Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Situar ao alumno no núcleo do proceso de ensinanza-aprendizaxe desde unha perspectiva curricular que o capacite para:
“Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa do alumnado así como á súa orientación, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro” (Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro).
Baixo estas premisas, a materia propónse especificamente os seguintes obxectivos:
1.- Facilitar o coñecemento dos conceptos e da terminoloxía básica da didáctica, o currículo e a organización escolar mediante o estudo da literatura especializada sobre o campo e dos debates actuais no ámbito profesional docente.
2.- Favorecer a comprensión das relacións existentes entre os modelos explicativos da aprendizaxe, o contexto escolar (curricular e institucional) e as opcións didácticas (modelos de ensinanza e metodoloxías) utilizadas na acción docente.
3.- Promover o recoñecemento, análise e atención ás características diferenciais do alumnado, segundo o seu desenvolvemento evolutivo, contextos familiares, sociais e culturais de referencia como factores que condicionan a aprendizaxe e que deben ser tidos en conta para adaptar as propostas docentes.
4.- Recoñecer o funcionamento e dinámicas propias dos centros de secundaria e as condicións organizativas que fan posible a cooperación co conxunto da comunidade educativa (outros profesionais, familias, administracións).
5.- Coñecer as dimensións singulares das metodoloxías didácticas e, dun xeito específico, o uso educativo das TIC no ensino secundario.
6.- Propiciar unha formación integral do docente que o capacite para levar a cabo unha educación integral dos adolescentes.
7.- Potenciar o uso dos procesos de investigación na aula (Investigación-Acción) como base do seu desenvolvemento profesional.
8.- Desenvolver un proxecto formativo que responda ao seguinte perfil de profesor/a: un profesional reflexivo, capaz de xustificar o que fai, os seus porqués e para que; cun amplo coñecemento psicopedagóxico sobre o que fundamentar, autoavaliar e innovar a súa actuación docente así como a contextualización do currículo; capaz de traballar en equipo e de participar de maneira colexiada no goberno do centro; e capaz de asumir o desafío do seu propio perfeccionamento profesional preservando o seu equilibrio emocional.
1.- Deseño e desenvolvemento do currículo. Concepto de currículo. O currículo na Secundaria.
2.- Modelos de ensinanza e metodoloxía didáctica. A comprensión da aprendizaxe na aula. A ensinanza centrada no estudante: a aprendizaxe significativa e autónoma. O modelo de ensinanza baseado en competencias. A metodoloxía por proxectos e a Aprendizaxe Baseada en Problemas. O clima de aula e a interacción didáctica. A avaliación formativa. A innovación educativa.
3.- Os materiais curriculares e as TIC como recurso didáctico. O deseño, a avaliación, a selección e o uso de medios e materiais didácticos. As TIC no centro escolar.
4.- A participación e a xestión nos centros de secundaria. O clima institucional. A inserción do centro no medio social e cultural. A toma de decisións nos centros escolares. O traballo cooperativo e colexiado fronte á individualización. A dimensión burocrático-administrativa da xestión académica. O liderado instrutivo e as funcións directivas. A participación da Comunidade Educativa. A implicación das familias. A resolución de conflitos.
5.- A avaliación da calidade educativa e o desenvolvemento institucional e profesional de centros e profesorado. Modelos de avaliación da calidade de centros e docentes.
6.- O proceso de socialización profesional. Dilemas éticos da función docente. O debate sobre as competencias docentes. Análise crítica das funcións docentes. O equilibrio emocional na profesión docente.
Básica:
Bolivar, A. (2010). Competencias básicas y currículo. Síntesis.
Gairin, J. e Castro, D. (2021). El contexto organizativo como espacio de intervención. Síntesis.
Perrenoud, Ph. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar: invitación al viaje. Graó.
Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. HomoSapiens.
Complementaria:
Area, M. (2020). La digitalización de la enseñanza universitaria. Desafíos y tendencias. En Trillo, F. (Coord.). Repensando la educación superior. Madrid: Narcea, pp, 121-142.
Dans, I. e Varela, C. (2022). Programación didáctica. Elementos básicos. UNIVERSITAS. ISBN 978-84-7991-585-8
Escudero Muñoz, J.M. (2011). Dilemas éticos de la profesión docente, CEE Participación Educativa, 16, 93-102.
Escudero Muñoz, J.M. (2011). Centros escolares, condiciones de trabajo y desarrollo profesional de los docentes. En Mª.T. González (Coord.) Innovaciones en la gestión y el gobierno de los centros escolares (pp. 97-131). Síntesis.
Escudero Muñoz, J.M. (2017). La formación continua del profesorado de la educación obligatoria en el contexto español. Profesorado: Revista de Currículum y formación del profesorado, 21(3), 1 -20.
Marcelo, C. (2011). Evaluación del desarrollo profesional docente. Davinci.
Gimeno Sacristán, J. (2015). Los contenidos: una reflexión necesaria. Morata. Gimeno Sacristán, J. (2013). En busca del sentido de la educación. Morata.
González González, Mª.T. (Coord.) (2005). Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativa. Wolters Kluwer Educacion Hargreaves, A. (2014). Capital profesional: transformar la enseñanza en cada escuela. Morata.
Imbernón, F. (Coord.) (2016). Procesos y contextos educativos: enseñar en las instituciones de educación secundaria. Graó.
Monereo, C. (2011). Docentes en tránsito: incidentes críticos en secundaria. Graó.
Paricio, J. (2020). Diseño por competencias, ¿era esto lo que necesitábamos? REDU, 18, 1, 47-70.
Pérez Gómez, A. (2012). Educarse en la era digital: la escuela educativa. Morata.
Pozo, J. I. (2015). Aprender en tiempos revueltos: la nueva ciencia del aprendizaje. Alianza.
Rodríguez Espinar, S. (2011). Un MIR en Secundaria: ¿es necesario, es posible? Organización y gestión educativa: Revista de Fórum Europeo de Administradores de la Educación, 19(6), 18-22.
Santos, M. (Coord.) (2009). Escuelas para la democracia. Kluwer.
Trillo, F. (2005). Competencias docentes y evaluación auténtica, Perspectiva Educacional, 45, 85-102.
Trillo, F. (2021). Los estudiantes y la evaluación para la emancipación. En Trillo, F. (Coord.). Repensando la educación superior. Narcea.
Vaillant, D. y Marcelo, C. (2015). El ABC y D de la formación docente. Narcea.
Zabalza, M.A. (2022). Coreografías didácticas en educación superior. Madrid: Narcea.
Zabalza Beraza, M. A. e Zabalza Cerdeiriña, M.A. (2012). Profesores y profesión docente. Entre el ser y el estar. Narcea.
Zeichner, K.M. (2010). La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Morata.
Ao rematar esta materia, o estudantado será capaz de:
COMPETENCIAS XERAIS
(CG2) Coñecer o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procesos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa do alumnado, así como á súa orientación, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CG5) Contextualizar o currículo que se vaia implantar nun centro docente, participando na súa planificación colectiva.
(CG6) Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade do alumnado.
(CG7) Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e ao respecto dos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
(CG8) Adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, a confianza e as iniciativas persoais.
(CG9) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
(CG12) Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
(CG13) Coñecer a normativa e a organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
(CG14) Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
(CG17) Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
(CG18) Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidas.
COMPETENCIAS BÁSICAS
(CB6) Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CB7) Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(CB8) Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
(CB9) Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
(CB10) Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
(CEG1) Coñecer as características do alumnado, os seus contextos sociais e motivacións.
(CEG3) Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
(CEG4) Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afecten a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe.
(CEG5) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
(CEG9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CEG10) Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e da comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxes como na educación no respecto aos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
(CEE6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
(CEE7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
(CEE8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas do alumnado.
(CEE9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(CT1) Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso por Internet.
(CT2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
(CT3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
O desenvolvemento desta materia, seguindo a dinámica xeral do master, estará dividido en sesións expositivas e interactivas, para o que articulará diversas opcións metodolóxicas:
1. Método expositivo, para a transmisión de coñecementos
2. Estudo de casos, mediante a análise de prácticas reais ou simuladas de ensino- aprendizaxe
3. Aprendizaxe orientada a proxectos para aplicar o coñecemento á solución de problemas.
Máis pormenorizadamente, procurarase a persoalización do coñecemento mediante a interpelación das novas ideas e conceptos desde a experiencia persoal de cada estudante; especialmente nas sesións interactivas nas que se requirirá unha participación activa e argumentada no debate.
Para todo isto contarase con diversos documentos de lectura imprescindibles, que estarán dispoñibles no Campus Virtual da materia.
De acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno da USC o 25 de novembro de 2024 (art. 1, punto 2, epígrafe c), é preceptiva a asistencia para poder presentarse ao exame e superar a materia. O porcentaxe obrigatorio de presencialidade é do 80%. Terase en conta a posible xustificación das ausencias nos casos recollidos na normativa vixente.
Los estudiantes repetidor ou non presentado en convocatorias anteriores será avaliado conforme aos criterios establecidos para o presente curso académico. Polo tanto, será obrigatoria a asistencia a clase e a superación de todas as actividades de avaliación nas mesmas condicións que o alumnado matriculado por primeira vez.
Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula, para emitir un xuízo de valor sobre a adquisición das competencias estimarase de maneira ponderada:
- a participación do alumnado na aula (10%),
- a realización do traballo ou traballos da materia (50%),
- e o resultado acadado no exame (40%).
Los estudiantes con exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia a clase recoñecida oficialmente, realizará traballos similares e os mesmos exames que o alumnado asistente. Nestes casos, non sendo posible a avaliación da participación na aula, a ponderación da nota final será do 50% para os traballos da materia e do 50% para a proba final (exame).
Computado segundo a distribución da carga lectiva que figura na Planificación Docente Anual:
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO: 36 h
- Clases expositivas: 13,5 h
- Clases interactivas: 18 h
- Titorías co profesorado: 4,5 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO: 76,5 h
- Estudo autónomo individual: 25 h
- Lecturas a realizar fóra da aula: 20 h
- Realización de traballos da materia: 21,5 h
- Preparación de debates, exposicións ou busca bibliográfica: 10 h
Fronte a unha memorización pasiva, entender a lóxica do que se presenta e, sobre todo, atribuir sentido aos temas que se estudan, mediante a personalización do coñecemento ou a aprendizaxe significativa resulta inescusable. Desde esa perspectiva , convén saber que o desenvolvemento das competencias implica estar en condicións de utilizar o coñecemento (resolver tarefas) máis aló do contexto académico, é dicir, en contextos reais da práctica profesional. Nesta dirección, desenvolver unha aprendizaxe autorregulada que reforce unha motivación intrínseca ben enraizada na vontade (vocación) de ser profesor ou profesora é moi conveniente. As actitudes como predisposición para actuar poden e deben ser reguladas intencionalmente mediante o desenvolvemento dos proceso metacognitivos e unha especial atención á dimensión emocional da aprendizaxe.
OBRIGATORIEDADE DO USO DO CORREO RAI
O alumnado debe utilizar obrigatoriamente o correo electrónico institucional da USC (conta RAI) na súa comunicación co profesorado.
OBRIGATORIEDADE DO USO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Deben utilizarse o Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas proporcionadas pola Facultade de Ciencias da Educación e autorizadas como institucionais pola Universidade.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá utilizar o teléfono móbil na aula, salvo cando se empregue como ferramenta de traballo seguindo as indicacións do profesorado, sendo o alumnado responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso inadecuado do mesmo.
PRIVACIDADE DO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Tanto as clases como as titorías, na medida en que forman parte do proceso de ensino-aprendizaxe, son procesos privados, e como tales debe entenderse a comunicación e o intercambio de información entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
É obrigatorio o cumprimento da Política de Privacidade e Protección de Datos Persoais dispoñible en:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Jose Felipe Trillo Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813826
- Correo electrónico
- felipe.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carmen Denebola Alvarez Seoane
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821012
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_04 | - | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 | - | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 | - | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.12.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.12.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |