEDIEVAL EN GALICIA.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (obras de referencia que poderán tomarse a modo de manual)
GONZÁLEZ GARCÍA, M.A. y otros: Arte galega. Estado da cuestión. Consello da Cultura Galega, La Coruña 1990.
VÁZQUEZ VARELA, J.M. y otros.: Historia del Arte Gallego. Alhambra, Madrid, 1982.
VÁZQUEZ VARELA, J.M. y RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Galicia. Arte. Arte Prehistórico y Romano. Tomo IX, Hércules, La Coruña 1993.
YZQUIERDO PERRÍN, R.: Galicia. Arte. Arte Medieval (I). Tomo X, Hércules, La Coruña 1993.
YZQUIERDO PERRÍN, R. y MANSO PORTO, C.: Galicia. Arte. Arte Medieval (II). Tomo XI, Hércules, La Coruña 1996.
Para todo o románico, é fundamental a obra Enciclopedia del Románico, Fundación Santa María la Real, Aguilar de Campoo. Nela pódense seguir on line as provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BLOQUE I.- ARTE PREHISTÓRICA E ANTIGA EN GALICIA
VILAR ÁLVAREZ, M. (coord..): Historia da Arte Galega. Prehistoria. Arte Castrexa. Arte da Romanización. A Nosa Terra, Vigo, 1998.
BLOQUE II.- ARTE MEDIEVAL EN GALICIA
ANDRADE CERNADAS, J.M., PÉREZ RODRÍGUEZ, F.J.: Galicia Medieval, col. Historia de Galicia, La Coruña, Vía Láctea Editorial, tomo III, 1995.
Atlas histórico. Galicia, Nigra Trea, Vigo, 1998.
CARRERO SANTAMARÍA, E.: Las catedrales de Galicia durante la Edad Media. Claustros y entorno urbano, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 2005.
CEGARRA, B.: Atlas. Arte. Galicia. Nigra, Vigo, 1995.
LÓPEZ CARREIRA, A.: A cidade medieval galega, A Nosa Terra, Vigo, 1999.
SICART GIMÉNEZ, A.: Pintura medieval: La miniatura. Santiago de Compostela, 1981.
YZQUIERDO PERRÍN, R. (coord.), Las catedrales de Galicia, Edilesa, León, 2005.
a) ARTE ALTOMEDIEVAL
BARRAL RIVADULLA, D.: San Miguel de Celanova: el silencio y la elocuencia de una arquitectura singular, Grupo Francisco de Moure, Ourense 2006.
MALINGRE RODRÍGUEZ, A.: S. Pedro de Rocas: un eremitorio rupestre altomedieval. Diputación Provincial de Ourense, Ourense, 1995.
Id.: Monasterio de San Pedro de Rocas: pisamos tierra de Monjes. Edilesa, León, 2001.
NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M.: Arquitectura prerrománica (Arte galega), Madrid, 1978.
Id.: San Miguel de Celanova, Santiago de Compostela, 1989.
b) ARTE BAIXOMEDIEVAL
Arte románica
Arquitectura románica de La Coruña. Faro-Mariñas-Eume. Santiago de Compostela, 1983.
BANGO TORVISO, I.G.: La arquitectura románica en Pontevedra. La Coruña, 1979.
BANGO TORVISO, I.G.: Galicia Románica. Galaxia, Vigo, 1991.
CHAMOSO, M., GONZÁLEZ, V. Y REGAL, B.: Galicia. 1979.
Románico en Galicia y Portugal, La Coruña, 2001.
SA BRAVO, H. DE: Las rutas del románico en la provincia de Pontevedra. Pontevedra, 1978.
VALLE PÉREZ, J.C.: La arquitectura cisterciense en Galicia. La Coruña, 1982.
YZQUIERDO PERRÍN, R.: La arquitectura románica en Lugo. La Coruña, 1983.
Arte gótica
Arquitectura gótica en Galicia. Los templos. Catálogo gráfico. COAG, Santiago de Compostela, 1986.
CAAMAÑO MARTÍNEZ, J. Mª: Contribución al estudio del gótico en Galicia. Valladolid, 1962.
MANSO PORTO, C.: Arte gótico en Galicia: los dominicos, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2 tomos, La Coruña, 1993.
MORALEJO ÁLVAREZ, S.: Escultura gótica en Galicia 1200-1350. Santiago de Compostela, 1975.
NUÑEZ RODRÍGUEZ, M.: La idea de inmortalidad en la escultura gallega. Orense, 1985.
Engadirase bibliografía específica sobre a catedral de Santiago
O/a alumno/a será capaz de:
CE-1 Desenvolver un espíritu analítico e crítico e a sua sensibilidade para entender a obra de arte; que se acostume a interpretar a linguaxe das suas formas.
CE-2 Entender que a obra de arte, ademáis de posuir o seu propio valor intrínseco, é un excelente medio para entender e saber apreciar o pasado da humanidade e a comunidade na que foi creada. Neste senso, débese ter en conta a impronta dos distintos momentos polos que foi pasando Galicia desde a Prehistoria ata o final da Idade Media.
CE-3 Introducirse na execución de traballos bibliográficos ou na elaboración de estados da cuestión dalgún tema específico da Historia da Arte Galega.
CE-4 Utilizar as ferramentas historiográficas máis adecuadas e actualizadas para a arte en Galicia.
CE-5 Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural máis próximo: o referente ás épocas más antigas da arte en Galicia.
O/a alumno/a será capaz de:
CT-1 Traballar de xeito autónomo con responsabilidade e iniciativa.
CT-2 Traballar en equipo colaborando e aportando o seu esfuerzo para lograr o obxetivo común.
CT-3 Comunicar información e ideas de xeito claro tanto en público como por escrito.
CT-4 Adquirir habilidades no manexo de novas tecnoloxías.
CT-5 Dominar linguas nacionais e extranjeras que lle permitan coñecer os diversos plantexamentos feitos ata o momento sobre os temas a abordar.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia empregaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Práctica de campo coordinada coas restantes materias do primeiro cuadrimestre de cuarto para visitar: Pontevedra; Tui e Valença; Allariz, Xunqueira de Ambía e Celanova; Lugo; A Coruña (sempre que haxa financiación). Ditas prácticas terán carácter obrigatorio para todos os alumnos matriculados na materia e serán avaliables. Os destiños poderán ser modificados dentro do ámbito galego según as necesidades de cada unha das materias.
-Titorización personalizada.
A avaliación constará de tres partes: proba final; asistencia e participación en clases teóricas e seminarios de discusión (debates, comentarios de imaxes e textos); e traballos persoais (coa súa posible presentación oral). A proba final suporá o 60% da cualificación. En canto a asistencia e participación en clases teóricas, seminarios de discusión, clases interactivas e traballos suporán o 35% da cualificación. En calquera caso, en cada un dos dous parámetros de avaliación será obrigatorio que o alumnado obteña unha nota mínima do 50% para que poda optar á suma avaliadora final.
Poderase engadir 0,5 puntos na cualificación final da materia ao alumnado que acredite a realización durante o semestre do curso avanzado de formación en competencias da información, ofertado pola Biblioteca. https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Xa que a avaliación é continua, a asistencia ás clases é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o/a alumno/a poda ser avaliado/a positivamente na primeira oportunidade.
DISPENSA: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba finala específica que suporá o 100% da cualificación.
FRAUDE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Criterios de cualificación:
1. A proba escrita incluirá unha parte práctica (análise de imaxes) e, si é oportuno, unha teórica. Se valorarán os coñecementos, a madurez, a orde e o discurso lóxico. A capacidade analítica e de síntese, a expresión adecuada e o emprego rigoroso da terminoloxía propia da disciplina, así como a presentación, tendo en conta a ortografía e sintaxe, que serán as reguladas pola Real Academia Galega e a Real Academia da Lingua Española.
2. A participación en clases interactivas ou seminarios suporá ter en conta o rigor na expresión, a capacidade de análise e síntese, así como a participación activa e intelixente do alumno/a.
3. Dos traballos persoais valorarase que sexa orixinal, a capacidade de selección, crítica e síntese da información obtida, a capacidade de exposición escrita e a corrección de expresión, así como a estruturación e o manexo das fontes e material utilizados.
4. Na segunda oportunidade realizarase unha proba escrita que acadará o 60% e permitirase a entrega dos traballos non realizados con anterioridade, ou cuxa cualificación sexa inferior ao 50% da súa nota.
5. Ninguén poderá superar a materia se non ten entregadas entre as dúas oportunidades a totalidade das actividades propostas.
O número total de horas de traballo do alumno nunha
materia de 6 créditos ECTS será igual a 25 x 6 ECTS= 150 h.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 h.
32 h. docencia expositiva, 16 h. docencia interactiva, 3 h. de titorías persoalizadas (total de horas presenciais: 51)
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 99 h.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 h.
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, e similar: 25 h.
- Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 h.
- Outras tarefas propostas polos profesores: 7 h.
Total de horas de traballo persoal do alumno: 99 h.
Ter cursado as materias xerais de arte antiga e medieval.
Esta materia está estreitamente relacionada con Historia da Arte Española Antigua e Medieval.
Asistencia ás titorías persoalizadas.
Participación activa nas clases interactivas.
Cumprimento dos prazos para a entrega das actividades propostas.
Esta materia terá docencia presencial nos próximos tres cursos académicos. Despois procederase á implantación do novo plan de estudos.
Marta Cendon Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812572
- Correo electrónico
- marta.cendon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
20.12.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
20.12.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
16.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |