Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 32 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O curso está concebido como un laboratorio de comentario do texto literario e proponse o perfeccionamento das competencias analíticas e interpretativas do alumnado, mediante a lectura guiada de textos ou fragmentos de textos narrativos dende o século XIII ao XXI. Presuponse un coñecemento adecuado da historia literaria deses séculos; nocións de narratoloxía, estilística e retórica; capacidade de investigación e emprego da bibliografía crítica pertinente.
Lectura e análise crítica dos seguintes textos narrativos:
Il Novellino: (Prólogo; XXXIII, LXXXII) Giovanni Boccaccio: Il Decameron: (Novella IV,1),
Franco Sacchetti: Trecentonovelle (Novella LXXXIV) Masuccio Salernitano: Novellino (Novella XXXIII)
Luigi Da Porto: Istoria novellamente ritrovata di due nobili amanti con la loro pietosa morte, intervenuta già nella città di Verona nel tempo del signor Bartolomeo Dalla Scala.
Matteo Bandello: Le novelle (I, viii)
Giraldi Cinthio, Giambattista: Hecatommiti (Deca terza, novella settima) Niccolò Tommaseo, Due baci
Arrigo Boito, L’alfiere nero
Luigi Capuana, Le paesane (Il medico dei poveri)
Giovanni Verga, Vita dei campi (Cavalleria rusticana. Fantasticheria). Novelle rusticane (Pane nero).
Matilde Serao, Il romanzo della fanciulla (Scuola normale femminile) Luigi Pirandello, Novelle per un anno (Ciàula scopre la luna. La balia) Natalia Ginzburg, Valentino (La madre)
Anna Maria Ortese, Il mare non bagna Napoli (Interno familiare)
Dacia Maraini, Buio (Il bambino grammofono e l’uomo piccione. Viollca la bambina albanese).
A.Bibliografía básica:
VITTORINI, Fabio, Il testo narrativo, Roma, Carocci, 2007.
BERARDINELLI, Andrea, Ceserani, Remo, Il testo narrativo. Istruzioni per la lettura e l’interpretazione, Bologna, Il Mulino, 2005.
VILLANUEVA PRIETO, Darío, El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Mare Nostrum comunicación, S.A., 2007.
B. Bibliografía complementaria:
LAVAGETTO, Mario, (a cura di), Il testo letterario. Istruzioni per l’uso, Bari, Laterza, 1996.
LUPERINI, Romano, Cataldi, Piero, La Scrittura e l'interpretazione: storia e antologia della letteratura italiana nel quadro della civiltà e della letteratura dell'Occidente, Palermo, Palumbo, 2002, vol. 3, t. I-II.
MENGALDO, Pier Vincenzo, Attraverso la prosa italiana. Analisi di testi esemplari, Roma, Carocci, 2008.
Outra bibliografía crítica sobre os contos o fragmentos de novelas indicarase ao longo do curso.
O estudantado deberá ser capaz de realizar un comentario en profundidade e críticamente fundado de textos en prosa, con particular referencia aos textos examinados nas clases.
As aulas desenvolveranse exclusivamente en lingua italiana. Nelas alternaranse as leccións maxistrais de introducción teórica e os espazos de discusión e de elaboración de hipótesis interpretativas. Por mor do carácter interactivo das leccións, se lle pide ao alumnado unha asistencia activa e unha participación con preparación.
A todos os estudantes se lle pedirá uha exposición oral, consistente nun comentario crítico dun texto narrativo, que terá que concordar coa docente.
O alumnado con dispensa oficial de asistencia presentará por escrito o comentario dun dos textos incluídos no programa, previo acordo coa docente, tendo como data límite o día do exame marcado polo Decanato.
A docente recurrirá a aula virtual para poñer a disposición do alumnado contidos teóricos, documentos e outros tipos de materiais relacionados coa docencia.
A avaliación establecerase tendo en conta os seguintes parámetros:
Para o alumnado que asiste ás aulas, ou polo menos expón o seu comentario a nota final será a seguinte:
1) Examen escrito (dende 0 a 5 puntos);
2) Una exposición oral (dende 0 a 5 puntos).
Estudantado con exención oficial de asistencia:
1) Exame escrito (dende 0 a 5 puntos)
2) Un traballo escrito (dende 0 a 5 puntos). O traballo escrito terá unha extensión entre 3 e 5 páxinas de aproximadamente 2500 caracteres por páxina, (espazos incluidos), e será enviado en formato dixital ao enderezo mconsuelo.defrutos.martinez [at] usc.es (mconsuelo[dot]defrutos[dot]martinez[at]usc[dot]es).
Os criterios de avaliación indicados serán os mesmos para as dúas oportunidades de exame xaneiro – xullo). No caso que o alumno no superase o exame e evaluárase positivamente o trabajo presentado, se manterá a qualificación acadada na segunda oportunidade.
Todos os materiais que o alumnado entregará en italiano deben axeitarse ao nivel de lingua italiana 7 e, polo tanto, estar libres de erros grafemáticos, semánticos, morfolóxicos e sintácticos. Cada erro suporá unha redución de 0,10 puntos da nota numérica final.
IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Trátase dunha materia de 6 créditos ECTS que corresponden a 150 horas de traballo, dos cales 54 serán de frecuencia e 96 de traballo persoal.
É recomendable ler e estudar diariamente. A lectura, ademais dos textos obrigatorios, das obras críticas recomendadas, reforza positivamente a visión de conxunto do período estudado e proporciona o léxico técnico necesario para un comentario literario acaído, ademais de perfeccionar a aplicación das metodoloxías da análise textual.
1. A profesora responderá aos correos electrónicos dos estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
2. Será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
3. Lémbrase aos estudantes que a profesora poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
4. A docente poderá pedir a sinatura de asistencia ás aulas con finalidade exclusivamente estatística, sen valor para a avalicación final.
Maria Consuelo De Frutos Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- mconsuelo.defrutos.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D12 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | B06 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | D06 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D04 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D04 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |