Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 21 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer os fundamentos da cinética química: velocidade e orde de reacción, mecanismos de reacción, enerxía de activación, …
- Saber analizar a cinética de reaccións en fase gas tanto a volume constante como a presión constante.
- Saber analizar reaccións en equilibrio, paralelas, en cadea, etc.
- Coñecer como obter a ecuación cinética de reaccións químicas homoxéneas e heteroxéneas.
- Coñecer os fundamentos da catálise e os seus tipos.
- Comprender os fundamentos da cinética electroquímica.
- Desenvolver a habilidade necesaria para resolver distintos problemas cinéticos relacionados coa Enxeñaría Química
- Que os estudantes adquiran habilidades prácticas propias dos métodos de investigación e sexan capaces de comprobar experimentalmente os fundamentos teóricos e experimentais da cinética química.
- Que os estudantes desenvolvan hábitos de traballo individual e en equipo, útiles á hora de abordar a solución científica dun problema tanto na aula como no laboratorio ou na súa futura actividade profesional.
Cinética formal (conceptos básicos, determinación da ecuación de velocidade, métodos experimentais, reaccións en fase gas a volume e a presión constante, enerxía de activación e teorías de velocidade de reacción). Reaccións complexas e mecanismos de reacción. Reaccións en cadea (mecanismo, reaccións de polimerización e reaccións fotoquímicas). Catálise homoxénea, encimática e heteroxénea. Cinética electroquímica.
Prácticas de laboratorio: estudo cinético experimental de reaccións químicas.
Básica:
P. W. Atkins y J. de Paula, Atkins’ Physical Chemistry 11th edition, Oxford University Press, Oxford, 2017. Versión española: Atkins Química Física, Ed. 8, Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires, 2008.
Complementaria:
• González Velasco, J. R. et al., Cinética Química Aplicada, Editorial Síntesis, Madrid 1999.
• González Ureña, Á., Cinética Química, Editorial Síntesis, Madrid 2001.
• Levenspiel, O., Ingeniería de las reacciones químicas, Wiley, Mexico 2004
• Hill, C. G., An introduction to chemical engineering kinetics & reactor design, 2ª edición, Wiley, 2014.
• C. Trapp, M. Cady y C., Student's solutions manual to accompany Atkins' Physical Chemistry 11th edition, Oxford University Press, Oxford, 2018.
• R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura e C. Bissonnette: Química General. Pearson Educación, Madrid 2017.
• R. Chang, J. Overby: Química, 13ª edición. Mc Graw Hill Interamericana; México 2020.
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias xerais:
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT4: Capacidade para traballar en equipo.
CT10: Capacidade para a resolución de problemas (xa incluída na xeral CG4).
CT11: Capacidade para tomar decisións (xa incluída na xeral CG4).
CT13: Capacidade para transmitir coñecementos (xa incluída na xeral CG4).
CT14: Demostrar razoamento crítico (xa incluída na xeral CG4).
Competencias específicas:
CE26 - Coñecemento sobre os fundamentos da cinética química e electroquímica.
CLASES EXPOSITIVAS/INTERACTIVAS:
Lección que pode ter formatos diferentes (teoría impartida polo profesor, resolución de problemas por parte do profesor ou do alumnado, exemplos, directrices xerais da materia, …). Usarase como base o texto de referencia recomendado. Para cada tema, os estudantes terán á súa disposición, na aula virtual da materia, o material de apoio (transparencias, figuras, apuntamentos, etc.) que o profesor empregará nas súas clases. Ademais, proporase un boletín de exercicios co fin de aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas.
SEMINARIOS:
Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións, problemas, ou exercicios máis complexos que combinan varios conceptos estudados na teoría. O estudante ten que participar activamente nestas clases e o seu traballo valórase dentro da avaliación continua.
TITORIAS:
As clases de titoría utilizaranse como unha formación previa ás prácticas. Dedicaranse á análise de datos cinéticos utilizando ferramentas informáticas como Excel.
PRÁCTICAS:
As prácticas consistirán no desenvolvemento dun proxecto de proceso químico industrial que involucra o estudo cinético dunha ou varias reaccións químicas: obtención de datos experimentais precisos, realización dunha análise adecuada para a obtención dos parámetros cinéticos necesarios e utilización dos resultados para a simulación do proceso industrial. É tarefa do alumnado preparar e planificar previamente os experimentos.
ASISTENCIA:
É obrigatoria a asistencia ás prácticas e ás titorías previas ás prácticas, salvo causa excepcional debidamente xustificada. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE PRIMEIRA MATRÍCULA:
A cualificación de aprobado obterase para unha nota final de 5 sobre 10. A nota final, tanto en primeira como en segunda oportunidade, basearase na avaliación dos seguintes aspectos:
- 25% da nota final: avaliación continua baseada nos controis e entregas de exercicios que se realicen nas titorías e seminarios, nos exames parciais e na participación activa nas clases.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG4 (CT10, CT11, CT13, CT14), CG5, CT2, CT4, CE26.
- 15% da nota final: avaliación das prácticas de laboratorio baseada na preparación previa do alumnado, no caderno de laboratorio e a avaliación continua durante as prácticas. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 nas prácticas para aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG4 (CT10, CT11, CT13, CT14), CG5, CT1, CT2, CT4, CE26.
- 60% da nota final: avaliación do exame final da materia (primeira ou segunda oportunidade) con cuestións conceptuais e problemas. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame para aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB5, CG4 (CT10, CT11, CT13, CT14), CG5, CT1, CE26.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA OU POSTERIORES:
A nota final obterase de igual maneira que para o alumnado de primeira matrícula.
Se o/a alumno/a solicítao, pódese validar as súa avaliación das prácticas no caso de que fose aprobada (nota de 5 sobre 10) e se foi obtida nos dous cursos académicos inmediatamente anteriores ao actual. En tal caso, non é obrigatoria a asistencia ás prácticas. O alumnado debe solicitar a validación das súas prácticas ata a data indicada polo profesor.
Se o/a alumno/a solicita ser avaliado/a de novo nas prácticas, deberá cumprir as normas do alumnado de primeira matrícula e utilizarase a nova nota para o cálculo da nota final. En ningún caso se conservará a nota do exame final.
O alumnado que, por pertencer ao anterior plan de estudos, non teña dereito a docencia e/ou non teña aprobadas as prácticas nos dous cursos académicos inmediatamente anteriores ao actual, realizará na data prevista do exame probas adicionais para avaliar ditas contribucións, que terán o mesmo peso que para o resto do alumnado. Este alumnado pode solicitar na primeira semana do curso ao profesor que se lle avalía seguindo o plan de estudos actual, sempre que a situación sanitaria o permita.
O número de horas presenciais desta materia é 51 horas (mais 4 horas de exames), polo que se estima que o/a alumno/a deberá investir unhas 95 horas de traballo persoal, repartido entre o estudo autónomo dedicado a afondar nos contidos teóricos e a aplicación de devanditos contidos á resolución de problemas e á elaboración de traballos e de memorias de prácticas.
Para cada unha das actividades presenciais estímanse os seguintes tempos de traballo persoal:
- Clases: 28 h presenciais, 50 h de traballo persoal individual ou en grupo.
- Seminarios: 6 h presenciais, 12 h de traballo persoal individual ou en grupo.
- Titorías: 2 h presenciais, 8 h de traballo persoal en grupo.
- Prácticas de laboratorio: 15 h presenciais, 5 h de traballo persoal individual.
- Exame final: 4 h presenciais, 20 h de traballo persoal individual ou en grupo.
- É importante manter o estudo da materia “ao día”.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e solucións e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo (transparencias, enlaces web, etc.). Ademais, as actividades de entrega e avaliación continua xestionaranse por medio da aula virtual da materia.
As clases impártense en galego
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Enrique Manuel Cabaleiro Lago
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- caba.lago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ángel Vidal Vidal
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- angel.vidal.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |