Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Proporcionar ao alumnado unha visión transversal e globalizadora da familia das linguas románicas.
-Facilitar a comprensión da Romania como espazo lingüístico e cultural diferenciado no seo da tradición lingüística e cultural europea.
-Dar a coñecer cales e cantas son as linguas e dialectos románicos, onde se falan, cal é a súa orixe, como se xestou o proceso de individualización de cada un deles a partir do latín, cal foi o seu percorrido histórico e cal é a súa situación nos territorios que ocupan no momento actual.
-Guiar por unha reflexión analítica sobre as principais características das linguas da Romania.
-Contribuír ao manexo correcto de conceptos básicos do ámbito da lingüística, así como a súa aplicación ao mundo románico.
1. QUE É A ROMANIA?
1.1. A Romania e as linguas románicas
1.2. Nocións básicas aplicables á realidade lingüística románica
2. CAL É A ORIXE DAS LINGUAS ROMÁNICAS?
2.1. A familia lingüística indoeuropea
2.2. O grupo de linguas itálicas
2.3. O latín
2.4. O protorromance
2.5. Emerxencia e consolidación das linguas románicas
3. AS LINGUAS ROMÁNICAS: HISTORIA E SITUACIÓN ACTUAL
3.1. Clasificación das linguas románicas
3.2. Historia, xeografía e tipoloxía das variedades románicas
3.3. Caracterización das linguas da familia románica
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Asperti, S. (2006), Origini romanze. Lingue, testi antichi, letterature, Roma: Viella.
Bach, S. et alii (2008), Quadrivio romanzo: dall’italiano al francese, allo spagnolo, al portoghese, Firenze: Accademia della Crusca.
Fernández Rei, F.-Santamarina Fernández, A. (eds.) (1999), Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Fradejas Rueda, J. M. (2010), Las lenguas románicas, Madrid: Arco Libros.
Gargallo, J. E. (1994), Les llengües romàniques, Barcelona: Empúries.
Gargallo, J. E.-Bastardas, Mª. R. (2007), Manual de lingüística románica, Barcelona: Ariel.
Glessgen, M. D. (2007), Linguistique romane: domaines et méthodes en linguistique française et romane, Paris: Colin.
Klinkenberg, J. M. (1994), Des langues romanes: introduction aux études de linguistique romane, Paris: Duculot.
Metzeltin, M. (2004), Las lenguas románicas estándar: historia de su formación y su uso, Oviedo: Academia de la Llingua Asturiana.
Nadal Farreras, J. M. (2007), Las 1001 lenguas, Girona: Aresta.
Pöckl, W. et alii (2004), Introducción a la lingüística románica, Madrid: Gredos (versión española de F. Sánchez Miret).
Posner, R. (1998), Las lenguas romances, Madrid: Cátedra.
Reinheimer, S.-Tasmowski, L. (1997), Pratique des langues romanes, Paris: Harmattan.
Renzi, L.-Andreose, A. (2003), Manuale di linguistica e filologia romanza, Bologna: il Mulino.
Schmidely, J. et alii (2001), De una a cuatro lenguas, del español al portugués, al italiano y al francés, Madrid: Arco libros.
Tagliavini, C. (1993), Orígenes de las lenguas neolatinas, México: Fondo de Cultura Económica (1ª ed., en italiano, 1949).
Varvaro, A. (2001), Linguistica romanza: corso introduttivo, Napoli: Liguori.
Vidos, B. E. (1973), Manual de lingüística románica, Madrid: Aguilar (1ª ed., en italiano, 1959).
Walter, H. (1997), La aventura de las lenguas en Occidente. Su origen, su historia y su geografía, Madrid: Espasa (1ª ed., en francés, 1994).
–Percepción transversal e globalizadora da familia lingüística románica.
–Capacidade para comprender a Romania como espazo lingüístico diferenciado en Europa e no mundo.
–Coñecemento dos mecanismos que explican a evolución lingüística desde o latín ata as linguas e variedades románicas.
–Desenvolvemento dunha metodoloxía de análise comparatista.
–Capacidade para por en relación os datos obtidos durante o proceso de aprendizaxe, favorecendo así o labor de conceptualización durante este proceso.
–Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos.
Combinaranse sesións expositivas, nas cales a profesora presentará e ilustrará as nocións teóricas e a metodoloxía de carácter xeral, con sesións de seminario, que permitirán unha participación máis activa das/dos estudantes. A combinación de ambas ten por obxectivo que o alumnado poida asimilar e aplicar correctamente as nocións e os contidos teórico-prácticos, así como desenvolver as competencias e habilidades que se agardan do proceso de aprendizaxe.
Estableceranse 3h. de titorías programadas, de acordo cos horarios dos discentes, coa finalidade de guiar e asesorar no proceso de aprendizaxe e avaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (recomendado)
O sistema de avaliación da aprendizaxe baséase na actividade continua na aula e nos resultados obtidos a partir do traballo que, igualmente de maneira continuada, cada alumna/o debe desenvolver no tempo non presencial. Por esta razón, resulta imprescindible a asistencia regular e a participación activa nas clases. O absentismo, controlado pola docente, non poderá superar o 20%.
A avaliación continua consistirá na realización de tarefas presenciais e non presenciais:
a) actividades e probas con desenvolvemento e/ou exposición nas sesións de seminario sobre cada un dos temas que conforman o programa (ata 40% da nota final);
b) actividades no tempo de traballo autónomo, realizadas preferentemente a través do Campus Virtual, sobre cada un dos temas que conforman o programa (ata 20% da nota final);
c) confección dun traballo final que deberá ser entregado por escrito á profesora e que será obxecto de exposición oral (ata 40% da nota final); no curso ofreceranse instrucións máis detalladas e o asesoramento oportuno para a súa confección.
As/Os estudantes deben redactar e presentar os seus traballos con corrección; serán penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible.
Observacións: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co que prevé a "Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior", aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida cos traballos que oportunamente sinalará a profesora.
AVALIACIÓN ÚNICA MEDIANTE EXAME
As/Os estudantes con dispensa recoñecida (ou que non cumpran as condicións para acollerse ao sistema de avaliación continua) deberán realizar un exame na data oficialmente fixada pola Facultade de Filoloxía.
A avaliación mediante exame é o único sistema previsto para a segunda oportunidade ou avaliación extraordinaria.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas totais de traballo das/dos estudantes.
Tempo presencial:
Sesións expositivas: 32h.
Sesións de seminario: 16h.
Titorías programadas: 3h.
Tempo de traballo autónomo: TOTAL 96h.
Nocións e contidos teórico-prácticos: 48h.
Traballo final: 48h.
Recoméndase:
a) seguir un ritmo de traballo diario e constante;
b) realizar as lecturas recomendadas para a preparación dos temas;
c) realizar as prácticas presenciais / no tempo de traballo autónomo establecidas;
d) a participación activa nas sesións presenciais.
Debora Gonzalez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D06 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | A01-Laboratorio de Idiomas |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |