Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxetivo fundamental desta materia é familiarizar ao alumno cos conceptos básicos relacionados co desenvolvemento económico sostible. Para tal fin, os estudos dos modelos teóricos propostos serán combinados con casos prácticos.
Tema 1: Crecemento Económico e Sostenibilidade
1.1. Indicadores do crecemento económico
1.2. Indicadores de desenvolvemento económico
1.3. A disxuntiva entre crecemento e desenvolvemento económico
1.4 O crecemento económico sostible: caracterización e definicións
Tema 2: Fundamentos do desenvolvemento sostible: conceptos teóricos básicos
2.1. Equidade interxeneracional e a taxa de desconto
2.2. Equidade intraxeneracional e as dimensións sociais
2.3. Xustiza, ética i eficiencia económica
2.3. Caso de estudio: A taxa de desconto no debate de cambio climático
Tema 3: As regras de explotación dos recursos renovables
3.1. Conceptos básicos na diferenciación de recursos
3.2. A regra de Hotelling para recursos renovables
3.3. A explotación dos recursos pesqueiros
3.4. Casos de análise e simulacións en excel
Tema 4: A explotación sostible dos recursos non renovables
4.1. Conceptos básicos
4.2. A regra de ouro da explotación óptima de recursos non renovables
4.3. Análise de diagramas
4.4. Casos de análise:petróleo, renovables e cambio climático
Tema 5: Fallos de mercado i externalidades ambientais
5.1. Fallos de mercado mais comúns
5.2. Externalidades ambientais: cambio climático
5.3. Políticas de comando e control das externalidades ambientais
5.4. Casos prácticos: establecemento de impostos ambientais
Tema 6: Propiedade e fallos de mercado
6.1. Dereitos de propieadade i externalidades ambientais
6.2. O Teorema de Coase
6.3. O mercado de permisos transferibles
6.4. Casos prácticos: diseño de mercados para aire limpo.
Tema 7: A valoración das externalidades ambientais
7.1. Tipos de valores asignados a un recurso
7.2. Tipos de métodos de valoración: métodos directos e métodos indirectos
7.3. Comparativa dos diferentes métodos
7.4. Casos de análise: externalidades ambientais no accidente do buque Prestige
Tema 8: A análise custo-beneficio na xestión ambiental
8.1. A magnitude temporal do análise: revisitando a taxa de desconto
8.2. Medidas e resultados posibles da análise custo-beneficio
8.3. Casos de análise: O Plan Hidrolóxico Nacional
8.4. Limitacións da análise custo-beneficio na toma de decisións
Tema 9: Conclusions e presentación de traballos alumnos
Bibliografía básica
Atkinson, G., S. Dietz, E. Neumayer, 2007. Handbook of Sustainable Development. Edward Elgar Publishing Limited.
Labandeira, X., C. León e M.X. Vázquez, 2007. Economia Ambiental. Ed. Pearson, Prentice Hall.
Tietenberg, T., 2000. Environmental and Natural Resource Economics, Massachusetts: Addison Wesley Longman, Inc.
Bibliografía complementaria
A profesora asignará textos clásicos claves ao longo do curso.
As competencias da titulación ás que a contribúe a materia son as seguintes: a) saber comunicar ifnromación, ideas e problemas de solución a cuestións de índome económica tanto a un público especializado coma non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma os medios e técnicas de representación de relacións e presentación de relacions e presentación de datos que se empregan na economía; b) obter os ecoñecementos xerais da economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, con algo trado de autonomía; c) capacidade de análise e síntese; d) coñecementos da tecnoloxía de información relativos ao ámbito de estudo; e) capacidade de razoamento crítico; e) autonomía na aprendizaxe; f) sensibilidade hacia problemas sociais e ambientais; e g) estimulacion intelectual.
Os alumnos desenvolverán competencias propias da materia en fundamentalmente catro areas básicas: a) diferenciación entre crecemento económico e desenvolvemento económico sostible; así coma conceptos claves tales como a equidade interxenarcional, intraxenaracional e dimensions sociais da sostenibilidade; b) contribuir a boa xestión da asignación dos recursos, en espcial no ámbito público; c) Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación ca asignación dos recursos, en especail no ambito público; d) aportar racionalidade a análise e a decripción do desenvolvemento económico e as súas consecuencias.
Combinación de casos de estudo teórios e prácticos, xunto con exercicios de simulación en excel. A participación do alumno será fundamental no desenvolvemento do curso, con lecturas claves obrigatorias.
O sistema de avaliación da materia estará baseado en tres tipos de requisitos diferentes:
a) A proba final, consistente nun exame escrito no que deben darse resposta a catro cuestións referentes aos coñecementos incluídos no programa, que se celebrará na data establecida oficialmente polo centro;
b) A realización dun traballo escrito, que además deberá expoñerse nunha das sesións prácticas da materia. Nunha das sesións correspondentes á primeira semán do mes de novembro será feita pública e distribuida unha lista dos temas a escoller para a realización do traballo, que incluirá ademais as instruccións específicas de realización do mesmo e as datas e condicións para a súa entrega e exposición.
c) A realización das actividades que serán propostas gradualmente ao longo das sesións teóricas ou prácticas da materia, incluíndo a lectura de certos textos selecionados.
A nota final terá en conta os tres requisitos antes mencionados, cun peso do 50% da evaliación continua, e o 50% restante da calificación total virá dada polo exame final e traballo final da asignatura. Estes criterios tamén serán aplicados nas convocatorias extraordinarias.
Os alumnos que non se presenten á proba final -requisito (a)- recibirán a cualificación de “Non presentado”.
A avaliación dos requisitos (b) e (c) conservarase para a convocatoria de setembro, pero non para cursos académicos posteriores.
O número total de horas presenciais é de 51. Estas horas están divididas da siguiente forma:
Teóricas: 17
Prácticas: 31
Tutorías: 3
Horas non presenciais: 84
Horas totais: 135
Recoméndase a asistencia á clase. O coñecemento de Microeconomia, Econometría básica, e lingua inglesa son necesarios para o bo aproveitamento do curso.
Maria Luz Loureiro Garcia
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811674
- Correo electrónico
- maria.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Castro Atanes
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- anacastro.atanes [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
Xoves | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
15.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
15.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
27.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
27.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |