Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos
Xerais
• Acadar o nivel C2 (MECR) de inglés, tanto no relativo ás destrezas orais de carácter productivo como receptivo: escoita, interacción falada e producción falada.
• Acadar un coñecemento tanto teórico como aplicado das destrezas de comunicación oral necesarias para participar de forma eficaz nunha variedade de contextos de comunicación da vida ordinaria, académica e profesional.
Específicos.
• Coñecer as diferenzas entre o inglés oral e o inglés escrito.
• Tomar conciencia da importancia da comunicación non verbal nas interaccións orais.
• Adquirir competencias para participar de forma eficaz en conversas informais.
• Adquirir competencias para realizar entrevistas.
• Adquirir coñecementos lingüísticos, habilidades de escoita e persoais necesarias para participar en discusións e negociacións.
• Adquirir técnicas para a toma de notas efectiva en contextos académicos.
• Adquirir competencias comunicativas para participar en debates formais.
• Aprender a elaborar, organizar e presentar contido de forma efectiva en presentacións académicas.
• Adquirir algunhas das competencias precisas para participar con éxito en entrevistas de traballo.
• Aprender a construír un discurso persuasivo para vender un producto, unha idea, etc.
Instrumental.
Aprender a manexar de forma eficaz algunhas ferramentas informáticas que se precisan para participar en actividades de aprendizaxe, comunicación, colaboración e presentación de contidos.
Interpersoal.
Adquirir competencias persoais, de negociación e de colaboración que permitan unha interacción eficaz en diversas situación da vida cotiá, académica e profesional.
INTRODUCIÓN
• Lingua falada fronte a lingua escrita. A importancia práctica das competencias orais. Claves da fala en público. Aspectos da comunicación non verbal: a linguaxe corporal e a voz.
BLOQUE 1. COMPETENCIAS ORAIS PARA A VIDA COTIÁ
• A conversa informal. Estrutura da conversa. Os turnos de palabra. Os backchannels. A conversa trivial. A narración. A importancia do humor.
• A entrevista. Tipos de preguntas: pechadas, abertas e complementarias.
• A discusión ou debate. Actitudes individuais e colectivas para una discusión eficaz. A escoita activa. Lingua para a expresión da opinión, o acordo e o desacordo, etc.
BLOQUE 2. A COMUNICACIÓN ORAL NO ÁMBITO ACADÉMICO.
• A toma de notas. Preparación para a toma de notas. Técnicas para optimizar a toma de notas: a escoita activa, uso de abreviaturas, os mapas mentais, etc.
• Os debates. Estrutura dos debates e participantes. A xeración de ideas e a investigación: argumentos e probas. A construción de argumentos. Vocabulario e expresións típicas do debate. Como elaborar unha introducción e unha conclusión efectivas.
• As presentación académicas. Selección de puntos e ideas clave. Escolla de probas. Estruturación da información: o metadiscurso. Gráficos, táboas e outros medios visuais para unha presentación máis eficaz.
BLOQUE 3. A COMUNICACIÓN ORAL EN CONTEXTOS PROFESIONAIS.
• Como vender un produto. Persuasión: definición e estratexias. O discurso de venta ou "elevator pitch": definición, estrutura e linguaxe característica.
• A entrevista de traballo. Como responder á pregunta "Fálame de ti" nunha entrevista de traballo. Como describir a traxectoria educativa e profesional. Linguaxe eficaz na entrevista de traballo.
Non haberá ningunha bibliografía específica para a materia. O profesor compartirá cos estudantes a través das ferramentas de comunicación electrónica previstas (Campus Virtual e MSTeams) presentacións, artigos, vídeos e páxinas web sobre os contidos do curso.
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG3, CG6, CG7, CG9, CE1, (ver a Memoria de Verificación do Grao en Lingua e Literatura Inglesas na web http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/mem…).
Alternaranse presentacións do profesor coa realización de actividades prácticas individuais e, sobre todo, en grupo, dentro e fóra da aula. Nas sesións expositivas dominarán as presentacións dun tema por parte do profesor, complementadas co visionado e coa análise de vídeos e outras pequenas actividades prácticas. As clases interactivas consistirán en actividades tipo taller, realización de actividades grupais seguidas de posta en común e discusión, presentacións individuais ou en grupo previamente preparadas polos estudantes, debates, etc., todas orientadas á adquisición, mediante a práctica, das distintas competencias e destrezas orais que conforman os obxectivos do curso.
Primeira oportunidade. Avaliación continua (100%) dunha ampla gama de actividades desenvolvidas tanto na clase como por vía telemática: presentacións individuais e en grupo, participación en discusións, xogos de rol e outras actividades de fala, actividades de comprensión oral, probas e exames, etc. A participación na clase, que se empregará para afinar a nota final do curso, é clave para poder superar a materia, sobre todo porque a maior parte das actividades avaliables terán lugar durante as clases ou en relación cos contidos impartidos ou traballados durante as mesmas.
Aqueles estudantes que teñan dispensa oficial de asistencia deberán seguir de preto e participar nas actividades que se desenvolvan por vía telemática (clases, traballos individuais e en grupo, probas, tarefas que se deben entregar, etc.) e seguir as indicacións do profesor relativas á participación nas tarefas asociadas as devanditas actividades. Ademais, os profesores poderían encargarlles a realización de tarefas específicas para completar a súa nota e, de ser preciso, convocalos a unha proba oral presencial complementaria. Os estudantes que teñan pensado solicitar unha exención de asistencia DEBEN contactar cos profesores ao comezo do curso (ou, no seu caso, no momento mesmo no que decidan solicitar a exención), sen esperar a recibir a comunicación oficial por parte da institución, para poder discutir cuestións relativas á súa participación na materia.
Nos casos de conflito horario con outras materias, DÉBESE contactar cos profesores ao comezo do curso para acordar medidas que permitan compatibilizar a participación nas distintas materias sen menoscabo da aprendizaxe. En todo caso, esixirase unha asistencia e participación proporcionadas nesta materia (normalmente do 50% das horas lectivas) e a realización de tarefas complementarias compensatorias (a acordar cos profesores).
Segunda oportunidade. Sempre que sexa posible, os estudantes poderán (volver a) entregar aqueles traballos que non fixeran ou nos que non acadaran unha nota de aprobado ao longo do curso con vistas a mellorar a súa nota de avaliación continua. Estas entregas deben facerse antes da data oficial da segunda oportunidade (ver calendario oficial de exames). A máis, de estimalo oportuno, o profesorado poderá convocar ao estudante a unha proba oral extraordinaria para completar a súa cualificación.
No caso dos estudantes que teñan dispensa oficial de asistencia, aplicarase o mesmo método ca na primeira oportunidade.
A avaliación dos estudantes de intercambio rexerase polas mesmas normas cá dos estudantes locais en todas as oportunidades.
Nota importante. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O nivel de inglés do estudantado varía moito, especialmente nunha materia como esta, polo que calquera indicación do tempo necesario de traballo pode resultar arbitraria e enganosa. Cada estudante deberá traballar as horas que estime necesarias, segundo o seu nivel do idioma. Con todo, terá que adicarlle un tempo razoable, en torno a 4-5 horas cada semana, á realización das actividades que lle encargue o profesor en relación cos temas que se estean a tratar na aula. Deberá tamén prever un tempo, de entre 1 e 2 horas, para a realización de tarefas de reforzo, tales como conversas e visionado e escoita de materiais (véxase a sección seguinte) que considere necesarias fóra do programa do curso.
• É clave tanto para o éxito da aprendizaxe como para superar a materia a participación activa do estudante en todas as actividades individuais e grupais que se organicen ao longo do curso.
• É importante saber empregar ben as distintas funcionalidades do Campus Virtual (Moodle) e de MSTeams, especialmente se toda ou parte da docencia se ha de impartir en liña. En particular, debe saber empregar ambas ferramentas para seguir unha clase expositiva, participar nunha titoría co profesor, en tarefas colaborativas, de debate, de avaliación, etc. e para entregar o seu traballo. particularmente para o traballo en grupos a través de chats.
• O traballo en grupo dentro e fóra da aula será unha constante do curso. En xeral, é importante amosar unha actitude positiva, aberta e honesta cara aos demais, en particular, realizar críticas constructivas, e saber aceptalas e integralas para mellorar.
• É recomendable ter previsto algún medio para anotar toda aquela información que resulte de interese tanto na clase como fóra dela. Se non apuntas a información non poderás volver a ela cando a necesites. Podes empregar un caderno de notas ou algunha aplicación informática como Microsoft OneNote. En MSTeams o estudante poderá empregar a aplicación Bloc de notas de clase (Bloc de notas do alumno) para este fin.
• A práctica activa da lingua tanto fóra como dentro da aula é, como é lóxico, clave para a adquisición e mellora da competencia oral en lingua inglesa do estudante. Recoméndase, en particular, a participación en actividades de intercambio lingüístico, tipo tándem ou grupos de conversa, a escoita de radio (por exemplo, BBC iPlayer en Android Playstore) podcasts (por exemplo, a través da aplicación Google Podcasts), presentacións TED (sitio web ou aplicación móbil) ou o visionado de reportaxes, películas etc. en calquera das plataformas de videostreaming.
Francisco J. Fernandez Polo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811898
- Correo electrónico
- xabier.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Cal Varela
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811858
- Correo electrónico
- mario.cal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Samuel Egea Castañeda
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- samuel.egea.castaneda [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C12 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | Inglés | D07 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | Inglés | D07 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_04 (S-Z) | Inglés | D07 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | Inglés | D07 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | Inglés | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | Inglés | D08 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | Inglés | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_04 (S-Z) | Inglés | D08 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C07 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C07 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C07 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (S-Z) | C07 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C08 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C08 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C08 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (S-Z) | C08 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C11 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C11 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C11 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (S-Z) | C11 |