Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as cuestións máis relevantes dos sistemas fonético-fonolóxico e morfolóxico da lingua latina desde unha perspectiva sincrónica e diacrónica.
- Saber analizar e interpretar os datos sobre textos literarios e epigráficos.
Parte I: Fonética e Fonoloxía
Tema 1. Situación lingüística da lingua latina. Conceptos xerais básicos.
Tema 2. O alfabeto e a súa pronuncia.
Tema 3. O acento. A sílaba.
Tema 4. O sistema vocálico; evolución diacrónica. Timbre, cantidade, diptongación. Diferentes fenómenos vocálicos.
Tema 5. Semiconsonantes e sonantes.
Tema 6. Consonantismo; evolución diacrónica. Consonantismo simple, dobre e múltiple.
Parte II: Morfoloxía
Tema 7. Conceptos xerais básicos. A palabra: evolución diacrónica.
Tema 8. Morfología nominal: temas en -a; temas en -e/-o; temas en consonante; temas en -u, -i e diptongo; temas en -e. A declinación greco-latina.
Tema 9. Flexión do adxectivo.
Tema 10. Morfoloxía pronominal.
Tema 11. O numeral.
Tema 12. Adverbio, preposición, conxunción.
Tema 13. Morfoloxía verbal (I): conceptos xerais; evolución diacrónica. Tema de presente; tema de perfecto. Desinencias.
Tema 14. Morfoloxía verbal (II): formacións temporais e modais.
Tema 15. Morfoloxía das formas nominal-verbais.
Adams, J. N., Bilingualism and the Latin Language, Cambridge, 2003.
Adams, J. N., The Regional Diversification of Latin 200 BC-AD 600, Cambridge, 2008.
Adams, J. N., Social Variation and the Latin Language, Cambridge, 2013.
Adams, J. N. - Vincent, N. (eds.), Early and Late, continuity or Change?, Cambridge, 2016.
Allen, W. S., Vox latina, Cambridge, 1978.
Baldi, Ph., The foundations of Latin, Berlin/New York, 2002.
Ballester, X., Fonemática del latín clásico. Consonantismo, Zaragoza, 1996.
Bassols de Climent, M., Fonética Latina, con un Apéndice sobre Fonemática Latina, por S. Mariner.
Beltrán, J. A., Introducción a la Morfología Latina, Zaragoza, 1999.
Clackson, J. (ed.), A Companion to the Latin Language, Oxford, 2011.
Clackson, J. & Horrocks, G. (eds.), The Blackwell History of the Latin Language, Oxford, 2007.
Clark, J. – Yallop, C. An Introduction to Phonetics and Phonology, Oxford-Cambridge, 1991.
Ernout, A., Morphologie historique du latin, Paris, 1953.
Gordon, A. E. Illustrated Introduction to Latin Epigraphy, Berkeley/Los Angeles/London, 1983.
Herrero Llorente, V. J., La lengua latina en su aspecto prosódico, Madrid, 1971.
Leumann, M., Lateinische Laut- und Formenlehre, München, 1977.
Maniet, A., La phonétique historique du latin dans le cadre des langues indoeuropéennes, París, 1975.
Meiser, G. Historische Laut- und Formenlehre der lateinischen Sprache, Darmstadt, 1998.
Molina Yévenes, J., Estudios Latinos I. Fonética, fonología, morfología, Barcelona, 1968.
Monteil, P., Elementos de fonética y de morfología del latín, Sevilla, 1992 (trad. C. Fernández).
Niedermann, M. Précis de phonétique historique du latin, Paris, 1991.
Palmer, L. R., The Latin Language, Oxford (trad. esp. Introducción al latín, Barcelona, 1984).
Sihler, A. L., New Comparative Grammar of Greek and Latin, Oxford, 1995.
Weiss, M., Outline of the Historical and Comparative Grammar of Latin, Beech Stave Press, Ann Arbor/New York, 2009.
- Coñecemento teórico-práctico dos contidos fundamentais relativos á fonética-fonoloxía e á morfoloxía latinas.
- Capacidade de análise fonético-fonolóxica e morfolóxica dos textos latinos, baseada no recoñecemento dos contidos teóricos e na súa aplicación á interpretación dos textos.
- Capacidade de interrelacionar distintos niveis da lingua latina.
- Aplicación dun método estruturado de razoamento mediante a reflexión sobre a lingua e a aprendizaxe de técnicas de análise.
- Habilidade para utilizar información pertinente de diferentes fontes e ferramentas filolóxicas.
A explicación teórica dos contidos por parte do profesorado verase ilustrada e complementada pola análise individual e en grupo de partes de textos basicamente epigráficos que serán proporcionados en clase e a través do aula virtual; así mesmo, utilizarase a aula virtual como apoio para aloxar material complementario ás explicacións teóricas. Eventualmente, unha parte dos contidos teóricos será lida e comentada polos alumnos, contando con sesións de exposición de dúbidas e comentarios críticos suscitados.
Asistencia e participación activa nas clases: ata un 20% da cualificación.
Exercicios prácticos: ata un 20% da cualificación.
Proba parcial e final (de cada un dos dous bloques de contidos, respectivamente): ata un 60% da cualificación; será necesario aprobar cada parte para aprobar a asignatura.
Si por algún motivo dos contemplados onde corresponde non se dese a asistencia a clase, ese 20% pasaría a formar parte da ponderación que se outorga ás probas parcial e final.
Na segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos, reuníndose nunha soa proba o exame dos contidos das dúas partes. Enténdese que as notas conseguidas a través da participación activa e o tanálise individual e en grupo de partes de textos basicamente epigráficos serán as que se teñan ao finalizar a primeira oportunidade (01/2025).
Os estudantes que repitan a materia ou teñan coincidencia horaria con outras asignaturas poderán tamén acollerse ao sistema de avaliación extraordinario previsto para os estudantes con dispensa oficial de asistencia ás clases, sempre que así o acorden co(a) coordinador(a) da asignatura ao comezo do cuatrimestre
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e traballo persoal depende en boa medida da capacidade de cada alumno. Recoméndase polo menos unha media de 4 horas de estudo e traballo semanais.
Véxase o apartado anterior, "tempo de estudos e de traballo persoal". Véxase tamén o apartado de "Observacións".
A materia impartirase en castelán.
Recoméndase vehementemente que o material explicado en clase sexa obxecto de estudo, revisión e utilización continuada, de modo que se facilite así a aprendizaxe e memorización dos contidos da materia.
Nas sesións iniciais do curso daranse instrucións máis pormenorizadas.
Benjamin Vidal Estevez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- benjamin.vidal.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Santiago Real Besteiro
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Lingüística Indoeuropea
- Correo electrónico
- santiago.real.besteiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | B13-Sala de videoconferencias |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C04 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C04 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B10 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B10 |