Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia oriéntase cara a:
- facilitar o coñecemento dos xéneros, autores e obras máis salientables da produción literaria grega conservada da época clásica (prosa), helenística e imperial;
- este coñecemento está orientado a unha aplicación práctica na correcta esexese e comprensión dos textos literarios dos períodos sinalados.
PROGRAMA TEÓRICO
Tema 1. Introdución á literatura grega da época clásica (prosa), helenística e imperial
ÉPOCA CLÁSICA
Tema 2. Oratoria: introdución á prosa oratoria
Tema 3. Oratoria: período de forxa (s. V a. C.)
Tema 4. Oratoria: período de apoxeo (s. IV a. C.)
Tema 5. Prosa histórica: introdución á prosa histórica
Tema 6. Prosa histórica: Heródoto y Tucídides (s. V a. C.)
Tema 7. Prosa histórica: Xenofonte e historiadores menores (s. IV a. C.)
Tema 8. Prosa filosófica e científica: Platón e o diálogo
Tema 9. Prosa filosófica e científica: o tratado científico: Aristóteles, o "Corpus Hippocraticum"
ÉPOCA HELENÍSTICA
Tema 10. Poesía helenística: introdución; a poesía helenística menor
Tema 11. Poesía helenística: Calímaco, Apolonio de Rodas e Teócrito
Tema 12. A historiografía helenística: os historiadores de Alexandre; Polibio
Tema 13. Prosa filosófica e científica de época helenística
ÉPOCA IMPERIAL
Tema 14. Poesía de época imperial
Tema 15. Retórica e crítica literaria. A segunda sofística
Tema 16. Prosa imperial: historiografía, novela, prosa filosófico-científica, outros xéneros prosísticos
PROGRAMA DE TEXTOS
O programa teórico presentado compleméntase cunha escolma de textos gregos destinados á súa lectura ou esexese.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ALSINA J., Teoría literaria griega, Madrid 1991.
BOWRA C. M., Landmarks in Greek Literature, London 1966.
CAMBIANO G. - CANFORA L. - LANZA D., Lo spazio letterario della Grecia Antica, Roma I-III 1993-1996.
CANFORA L., Storia della Letteratura greca, Bari 1986.
CANTARELLA R., La letteratura greca classica, Milano 1967 (trad. La literatura griega clásica, Buenos Aires 1968).
A. DIHLE, A History of Greek Literature. From Homer to the Hellenistic Period, Londres-Nueva York, 1994.
DOVER K. J. - BOWIE E. L. - GRIFFIN J. - WEST M. L. (eds.), Ancient Greek literature, Oxford 1980.
EASTERLING P. E. - KNOX B. M. W. (eds.), The Cambridge history of classical literature, I: The Greek Literature, Cambridge 1985.
HARVEY P., The Oxford Companion to Classical Literature, Oxford 1984.
HOSE M., Kleine griechische Literaturgeschichte. Von Homer bis zum Ende der Antike, Munchen 1999.
LESKY A., Geschichte der griechischen Literatur, Bern 1957-1958.
LÓPEZ FÉREZ J. A. (ed.), Historia de la literatura griega, Madrid 1988.
MONTANARI F., Storia della letteratura greca, Roma 1998, re. Bari 2003.
PRIVITERA G. A. - PRETAGOSTINI R., Storia e testi della letteratura greca, Milano 1997.
ROMILLY J. DE, Précis de littérature grecque, Paris 1980.
ROSSI L. E., Letteratura greca, Firenze 1995.
SAÏD S - TRÉDE M. - BOULLUEC A., Histoire de la littérature grecque, Paris 1997.
TAPLIN O., Literature in the Greek world, Oxford 2001.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AA.VV., Historia de la Literatura I. El Mundo Antiguo, Madrid 1988.
ADKINS A.W. H., Merit and Responsability, Oxford 1960.
ADRADOS F. R., Ilustración y política en la Grecia Clásica, Madrid 1966.
ARRIGHETTI G., La Cultura litteraria in Grecia: da Omero a Apollonio Rodio, Roma 1989.
ARRIGHETTI G.- MATARINI F. (eds.), La componente autobiográfica nella poesia greca e latina fra realitá e artificio letterario, Pisa 1993.
BLÁZQUEZ J. M.- LÓPEZ MELERO R.- SAYAS J. J., Historia de Grecia Antigua, Madrid 1989.
BLUNDELL S., Women in the Ancient Greece, Cambridge 1995.
BURKERT W., Griechische Religion der archaischen und klassischen Epoche, Stuttgart 1977.
DODDS E. R., The Greeks and the Irrational, California 1951.
M. FREDE-G. STRIKR (eds.), Rationality in Greek Thought, Oxford 1996.
GILL Ch., Personality in Greek Epic, Tragedy, and Philosophy: The Self in Dialogue, Oxford 1996.
GOLDHILL S., The Poet's Voice: Essays on Poetics and Greek Literature, Cambridge 1991.
GOLDHILL S., Art and Text in Ancient Greek Culture, Cambridge 1994.
GRONINGEN B. A. Van, La Composition littéraire archaïque grecque, Amsterdam 1960.
GUZMÁN GUERRA A., Métrica griega, Madrid 1984.
P. HARVEY (ed.), The Oxford Companion to classical Literature, Oxford 1984.
JAEGER W. W., Paideia: los ideales de la cultura griega, Madrid 1993.
MARCH J. R., The Creative Poet: Studies on the Treatment of Myths in Greek Poetry, London 1987.
R. MÜLLER, “Literarische Komunikation in Griechenland um 5. und 4. Jh. v. U. Z.”, Philologus 135 (1991): 4-23.
NESTLE W., Historia del espíritu griego. Desde Homero hasta Luciano, Barcelona 1962.
NORTH H., Sophrosyne: Self-knowledge and Self-restraint in Greek Literature, Cornell 1996.
PELLING Ch. (ed.), Characterization and Individuality in Greek Literature, Oxford 1990.
K.ROBB, Literacy and Paideia in Ancient Greece, Nueva York 1994.
SNELL B., Die Entdeckung des Geistes Hamburgo 1955.
TAPLIN O., Literature in the Greek and Roman World, Oxford 2000.
WEST M. L., Introduction to Greek Metre, Oxford 1987.
— Coñecemento das principais periodizacións, xéneros, autores e as súas coordenadas de pensamento, obras da literatura grega pertencentes ao período establecido;
— Percepción dos principais xéneros literarios cultivados no período sinalado e reflexión sobre a vixencia destas categorizacións: a súa descrición desde un punto de vista do contido e formal, a propia conciencia dos autores de incluírense nun canon ou de contaminaren xéneros, e a viabilidade actual do concepto de xénero;
— Eventual consideración das principais metodoloxías aplicadas á análise literaria: historicista, estruturalista, funcionalista, intertextual, etc.
— Percepción diacrónica da Literatura Grega, desde a formación de xéneros —con herdanzas indoeuropeas e influencias orientais— ata o seu notable mantemento nas literaturas contemporáneas.
— Capacidade de ler e entender na súa riqueza global —de lingua, transfondo histórico, ideolóxico e estético— un texto grego e poder dar conta disto.
No tratamento de cada tema procederase á exposición por parte do profesor dos puntos teóricos básicos de cada autor: aspectos biográficos salientables, relación da súa produción literaria e análise da mesma, cuestións de técnica literaria, lingua e estilo, claves de pensamento; nesta exposición procederase á ilustración de tales cuestións nos textos gregos seleccionados ao efecto, labor na que resulta crucial a participación do alumno. A preparación do material encomendado ao alumno é ingrediente indispensable da materia, de maneira que se se apreciase a conveniencia diso, poderá ser requirida oralmente ou por escrito.
Empregarase o Campus virtual para a comunicación cos alumnos, facilitar material docente, recomendar lecturas complementarias e recepcionar o traballo elaborado polo alumnado.
O 100% da calificación corresponde (así mesmo na segunda oportunidade) ao exame oficial, que involucra os dous aspectos da materia: cuestionario sobre aspectos teóricos e comentario de textos (analizados na aula ou bien non analizados, mais de características semelhantes ao expostos na clase).
En caso de non asistencia –oficialmente xustificada– o 100% da avaliación corresponderálle ao devandito exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A exposición teórica que se efectúa na aula require, indispensablemente, da confrontación periódica con manuais (varios, a ser posible) que permitan ao estudante adquirir unha perspectiva cabal do obxecto abordado.
Por outra banda, requírese que o alumno realice, con anterioridade, unha lectura detida dos textos que van ser analizados na aula, de forma que o groso desta análise o constitúa a participación dos alumnos e non a exposición en solitario do profesor, proceso no cal, ademais, cada alumno pode avaliar o desenvolvemento da súa capacidade esexética e dos coñecementos nos que esta se asenta.
— estudo pausado e periódico da materia;
— lectura semanal das notas e confrontación co tratamento dos temas nos manuais;
— lectura atenta —e previa á esexese— dos textos que se van comentar na aula, de xeito que o alumno poida contribuír á clase de comentario cunha esexese persoal e confrontar, así, o seu nivel de coñecemento e a súa capacidade de aplicación a un texto específico;
— actualización dos coñecementos impartidos en Literatura Grega I;
— aplicación dos coñecementos adquiridos nas materias de Lingua e Lingüística Gregas para poder recoñecer as variantes dialectais e as cuestións de construción que conforman a base dunha análise de carácter literario.
Maria Mercedes Diaz De Cerio Diez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811850
- Correo electrónico
- mmercedes.diazdecerio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D03 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B06 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D14 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |