Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 9 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 22 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é facilitar ao alumnado o coñecemento sobre os fundamentos das máquinas e os seus mecanismos, familiarizándoo coas ferramentas para o deseño e dimensionado das súas pezas, aplicando os principios e cálculos propios da resistencia de materiais. En definitiva, debe lograr capacitar o alumnado para realizar a análise cinemática e dinámica de mecanismos e máquinas e para o deseño e proxecto dos diferentes sistemas estruturais a partir da análise das propiedades mecánicas dos seus materiais.
Os contidos (descritores) desta materia segundo a memoria do título son: Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos. Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais. Fundamentos da xeotecnia. Cálculo de estruturas e depósitos a presión.
Tendo en conta estes descritores a materia está estructurada en tres bloques:
BLOQUE I. Fundamentos de máquinas
Tema 1. Introdución á teoría das máquinas.
Tema 2. Análise cinemática de mecanismos e máquinas.
Tema 3. Análise dinámica de mecanismos e máquinas.
Tema 4. Elementos de máquina, levas, engrenaxes, transmisións e mecanismos de parafuso.
BLOQUE II. Resistencia de MateriaIs
Tema 5. Introdución
Tema 6. Tracción e Compresión. Análise de tensións e deformacións. Esforzos en depósitos de parede delgada
Tema 7. Flexión. Análise de tensións e deformacións
Tema 8. Pandeo ou Empenamento. Flexión composta. Cortadura e torsión de barras
Tema 9. Accións na edificación. Cálculo de estruturas
BLOQUE III. Prácticas
Prácticas de Fundamentos de máquinas.
Prácticas de Resistencia de materiais.
Bibliografía básica:
BLOQUE I. Fundamentos de Máquinas
SIMÓN, A., BATALLER, A., CABRERA, J.A., EZQUERRO, F., GUERRA, A.J., NADAL, F. y ORTIZ, A. Fundamentos de Teoría de Máquinas, 4ª Ed., Bellisco Ediciones Técnicas y Científicas, Madrid, 2014. ISBN 9788492970643
BLOQUE II. Resistencia de Materiales
GERE, J.M. Timoshenko. Resistencia de materiales, Paraninfo, S. A. Madrid, 2009. ISBN 9788497320658.
Bibliografía complementaria:
BLOQUE I. Fundamentos de Máquinas
MYSZKA, D. H. Máquinas y mecanismos. 4ª ed. Pearson, México, 2012. ISBN 978-607-32-1215-1
SHIGLEY, J.E. y UICKER, J.J. Teoría de Máquinas y Mecanismos, McGraw-Hill, México, 1998. ISBN 968-451-297-X
CASTANY, J., FERNÁNDEZ, A. y SERRALER, F. Análisis de la funcionalidad de los elementos de máquinas, Prensas Universitarias de Zaragoza, Zaragoza, 2000. ISBN 84-7733-544-3
CALERO, R. y CARTA, J.A. Fundamentos de mecanismos y máquinas para ingenieros, Mc Graw Hill, Madrid, 1998. ISBN 84-481-2099-X
BLOQUE II. Resistencia de Materiais
Normativas. CTE-Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural
ARGÜELLES, R. y ARGÜELLES, R. Análisis de estructuras: Teoría, Problemas y Programas, Fundación Conde del Valle de Salazar, Madrid, 1996. ISBN 84-86793-37-8.
ORTIZ BERROCAL, L. Resistencia de materiales, McGraw-Hill, Madrid, 2007. ISBN 9788448156336.
VÁZQUEZ, M. Resistencia de materiales, Ed. Noela, Madrid, 1999. ISBN 84-88012-05-5
Ao superar esta materia o alumno terá adquiridas as seguintes competencias:
Xerais
CG.6. Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Específicas
CI.7.Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
CI.8. Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
Transversais
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
CT.6. Resolución de problemas.
CT.8. Traballo en equipo.
Nas clases expositivas combinarase unha docencia de tipo maxistral para presentar os contidos coa resolución práctica de exercicios-tipo que ilustren os contidos teóricos. As clases interactivas ou seminarios centraranse na formulación e resolución de casos prácticos co fin de resaltar e complementar os contidos vistos nas clases expositivas. Buscarase e fomentarase a participación activa do alumnado tanto nas horas expositivas coma nas interactivas.
Nas horas do bloque de prácticas na aula de informática farase uso de software específico (WinMecC, MDSolids, por exemplo), así coma tamén pode ser necesario utilizar outro tipo de ferramenta matemática como folla de cálculo Excel, etc. O fin destas ferramentas é utilizalas para realizar a análise cinemática e dinámica de mecanismos e o cálculo de estruturas.
As dúas horas de titorías grupais dedicaranse a ver aspectos relativos á seguridade no deseño de estruturas e mecanismos. O alumnado elaborará sendos informes sobre os conceptos de aplicación á materia.
Utilizarase o Campus Virtual (Moodle) para a distribución do material didáctico e outro complementario, para a ampliación dos temas dados en clase e fomentar o estudo autónomo do estudante, así como follas de cálculo (Excel) para a resolución dalgúns dos problemas dos boletíns. Tamén se utilizará o Campus Virtual como medio de comunicación non presencial estudante/docente, así como a ferramenta MS Teams.
Na metodoloxía tense en conta o desenvolvemento das competencias do xeito seguinte:
CG.6 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque I e II
CG.11 Clases maxistrais e Titorías grupais do bloque I e II
CI.7 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque I e Prácticas Bloq. III
CI.8 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque II e Prácticas Bloq. III
CT.4 Prácticas Bloque III
CT.6 Seminarios e Titorías grupais dos bloques I e II, Prácticas Bloque III
CT.8 Seminarios dos bloques I e II, Titorías grupais Bloque II, Prácticas Bloq. III
A avaliación consistirá nunha suma das seguintes valoracións parciais:
a. Exame: 60% (30% Bloque I e 30% Bloque II). Obrigatorio
b. Prácticas en aula de informática (Bloque III): 15%. Obrigatorias.
c. Actividades: 20% (10% Bloque I e 10% Bloque II).
d. Titorías: 5%. Obrigatorias.
Para que os apartados b, c e d sexan considerados e sumados na cualificación final será necesario acadar como mínimo un 35% en cada un dos Bloques do exame.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecerá as notas obtidas nos apartados b, c e d. Considerarase como NON PRESENTADO nas dúas oportunidades, aquel alumnado que non realizase algún dos 3 ítems obrigatorios (prácticas en aula de informática, titorías grupais e exame).
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será novamente avaliado do apartado a na Segunda Oportunidade.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación de actividades e competencias:
Competencia Avaliación de actividades
CG.6 Exame, Actividades e Titorías grupais
CG.11 Exame, Titorías grupais
CI.7 Exame, Actividades Bloq. I, Tit. grupais Bloq. I* e Prácticas Bloq. III*
CI.8 Exame, Actividades Bloq. II, Tit. grupais Bloq. II* e Prácticas Bloq. III*
CT.4 Prácticas Bloque III*
CT.6 Exame, Actividades dos tres bloques, Prácticas Bloque III*
CT.8 Seminarios de Bloque I e II, Titorías grupais Bloque II*, Prácticas Bloq. III*
* Obrigatorias
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Na seguinte táboa indícase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Clases maxistrais 27,0 1,2 34,0 61
Seminarios 12,0 1,5 18,0 30
Aula informática 10,0 0,7 7,0 17
Titorías grupo 2,0 4,0 8,0 10
Titorías individualizadas 2,0 1,5 3,0 5
Exame e revisión 5,0 4,4 22,0 27
TOTAL 58 - 92 150
As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia para as diversas actividades que se realizarán (teoría, problemas, prácticas na aula de informática e exame), o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, o traballo persoal é o cómputo do produto do factor polas actividades, e o total é a carga total de traballo que supón cada actividade.
É recomendable que os estudantes cursaran as materias Matemáticas, Física, Informática, Expresión Gráfica e Ciencia de Materiais. Tamén recoméndase a asistencia a clase, así como o uso da aplicación USC Campus Virtual da materia, de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
A docencia impártese en castelán e/ou galego, aínda que se manexarán fontes de información en lingua inglesa.
Ramon Felipe Moreira Martinez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816759
- Correo electrónico
- ramon.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Sonia Freire Leira
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816758
- Correo electrónico
- mariasonia.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Angeles Val Del Rio
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula A3 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A3 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A3 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A3 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |