Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal desta materia é ofrecer aos/ás estudantes unha visión global dos xéneros teatrais, especialmente daqueles cun maior desenvolvemento no sistema literario italiano, dende a Idade Media ata o século XX. Os/as estudantes tamén recibirán a formación teórica e práctica necesaria para afrontar a análise de textos teatrais.
1. Teatro e dramaturxia.
1.1. O texto.
1.1.1. Texto e paratexto.
1.1.2. Acto, escena, cadro.
1.1.3. Personaxes (análise psicolóxica e actancial).
1.1.4. Espazo e tempo.
1.2. O espectáculo.
1.2.1. Os recintos. O teatro á italiana.
1.2.2. O espazo do escenario.
1.2.3. Decoracións e máquinas.
2. As orixes: o teatro en Grecia e Roma. As poéticas.
3. Os xéneros teatrais en Italia.
3.1. Os protoxéneros medievais e humanistas: a “lauda” e a “sacra rappresentazione”.
3.2. A “commedia dell’arte”.
3.2.1. Límites cronolóxicos.
3.2.2. Actores, personaxes e máscaras.
3.2.3. “Canovaccio”, “generico”, “tirata” e “lazzo”.
3.2.4. A fixación dos textos e a conceptualización: Flaminio Scala e Andrea Perrucci.
3.3. A comedia regular e o drama burgués.
3.3.1. A comedia no Renacemento: Ariosto, Machiavelli, Aretino, Ruzzante.
3.3.2. Goldoni e a reforma da comedia no século XVIII.
3.3.3. Alternativas á reforma goldoniana: Carlo Gozzi.
3.3.4. O drama burgués do século XVIII ao XIX.
3.4. A fábula pastoral.
3.4.1. O nacemento do xénero. A “Aminta” de Tasso.
3.4.2. Do Manierismo ao Barroco: Guarini e “Il pastor fido”.
3.5. A traxedia.
3.5.1. A traxedia nos ss. XVI e XVII: Trissino, Giraldi Cinzio, Della Valle.
3.5.2. A traxedia nos ss. XVIII e XIX: Alfieri e Manzoni.
3.6. O “melodramma”.
3.6.1. O nacemento do xénero.
3.6.2. O “melodramma” nos ss. XVII e XVIII.
3.6.3. O “melodramma” do s. XIX e a decadencia do xénero.
3.7. Formas e autores entre os ss. XIX e XX.
3.7.1. O drama “verista”: Verga.
3.7.2. Pirandello e o ‘desdobramento’.
3.7.3. De Filippo.
Bibliografía básica
1. Lecturas obrigatorias.
Pirandello, Luigi, Sei personaggi in cerca d'autore (a cura di Annamaria Andreoli), Milano, Mondadori, 2023 (2019).
Le metamorfosi di Pulcinella, en Luigi Fasani (a cura di), Teatro del Seicento, Milano-Napoli, Ricciardi, 1956.
Morando, Simona, La letteratura teatrale italiana. Il testo drammatico e la sua storia dal Medioevo al Novecento, Roma, Carocci, 2023.
2. Manuais e enciclopedias.
Allegri, Luigi (a cura di), Leggere il teatro. Dieci testi esemplari, Roma, Carocci, 2023.
Allegri, Luigi - Cotticelli, Francesco (a cura di), Alle fonti del teatro. Documenti per la storia dello spettacolo in Occidente, Roma, Carocci, 2022.
Apollonio, Mario, Storia del teatro italiano, Firenze, Sansoni, 19814 (1938-1950), 4 vols.
Brioschi, Franco - Di Girolamo, Costanzo (a cura di), Manuale di letteratura italiana. Storia per generi e problemi, Torino, Bollati Boringhieri, 1995, 4 vols.
D’Amico, Silvio (dir.), Enciclopedia dello spettacolo, Roma, Unedi, 1975-1978, 12 vols.
Ferroni, Giulio, Storia della letteratura italiana, Milano, Einaudi, 1992, 4 vols.
García Barrientos, José Luis, Drama y tiempo, Madrid, CSIC, 1991.
García Barrientos, José Luis, Cómo se comenta una obra de teatro, Madrid, Síntesis, 2003.
García Barrientos, José Luis, Cómo se comenta una obra de teatro (edición corregida y aumentada), México, Toma, 2012 (http://norteatro.com/wp/wp-content/uploads/2017/08/GarciaB-Como-se-come…).
Lari, Loretta, Dramma, Bari, B. A. Graphis, 2000.
Malato, Enrico (dir.), Storia della letteratura italiana, Roma, Salerno Editrice, 1995-2005, 14 vols.
Mingioni, Ilaria, A parte. Per una storia linguistica della didascalia teatrale in Italia, Roma, ItaliAteneo, 2013.
Molinari, Cesare - Ottolenghi, Valeria, Leggere il teatro: un manuale per l’analisi del fatto teatrale, Firenze, Vallecchi, 1985.
Puppa, Paolo (a cura di), Lingua e lingue nel teatro italiano, Roma, Bulzoni, 2007.
Ryngaert, Jean-Pierre, L’analisi del testo teatrale (trad. it. di Letizia Volpini), Roma, Audino, 2006.
Spang, Kurt, Teoría del drama. Lectura y análisis de la obra teatral, Pamplona, Eunsa, 1991.
Trifone, Pietro, L’italiano a teatro: dalla commedia rinascimentale a Dario Fo, Pisa, Istituti Editoriali e Poligrafici Internazionali, 2000.
A CAUSA DA LIMITACIÓN DE CARACTERES, O RESTO DA BIBLIOGRAFÍA DEBE SER CONSULTADO NA AULA VIRTUAL DA MATERIA.
Os/as estudantes deberán coñecer a historia dos xéneros teatrais italianos (características, desenvolvemento diacrónico, autores e obras) e ser quen de realizar unha correcta análise dun texto teatral.
As clases desenvolveranse en italiano, aínda que se recorrerá ao galego ou ao castelán naquelas situacións en que as competencias lingüísticas dos/as estudantes naquel idioma o requiran.
As clases expositivas alternarán as explicacións teóricas con lecturas e exercicios prácticos guiados polo docente. Nas clases interactivas os/as estudantes practicarán a análise de textos teatrais italianos. O docente indicará, coa antelación suficiente, os textos teatrais obxecto de comentario para seren expostos e corrixidos, posteriormente, durante as clases.
Os/as estudantes realizarán unha ficha analítica dun texto teatral que entregarán ao profesor e corrixirán outra realizada por un/ha compañeiro/a.
O profesor servirase da aula virtual para poñer a disposición dos/as estudantes apuntes, documentos, materiais multimedia, etc.
(a) Exame final: ata 8 puntos. O exame estará dividido en dúas seccións: na primeira parte o/a alumno/a deberá responder a preguntas de carácter teórico sobre os temas do programa da materia e, na segunda, realizar un comentario dun texto teatral italiano, similar aos estudados en clase, pero non necesariamente un deles. O exame pode ser respondido en italiano, castelán ou galego.
(b) Ficha analítica en italiano dun texto teatral: ata 2 puntos. O texto da ficha será fixado polo profesor.
O sistema de avaliación será o mesmo para todos/as os/as estudantes independentemente do seu nivel de asistencia regular, ou non, ás clases.
A ficha analítica (exclusivamente en formato DOC o DOCX), será entregada a través da aula virtual, e tamén impresa, ao profesor antes das 14:00 horas do 1 de decembro de 2024 (ou ata as 14:00 horas do 1 de maio de 2025 para a segunda oportunidade). O material enviado ao profesor por outros medios, despois das devanditas datas ou noutros formatos diferentes aos indicados non será valorado.
O sistema de avaliación será igual nas dúas oportunidades previstas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Nota importante: todos os textos e materiais que os estudantes teñen que entregar en italiano deberán axeitarse ao nivel de Lingua italiana 3 e, xa que logo, estar libres de erros grafemáticos, semánticos e morfolóxicos (subsanables en todos os casos mediante a consulta dun dicionario ou unha gramática). Aqueles textos redactados en galego ou castelán deberán axeitarse ás normas ortográficas oficiais e presentar unha corrección gramatical axeitada a un nivel de formación superior. Cada erro deste tipo implicará unha redución de 0,25 puntos sobre a nota final.
Con esta materia obtéñense 6 créditos. Ademais da participación nas clases, catro horas semanais de traballo persoal deberían ser dabondo para superar a materia.
Recoméndase estudar diariamente, preparar individual ou colectivamente segundo o caso os comentarios e as exposicións de texto indicados polo docente e utilizar os manuais e obras de consulta presentes na bibliografía.
Así mesmo é moi importante revisar detidamente todo o material que se entregue ao profesor, tanto dende un punto de vista contenutístico como lingüístico.
1. Calquera fragmento pertencente á obra doutra persoa incluído nun traballo ou nunha presentación sen as preceptivas aspas e a indicación explícita da súa procedencia será considerado plaxio e dará lugar a unha cualificación de 0 (cero) no traballo.
2. O profesor non responderá nin terá en conta as mensaxes de correo electrónico en cuxo texto non se indique o nome completo do/a estudante e a materia á que pertence.
3. O profesor responderá aos correos electrónicos dos/as estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
4. Excepcionalmente será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
5. Lémbrase aos/ás estudantes que o profesor poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
6. O profesor poderá solicitar a sinatura da presencia na aula a mero efecto estatístico, sen valor para a avaliación da materia.
Javier Gutierrez Carou
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811867
- Correo electrónico
- javier.gutierrez.carou [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Paula Gregores Pereira
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- paula.gregores.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D05 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D05 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | D05 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |