Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ó alumnado os instrumentos teóricos e prácticos que lle permitan:
1. Coñecer e identificar os cambios fonéticos operados desde o latín hasta a actualidade.
2. Coñecer e identificar os cambios fonolóxicos producidos desde o sistema do latín hasta o sistema do español actual.
3. Abordar a interpretación fonético-fonolóxica de textos correspondentes a etapas anteriores do castelán, en especial á medieval.
Tema 1. Fonética e Fonoloxía diacrónicas. Obxecto e métodos
Tema 2. O vocalismo: cambios fonéticos e fonolóxicos
Tema 3. O consonantismo: cambios fonéticos e fonolóxicos
3.1. Bibliografía básica
a. Obras de referencia
Alarcos Llorach, Emilio (1986 [1950]): “Fonología diacrónica del español”, en Fonología española, Madrid: Gredos, 4ª ed.
Cano Aguilar, Rafael (1988): El español a través de los tiempos, Madrid: Arco/Libros.
Lapesa, Rafael (1981 [1942]): Historia de la lengua española, 9ª ed., corregida y aumentada, Madrid: Gredos. Disponible en https://www.academia.edu/36300397/Rafael_lapesa_historia_de_la_lengua_e…
Lloyd, Paul M. (1993 [1987]): Del latín al español I. Fonología y morfología históricas lengua española, Madrid: Gredos.
Menéndez Pidal, Ramón (1980 [1941]): Manual de gramática histórica española, Madrid: Espasa-Calpe. Disponible en https://filologiaunlp.files.wordpress.com/2013/06/41297427-manual-de-gr….
Penny, Ralph (2006 [1991]): Gramática histórica del español, Barcelona: Ariel.
b. Dicionarios etimolóxicos
Corominas, Joan (1954-1957): Diccionario crítico etimológico de la lengua castellana (DCEC), Madrid, Gredos.
Corominas, Joan (1961): Breve Diccionario Etimológico de la Lengua Castellana, Madrid: Gredos. Disponible en línea https://desocuparlapieza.files.wordpress.com/2016/02/corominas-joan-bre….
Corominas, Joan y José. Antonio Pascual (1980-91): Diccionario Crítico Etimológico Castellano e Hispánico (DECH), Madrid, Gredos, 1991, 6 vols. Disponible en línea http://bibliamedieval.es/bibliateca.es/corominas/corominas.html
3.2. Bibliografía complementaria
Cano Aguilar, Rafael (coord.) (2005 [2004]): Historia de la lengua española, Barcelona: Ariel, 2ª ed. actualizada.
Dworkin, Steven N., Gloria Clavería Nadal y Álvaro S. Octavio de Toledo y Huerta (eds.) (2024): Lingüística histórica del español / The Routledge Handbook of Spanish Historical Linguistics, London/New York, Routledge.
1. Competencias básicas e xerais
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise específicos para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento indutivo e dedutivo, ó combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer xeneralizacións a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
2. Competencias específicas do Grao en Lingua e Literatura Españolas que se adquiren nesta materia
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española gracias ó estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
Dadas as características da materia, aplicarase un método de interrelación constante entre a compoñente teórica, de explicación da xénese e difusión dos cambios fonéticos e fonolóxicos, e a compoñente práctica, na que priman a identificación e comprensión de cada unha das fases evolutivas que caracterizan, desde o nivel gráfico hasta o fonolóxico, as distintas etapas da lingua.
As clases expositivas consisten na explicación do programa por parte da profesora, a quen corresponde tamén a aplicación práctica da teoría durante as primeiras semanas do curso —xa que se trata dunha materia nova para o alumnado—; nas semanas seguintes, o alumnado incorporarase progresivamente á reflexión teórica e á aplicación práctica, sempre sobre a base do xa explicado.
Pola súa parte, as clases interactivas centraranse na realización de exercicios, o cal permitirá ó alumnado poñer en xogo os seus coñecementos, razoar sobre o aprendido e entrar en discusión sobre os aspectos teóricos que poida considerar problemáticos.
O curso dispón dunha aula virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
O alumnado poderá optar entre dous procedementos:
a. Primeiro procedemento
A avaliación será continua e terá en conta a resolución dunha proba parcial e dun exame final.
A proba parcial realizarase cara a principios de novembro nunha data consensuada co alumnado e supoñerá o 20% da cualificación da materia.
O exame final realizarase na data oficial fixada pola Facultade de Filoloxía. Corresponderalle o 80% da cualificación da materia se non se renuncia á cualificación obtida na proba parcial e o 100% se se renuncia á cualificación obtida nesa proba. No exame final haberá unha casa destinada a que o alumnado indique por que modalidade desexa optar: só exame final (100%) ou combinación de exame final (80%) e proba parcial (20%).
b. Segundo procedemento
A avaliación levarase a cabo a través dun exame final (100% da cualificación) que se realizará na data oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
A avaliación consistirá nun exame final (100% da cualificación) que se realizará na data oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
A avaliación consistirá nun exame final (100% da cualificación) que se realizará nas datas oficiais fixadas pola Facultade de Filoloxía. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As actividades non presenciais suporán para o alumnado 105 horas de traballo que, sumadas ás 45 horas de traballo na aula supoñen un total de 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
A aprendizaxe da materia require duns coñecementos de Fonética e Fonoloxía do español adquiridos polo alumnado en cursos anteriores.
Marta Blanco Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811765
- Correo electrónico
- marta.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C01 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C08 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C08 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C09 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C09 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C08 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C08 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |