Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer os materiais empregados e o proceso seguido na elaboración dun códice.
-Establecer as pautas básicas para a descrición dun códice.
-Adquirir os conceptos elementais mínimos referidos á escrita, decoración e encadernación do códice.
-Manexar con corrección a terminoloxía técnica relativa á tipoloxía libraria e á organización material do códice.
-Analizar o proceso de difusión dos textos románicos a través da imprenta e coñecer as súas características.
-Achegarse ao libro electrónico e ás súas peculiaridades.
-Introducirse no uso das ferramentas informáticas aplicadas ao tratamento e difusión do libro medieval.
1. Os textos románicos: formas de transmisión
1.1. Disciplinas para a recuperación e difusión do patrimonio textual románico
2. Testemuños manuscritos
2.1. Elaboración e uso dos soportes (papiro, pergameo, papel)
2.2. Utensilios e materiais
2.3. Copistas e scriptoria
3. O códice
3.1. Confección do fascículo: sistemas de constitución, tipos e sistemas de ordenación.
3.2. Preparación do folio
3.3. Escritura e copia do texto
3.4. Iluminación. Procedementos e xerarquía dos elementos decorativos
3.5. Encadernación
3.6. Notas e marcas de lectores e usuarios
3.7. A descrición dun códice medieval
4. O libro impreso antigo
4.1. Elaboración do libro impreso antigo: tipos móbiles, composición e impresión
4.2. Características materiais
4.3. Estrutura interna
5. A transmisión dos textos no medio dixital
5.1. O libro dixital, o texto dixital
5.2. Arquivos dixitais e "corpora" textuais: principais iniciativas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Agati, M. L. (2003), Il libro manoscritto. Introduzione alla codicologia, Roma: “L’Erma” di Bretschneider.
Avenoza, G.-Fernández Fernández, L.-Soriano Robles, L. (coords.) (2019), La producción del libro en la Edad Media: una visión interdisciplinar, Madrid: Sílex.
Gaskell, P. (1999), Nueva introducción a la bibliografía material, Gijón.
Lemaire, J. (1989), Introduction à la codicologie, Louvain-La-Neuve: Université Catholique de Louvain.
Martín Abad, J. (2003), Los primeros tiempos de la imprenta en España, Madrid: Ediciones del Laberinto.
Martín Abad, J. (2004), Los libros impresos antiguos, Valladolid: Universidad de Valladolid.
Ostos, P.-Pardo, Mª. L.-Rodríguez, E. E. (1997), Vocabulario de codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire Codicologique de Denis Muzerelle, Madrid: Arco Libros [http://vocabulaire.irht.cnrs.fr/vocab.htm].
Petrucci, A. (2001), La descrizione del manoscritto. Storia, problemi, modelli, Roma: Carocci (1ª ed. 1984).
Ruiz, E. (2002), Introducción a la codicología, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bertolo, F. M.-Cherubini, P.-Inglese, G.-Miglio, L. (2004), Breve storia della scrittura e del libro, Roma: Carocci.
Busonero, P.-Casagrande Mazzoli, M. A.-Devoti, L.-Ornato, E. (1999), La fabbrica del codice. Materiali per la storia del libro nel tardo medioevo, Roma: Viella.
Carter, H. (1999), Orígenes de la tipografía. Punzones, matrices y tipos de imprenta (siglos XV-XVI), Madrid: Ollero&Ramos (1ª ed. 1969).
Cátedra, P. M. (dir.) (2009), Los códices literarios de la Edad Media. Interpretación, historia, técnicas y catalogación, Salamanca: Fundación San Millán de la Cogolla.
Cavallo, G. (ed.) (1989), Libri e lettori nel Medioevo. Guida storica e critica, Roma-Bari: Laterza (1ª ed. 1977).
Cavallo, G.-Chartier, R. (dirs.) (2001), Historia de la lectura en el mundo occidental, Madrid: Taurus (1ª ed. 1997).
Fontaine, J. P. (1999), L’aventure du livre. Du manuscrit médiéval à nos jours, Paris: Bibliothèque de l’Image.
Geldner, F. (1998), Manual de incunables. Introducción al mundo de la imprenta primitiva, Madrid: Arco Libros.
Gilissen, L. (1977), Prolégomènes à la codicologie. Recherches sur la construction des cahiers et la mise en page des manuscrits médiévaux, Gand: Éditions Scientifiques Story-Scientia.
Glenisson, J. (dir.) (1988), Le livre au Moyen Age, [Turnhout]: Brepols.
Hamel, C. de (2019), Grandes manuscritos medievales, Barcelona-Madrid-México D. F.: Ático de los libros (1ª ed. 2016).
Herrera Morillas, J. L. (2004), Tratamiento y difusión digital del libro antiguo: directrices metodológicas y guía de recursos, Gijón: Trea.
Maniaci, M. (1998), Terminologia del libro manoscritto, Milano: Istituto centrale per la patologia del libro-Editrice Bibliografica (1ª ed. 1996).
Maniaci, M. (2007), Archeologia del manoscritto. Metodi, problemi, bibliografia recente, Roma: Viella (1ª ed. 2002).
Maniaci, M. (2019), Breve storia del libro manoscritto, Roma: Carocci.
Martin, H. J.-Vezin, J. (dirs.) (1990), Mise en page et mise en texte du livre manuscrit, Paris: Éditions du Cercle de la Librairie-Promodis.
Millares Carlo, A. (1993), Introducción a la historia del libro y de las bibliotecas, México: Fondo de Cultura Económica (1ª ed. 1971).
Zabala, J. (2014), Los impresos antiguos. Génesis material y repercusión en la transmisión de los textos, Barcelona: UOC.
-Capacidade para aplicar os coñecementos filolóxicos ao estudo da transmisión dos textos producidos en romance durante a Idade Media.
-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na descrición dun libro manuscrito e dun incunable.
-Asimilación e manexo dos conceptos clave da materia, fomentando a capacidade de análise e de síntese para discriminar a información imprescindible da accesoria.
-Capacidade para relacionar os datos obtidos durante o proceso de aprendizaxe, favorecendo así o labor de conceptualización durante este proceso.
-Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos, como consecuencia das destrezas anteriores, que, aplicados aos temas obxecto da materia, buscarán a súa proxección a outros ámbitos de estudo e a incorporación á formación intelectual do alumno.
Combinaranse sesións expositivas, en que a profesora presentará e ilustrará as nocións teóricas e a metodoloxía de carácter xeral, con sesións de seminario, que permitirán unha participación máis activa dos estudantes. A combinación de ambas ten por obxectivo que o alumnado poida asimilar e aplicar correctamente as nocións e os contidos teórico-prácticos, así como desenvolver as competencias e habilidades que se agardan do proceso de aprendizaxe.
Estableceranse diversas horas de titorías programadas, de acordo cos horarios dos discentes, coa finalidade de guiar e asesorar no proceso de aprendizaxe e avaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (recomendado)
A avaliación baséase na aprendizaxe continua a través das tarefas que cada estudante deberá realizar nas sesións presenciais e na actividade que deberá desenvolver fóra da aula. Por esta razón, a participación activa do alumnado –e consecuentemente a asistencia ás clases (que será controlada e non poderá ser inferior ao 80%)– é imprescindible para acadar as competencias e habilidades que se esperan do proceso de aprendizaxe. Ademais, cada estudante deberá realizar un traballo monográfico cuxa temática será previamente acordada coa docente; este traballo será entregado por escrito e será obxecto de exposición oral. A data de entrega e da exposición será anunciada durante a primeira semana do curso.
-Actividades de aprendizaxe-avaliación continua: 50% da nota final
-Traballo monográfico escrito e exposición oral: 50 % da nota final
Os estudantes con dispensa recoñecida deberán realizar un traballo monográfico escrito (50% da nota final). Así mesmo, deberán realizar unha serie de lecturas que serán indicadas pola docente no inicio do curso, das que deberán realizar un comentario (50% da nota final).
Observación: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co que prevé a "Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior", aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de marzo de 2010, pode ser suplida cos traballos que oportunamente sinalará a profesora.
AVALIACIÓN ÚNICA MEDIANTE EXAME
A avaliación mediante exame é o único sistema previsto para a segunda oportunidade ou avaliación extraordinaria.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas totais de traballo dos estudantes.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías individualizadas e avaliación: 15 horas.
Total: 60 horas.
Horas de traballo non presencial do alumno (estimativo; inclúen todas as actividades establecidas pola profesora): 90 horas.
Total de horas de traballo do estudante: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden a traballo autónomo do alumno; polo tanto, responden a unha orientación puramente teórica, desde o momento en que cada estudante é o responsable da planificación do seu traballo.
Recoméndase:
a) seguir un ritmo de traballo diario e constante;
b) realizar as lecturas recomendadas para a preparación dos temas;
c) realizar as prácticas presenciais / no tempo de traballo autónomo establecidas;
d) a participación activa nas sesións presenciais.
Os estudantes deberán redactar e presentar os traballos de maneira acorde co seu nivel académico. Serán penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos seus escritos.
Debora Gonzalez Martinez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B06 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | A01-Laboratorio de Idiomas |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | A01-Laboratorio de Idiomas |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |