Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é o estudo e análise crítica da literatura inglesa dos séculos XVI e XVII, así como as competencias de expresarse oralmente e por escrito sobre os textos literarios dese período.
1. Contexto histórico, social e cultural.
2. Introdución: a literatura do Renacemento inglés.
3. A prosa dos séculos XVI e XVII (análise dunha selección de textos).
4. William Shakespeare.
5. As Comedias. O Mercader de Venecia.
6. As obras históricas. Ricardo III.
7. As traxedias. Macbeth.
8. As obras pastorais. A Tempestade.
Bibliografía básica:
Fontes primarias (lectura obrigatoria):
William Shakespeare (preferiblemente Cambridge, pero tamén é posible Oxford ou Penguin):
-Braunmuller, A.R. ed. Macbeth. New York: Cambridge University Press, 2008.
-Mahood, M. M. ed. The Merchant of Venice. Cambridge: Cambridge University Press, 2003.
-Orgel, Stephen. ed. The Tempest. Oxford Shakespeare: Oxford University Press, 2008.
-Siemon, James R. ed. King Richard III. The Arden Shakespeare, 3rd series. London: Arden, 2009.
Fontes secundarias (lectura recomendada):
Biografías:
Ackroyd, Peter. 2006. Shakespeare: the biography. London: Vintage Books
Weir, Alison. 2008. The Life of Elizabeth I. New York: Ballantine Books.
Historias de Literatura Inglesa:
-Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000.
-Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English.
Britain and Ireland. 2ª edición. London & New York: Routledge, 2006.
-Rogers, Pat. The Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1987.
-Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford
University Press, 1994.
Sobre o teatro de Shakespeare:
-Chernaik, Warren. The Cambridge Introduction to Shakespeare´s History Plays. Cambridge UP, Cambridge, 2007.
-Crystal, David.2016. The Oxford Dictionary of Original Shakespearean Pronunciation. Oxford & New York: OUP.
-De Grazia, Margaret and Stanley Wells (eds.) The Cambridge Companion to Shakespeare. Cambridge, Cambridge University Press, 2001.
-Dollimore, Johnathan and Alan Sinfield, eds. Political Shakespeare. New Essays in Cultural Materialism. Manchester: Manchester UP, 1985.
-Garber, Marjorie B. Dream in Shakespeare. From Metaphors to Metamorphosis. New Haven: Yale UP, 1974.
-Gurr, Andrew. 2009. The Shakespearean Stage 1574-1642. Cambridge: Cambridge University Press.
-Hartnoll, Phyllis and Peter Found (eds.) The Concise Oxford Companion to the Theatre. Oxford, Oxford University Press, 1992.
-Hidalgo, Pilar, Aránzazu Usandizaga, Rafael Portillo y Bernd Dietz. Historia Crítica del Teatro Inglés. Alcoy, Editorial Marfil S.A., 1988.
-Maguire, Laurie E. Studying Shakespeare: A Guide to the Plays. Oxford: Blackwell, 2004.
Miola, Robert S. (ed.) Macbeth. A Norton Critical Edition. W.W: Norton & Company. New York and London, 2004.
-Scott Kastan, David (ed.) A Companion to Shakespeare. Oxford, Blackwell, 1999.
-Sinfield, Alan (ed.) Macbeth: Contemporary Critical Essays. Macmillan, London, 1992.
-Smith, Emma. Shakespeare´s Histories. Blackwell. Oxford, 2004.
-Stanton, Sarah and Martin Banham (eds.) The Cambridge Guide to Theatre. Cambridge. Cambridge University Press, 1996.
-Wells, Robin H. Shakespeare's Politics and the State. London: Macmillan, 1986.
-Wells, Stanley, ed. The Cambridge Companion to Shakespeare's Studies. Cambridge: Cambridge UP, 1986.
Recursos electrónicos:
Obras de Shakespeare para lectura:
http://shakespeare.mit.edu/
Glosario de termos:
https://www.shakespeareswords.com/
Dispoñible online na biblioteca da Facultade:
A Shakespeare glossary / C.T. Onions ; enlarged and revised throughout by Robert D. Eagleson.
Para as obras de Shakespeare que se estudiarán na materia:
http://www.sparknotes.com/shakespeare/tempest/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/richardiii/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/macbeth/
https://www.sparknotes.com/shakespeare/merchant/
Recoméndase especialmente o apartado ‘study questions’
Como escribir un comentario de texto:
https://www.sparknotes.com/shakespeare/macbeth/how-to-write-literary-an…
Moi recomendable :
Servizo EzProxy (acceso remoto a 12000 títulos de revistas, máis de 51000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico):
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html
As destrezas e habilidades a desenvolver polo/a alumno/a nesta materia son as seguintes:
Lectura, comprensión e análise de textos literarios.
Competencia para escribir ensaios críticos.
Competencia para realizar presentacións orais sobre temas literarios.
Relacionar os textos literarios coa sociedade na que se produciron.
Dominio das ferramentas e conceptos necesarios para a análise literaria.
Competencias básicas, xerais e específicas da materia na memoria verificada do título en: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/graos/grao_ingles/grao_ingles.ht…, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE10
O método didáctico que se utilizará en clase depende da participación do alumnado, motivo polo cal intentarase propiciar a actitude participativa por medio de diversas actividades, utilización de ilustracións e explicacións prácticas.
Aínda que parte dos contidos da materia requiren unha explicación máis teórica, intentaremos combinar esta explicación teórica cunha aproximación máis práctica. Por iso a exposición dos contidos de cada unidade apoiarase no uso de ppts, documentos, proxeccións de escenas de películas, series televisivas e/ou documentais.
En xeral, adaptamos a nosa estratexia didáctica ao modelo de Baker e Westrup coñecido como PPP: tres fases consecutivas de presentación, práctica e produción. Na fase de presentación (dúas horas teóricas cada semana), a profesora ofrece unha aproximación teórico-práctica aos contidos . Na fase práctica (unha hora á semana), o alumnado terá que facer actividades relacionadas cos contidos teórico-prácticos de cada unidade. Finalmente, na fase produtiva, o alumnado terá que levar a cabo e producir actividades autónomas como comentarios de texto, presentacións orais, ensaios escritos, lecturas interpretativas e/ou calquera outro tipo de tarefa deseñada polas profesoras (como, por exemplo, seminarios e/ou conferencias sobre un certo tema), o que repercutirá na avaliación continua da materia.
A asistencia a clase e a participación na mesma serán controladas polas profesoras e tidas en conta para a nota final.
As actividades da avaliación continua serán completadas dentro do prazo estipulado. En caso contrario, a tarefa non será considerada para a avaliación continua.
Todas estas actividades teranse en conta para a avaliación continua de cada estudante. Así se fortalecerá o sentido da responsabilidade dado que os estudantes participan no proceso de avaliación continua e hanse de responsabilizar de completar os seus traballos ao longo do curso.
Exame final: 60% da cualificación final.
Tarefas encomendadas: 40% da cualificación final (avaliación continua).
IMPORTANTE: É ABSOLUTAMENTE NECESARIO ACADAR UN MÍNIMO de 3 de 6 no exame para que faga media coa nota da avaliación continua. Se non se acada este mínimo no exame, suspéndese a materia.
A aqueles/as estudantes que estean exentos/as oficialmente de asistencia a clase avaliaráselles unicamente co exame final que, nestes casos, contará o 100% da nota final da materia en ambas oportunidades.
Igualmente, en ambas as oportunidades, aqueles/ as estudantes cuxo horario da materia lles coincida parcial ou totalmente co doutra materia (débese entregar xustificante; por exemplo, copia escaneada da matrícula) e/ou repetidores poderán ELIXIR unha das seguintes modalidades:
a) só exame final: 100% da nota final da materia.
b) a avaliación estándar: nota da avaliación continua (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
c) Só no caso do estudantado que repita a materia: nota da avaliación continua do curso pasado (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
Ademais, estes/as alumnos/as DEBERÁN comunicar a súa decisión á coordinadora da materia antes do domingo, 6 de outubro. En caso contrario, este alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación estándar: nota da avaliación continua (40% da nota final da materia) e o exame final (60% da nota final da materia).
Os textos literarios débense ler en inglés e os exames e tarefas deben escribirse tamén en inglés. O uso correcto da lingua inglesa terase en conta na avaliación.
A nota da avaliación continua gárdase para o exame da segunda oportunidade.
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira e na segunda oportunidade.
IMPORTANTE: a repetición de erros gramaticais básicos no exame terá como resultado o suspenso directo do mesmo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo plaxio suporá un cero na materia e tomaranse as medidas disciplinarias establecidas.
A materia impártese en 15 semanas:
Semanas 1, 2, 3, 4 & 5: temas 1-5
Semanas 5/6-11: temas 6 & 7
Semanas 12-15: tema 8
Dado que esta é unha materia ECTS o/a estudante necesitará realizar 150 horas (presenciais e de traballo autónomo) para superala
A asistencia a clase é obrigatoria. Recoméndase encarecidamente unha participación moi activa na clase.
Leranse os textos literarios obrigatorios antes do seu seminario correspondente.
Seleccionaranse varias das lecturas recomendadas para ampliar coñecementos sobre este período literario.
Recoméndase tanto o traballo individual como o traballo en grupo.
Recoméndase aclarar todas as dúbidas na clase e en horario de titorías.
Recoméndase completar a comprensión do período literario e os seus escritores-as mediante películas, obras de teatro, documentais, información en internet, etc.
É moi importante que o alumnado estea atento ás mensaxes que reciban do profesorado na Aula Virtual e no seu e-mail corporativo con respecto a indicacións sobre a docencia, as tarefas, etc.
Recoméndase que o alumnado complete o seu estudo cos materiais on- line recomendados na Aula Virtual.
IMPORTANTE: Non se respostarán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do alumno/a (enderezo da USC).
IMPORTANTE:
Normas de convivencia na aula:
De acordo co establecido no artigo 36 da Ley Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), que especifica no seu apartado c) entre os deberes do estudiantado: ‘Obervar las directrices del profesorado y de las autoridades universitarias’, as normas de convivencia na aula serán as seguintes:
1- Nas clases tanto expositivas como interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autorice expresamente o/a profesor/a.
2- Os/as estudantes deberán chegar á aula non máis tarde de 10 minutos despois do inicio da clase. En caso contrario, o/a estudante non poderá acceder á aula.
3- O/a estudante deberá dirixirse ao/á profesor/a polo seu nome de pila completo ou de calquera outra xeito que o/a profesor/a considere apropiado.
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Cristina Mouron Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811832
- Correo electrónico
- cristina.mouron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuela Palacios Gonzalez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811892
- Correo electrónico
- manuela.palacios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Jarazo Alvarez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- ruben.jarazo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Inglés | C09 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Inglés | C09 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Inglés | C09 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C12 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C12 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C12 |
21.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
19.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |