-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, Galego, AlemánTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filoloxía Inglesa e AlemáÁreas:
Filoloxía AlemáCentro
Facultade de FiloloxíaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
A materia dá continuación ao proceso de aprendizaxe do Alemán como lingua estranxeira levándoo ao nivel B2.1 do MRE. Neste curso prestarase unha atención especial á linguaxe científica e ao traballo con textos científicos en lingua alemá. Un dos obxectivos máis importantes é o de ofrecerlles aos estudantes un apoio eficaz para a preparación do Traballo de Fin de Grao.
1. Ler e comprender textos científicos
1.1 Tipos de textos científicos
1.2 Estruturas léxicas e gramaticais
1.4 Técnicas de lectura
2. Traballar con textos científicos
2.1 Procura e documentación de fontes científicas
2.2 Extraer notas e resumir
2.3 Presentar resultados da investigación
2.4 Planificar un traballo científicoOs textos obxecto de análises e comentario facilitaránselle ao alumnado a través da Aula Virtual.
Obras de consulta e textos complementarios:
BAYERLEIN, Oliver, BUCHNER, Patricia (2013): CAMPUS DEUTSCH- Lesen. München: Hueber. BAYERLEIN, Oliver (2014): CAMPUS DEUTSCH- Präsentieren und Diskutieren. München: Hueber.
BUCHNER, Patricia, BAYERLEIN, Oliver (2015): CAMPUS DEUTSCH- Schreiben. München: Hueber.
FANDRYCH, Christian, THURMAIR, Maria (2011): Textsorten im Deutschunterricht. Linguistische Analyse aus sprachdidaktischer Sicht. Tübingen: Narr.
FÜGERT, Nadja, RICHTER, Ulrike A. (2015): Wissenschaftssprache verstehen. Stuttgart: Klett HERINGER, Hans Jürgen (1995): Grammatik und Stil: Praktische Grammatik des Deutschen. Berlin, Cornelsen.
REIMANN, Monika, DINSEL, Sabine (2005): Großer Lernwortschatz Deutsch als Fremdsprache: Deutsch-Spanisch. Ismaning, Hueber.
Grammatiken:
CASTELL, Andreu (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
FANDRYCH, Christian (Hrsg.) (2012): Klipp und Klar. Übungsgrammatik Mittelstufe B2/C1. Stuttgart, Klett.
HABERMANN, Mechthild, DIEWALD, Gabriele, THURMAIR, Maria (2015): Duden Grundwissen Grammatik. Fit für den Bachelor. Berlin: Dudenverlag.
HOBERG, Rudolf und Ursula Hoberg (2004): Der kleine Duden. Gramática del alemán. Madrid: Editorial Idiomas.- Competencias comunicativas correspondentes ao nivel B 2.1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
- Coñecer e usar o léxico, as estruturas gramaticais e os recursos discursivos do alemán propios do ámbito cientifico-académico.
- Coñecer as características dos tipos de texto máis relevantes no ámbito cientifico-académico.
- Saber planificar e preparar un traballo científicoAs actividades deste curso teñen unha orientación teórico-práctica. Tras unha fase introdutoria inicial, o traballo concéntrase na análise e comentario de textos científicos escollidos de diversos tipos. Durante o curso os/ as participantes realizarán unha serie de exercicios prácticos no marco dos diferentes puntos do programa, os cales levarán a cabo de maneira individual ou en grupos.
1. Avaliación continua: 40% da nota final
Avaliaranse a asistencia regular e a participación activa nas actividades de aprendizaxe así como a entrega dunha serie de tarefas en prazo e forma.
2. Probas finais: examen escrito 40% da nota final, examen oral 20% da nota final
Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito. Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases a avaliación basearase no exame final: 100% da nota final (exame escrito: 70%, exame oral: 30%). Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para a primeira e segunda oportunidade rexen as mesmas condicións.
Para aqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
3 horas semanais de clase
6 horas semanais de traballo individualPara aqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
-
Barbara Lubke
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811835
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Xoves 12:00-13:00 Grupo /CLE_01 Alemán C03 Venres 11:00-12:00 Grupo /CLIL_01 Alemán C05 12:00-13:00 Grupo /CLIL_01 Alemán C05 Exames 17.01.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 D10 17.01.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_01 D10 17.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLE_01 C02 17.06.2025 09:30-13:30 Grupo /CLIL_01 C02