Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didácticas Aplicadas
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer, a nivel xeral, os procesos e as capacidades que median na aprendizaxe e dominio lector e escritor
- Comprender cales son os mecanismos, características e factores determinantes da lectura e a escritura.
- Identificar os procesos deficitarios, nos problemas de aprendizaxe da lectura e a escritura e comprender a súa orixe e natureza.
- Valorar os métodos e as actividades para o ensino-aprendizaxe da lectura e da escritura.
- Desenvolver estratexias de avaliación-intervención para potenciar a adquisición e o desenvolvemento das habilidades lectoras e escritoras.
- Capacitar ao alumno no desenvolvemento de procedementos de investigación e intervención no comportamento lector e escritor.
Bloque I: Dimensión e práctica da escritura e a lectura na Educación Infantil.
Tema 1: Introdución á lectura e a escritura.
Tema 2: Modelos e métodos de iniciación en lectura e escritura.
Tema 3: Contidos curriculares do ensino da lectura e a escritura.
Tema 4: Programas de lectura.
Tema 5: Programas de escritura.
Bloque II: O suxeito da aprendizaxe da lectura e a escritura.
Tema 6: Procesos evolutivos e aprendizaxe da lectura e a escritura.
Tema 7: Os procesos lectores.
Tema 8: Os procesos escritores.
Tema 9: Avaliación do proceso de adquisición da lectura e a escritura.
Tema 10: Actividades e recursos de traballo para a adquisición da lectura e a escritura.
Básica (soporte papel):
Condemarín, M. & Chadwick, M. (1990). La enseñanza de la escritura. Bases teóricas y prácticas. Visor Aprendizaje.
Cuetos, F. (2008). Psicología de la lectura. Wolters Kluwer.
Cuetos, F. (2009). Psicología de la escritura. Wolters Kluwer.
Fons Esteve, M. (2004). Leer y escribir para vivir. Alfabetización inicial y uso real de la lengua escrita en la escuela. Barcelona: Graó.
Rivas, R.M. & Fernández, M.P. (2011). Dislexia, disortografía y disgrafía. Pirámide.
Thomson, M.E. (1992). Dislexia. Su naturaleza, evaluación y tratamiento. Alianza
Vieiro, P. & Gómez, I. (2004). Psicología de la lectura. Pearson, Pretince-Hall.
Básica (soporte electrónico):
As referencias que compoñen esta bibliografía están dispoñibles a través da plataforma de préstamo de libros electrónicos da USC ou son de acceso libre na Internet.
González, A. (2010). Estrategias de comprensión lectora. Síntesis.
Montealegre, R.& Forero, L.A. (2006). Desarrollo de la lectoescritura: adquisición y dominio. Acta colombiana de psicología, 9(1), 25-40. http://www.scielo.org.co/scielo.php?pid=S0123-91552006000100003&script=…
Puleo, E.M. (2012). La evolución del dibujo infantil. Una mirada desde el contexto sociocultural merideño. Investigación arbitraria, 53, 157-170. https://www.redalyc.org/pdf/356/35623538016.pdf
Complementaria:
Aller, C. (1992). Juegos de aproximación a la lectoescritura. Alcoy.
Belinchón, M., Igoa, J.M. & Riviere, A. (2004). Cómo desarrollar las aptitudes psicolingüísticas. Martínez Roca.
Bellenguer, L. (1979). Los métodos de lectura. Barcelona: Oikos-Tau.
Bettelheim, B. (1989). Aprender a leer. Crítica.
Bryant, P. & Bradley, L. (1998). Problemas infantiles de lectura. Alianza Editorial.
Camps, A. (2003). Secuencias didácticas para aprender a escribir. Graó.
Carlino, P. & Santana, D. (1996). Leer y escribir con sentido. Visor.
Carriedo, N. & Tapia, J.A. (1994). ¿Cómo enseñar a comprender un texto? Ediciones de la Universidad Autónoma de Madrid.
Cassany, D. (1989). Describir el escribir. Cómo se aprende a escribir. Barcelona: Paidós.
Clemente, M.C. & Domínguez, A.B. (1999). La enseñanza de la lectura. Enfoque psicolingüístico y sociocultural. Pirámide.
Colomer, T. & Camps, A. (1996). Enseñar a leer, enseñar a comprender. Madrid: Celeste / MEC.
Cuervo, C. (2005). El regalo de la escritura. Cómo aprender a escribir. Universidad Nacional de Colombia.
Díez, A. (2000). Aprendizaje de la lectoescritura desde una perspectiva constructivista (2 vols). Graó.
Domínguez, A. (2002). Lenguaje y Psicología. Universidad de La Laguna.
García, J. A., Elosúa, R., Gutierrez, F., Luque, J.L. & Gárate, M. (1999). Comprensión lectora y memoria operativa. Aspectos evolutivos e instruccionales. Paidós.
García, J.A. (2006). Lectura y Conocimiento. Paidós.
Hendrix, Ch. (1986). Cómo aprender a leer por el método global. Kapelusz.
Inizan, A. (1989). Cuándo enseñar a leer: evaluación de la aptitud para aprender a leer. Visor.
Rueda, M. (1995). La lectura: adquisición, dificultades e intervención. Amaru.
Sánchez, E. (1998). Comprensión y redacción de textos. Edebé.
Solé, I. (1992), Estrategias de lectura. Graó.
Teberosky, A, (1993). Aprendiendo a escribir. ICE.
Tolchinsky, L.L. (1993). Aprendizaje del lenguaje escrito (Procesos evolutivos e implicaciones didáctica. Anthropos.
Vieiro, P., Peralbo, M. & García, J. A. (1997). Procesos de adquisición y producción de la lectoescritura. Visor.
Warburton, N. (2012). Cómo aprender a escribir. Paidós.
Xerais: G.1, G.2, G.6, G.9, G.11
Específicas: E.42, E.43, E.46, E.47, E.50
Básicas: B.2, B.3, B.4
Transversais: T.2, T.3, T.4
A docencia impartirase de forma presencial respectando as medidas de prevención e autoprotección da poboación que correspondan, de ser o caso (máscaras, uso de xeles desinfectantes, etc.).
A proposta docente inclúe, por unha banda, clases expositivas e, por outro, clases interactivas, ás que se engaden as titorías.
Nas clases expositivas preséntanse os contidos da materia, proporcionando unha visión organizada e integrada dos distintos temas. Utilízanse para introducir, fundamentar e desenvolver os aspectos básicos de cada tema a tratar, achegando ao alumno as bases teóricas para poder interpretar a información a posteriori, na elaboración de traballos tanto teóricos como prácticos.
Nas clases interactivas clarifícanse, dun xeito práctico e aplicado á aula de Infantil, cuestións concretas vinculadas aos contidos teóricos estudados, tratando de empregar para iso estruturas de aprendizaxe autónomas e cooperativas. Nelas profundízase en contidos específicos, e dótase ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo independente. Á súa vez, preténdese fomentar a súa implicación en debates e tarefas grupais, e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
Na atención titorial atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe. As titorías poderán realizarse presencial ou telemáticamente, a petición do/a alumno/a.
En canto á avaliación, valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación entre actividades de avaliación formativa (continua) y de avaliación sumativa (final). Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, salvo nas actividades programadas de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A avaliación da materia inclúe as seguintes modalidades:
1) PROBAS ESPECÍFICAS: Un exame ou, no seu lugar, probas específicas de avaliación continua, cun formato que se definirá oportunamente, que avalía os coñecementos fundamentais da materia, tanto teóricos como prácticos (50% da puntuación final). Os contidos do exame ou das devanditas probas son os relativos aos aspectos desenvolvidos polo/a profesora/ or nas clases teóricas así como as lecturas obligagorias ou recomendadas. O/a alumno/a debe obter unha cualificación mínima, que se fixa en 2,5 puntos (50% da puntuación), no exame ou, no seu lugar, tales probas, para que se lle poidan sumar o resto de cualificacións.
2) INFORMES ESCRITOS, PRÁCTICAS DE AULA, EXPOSICIÓNS E OUTRAS PRODUCIÓNS: Un 40 % da cualificación provirá da avaliación de informes, análises de casos, comentarios de texto, exposicións ou outras prácticas ou producións escritas resultantes fundamentalmente do traballo nos seminarios.
3) ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN na aula: a asistencia e participación activa na aula será cualificada cun máximo do 10% da nota final.
Aclaracións sobre a avaliación:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos de cualificación final. Dita puntuación débese obter a partir dun mínimo de 2,5 puntos (sobre 5) no exame ou probas de avaliación específicas. Só cando o exame ou equivalentes estean aprobado sumarase el resto das cualificacións.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O número de faltas de asistencia será unha consideración importante para poder superar a materia, de modo que: - Superar o 20% de faltas sen xustificar conlevará non ser cualificado no apartado 3 (participación na aula). - Superar o 50% de faltas sen xustificar conlevará non ser cualificado no apartado 2 (informes escritos e outras producións). A avaliación recaerá exclusivamente sobre o exame ou probas específicas equivalentes que se puntuarán sobre un máximo de 7 puntos, situándose o aprobado en 5 puntos.
3. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberá poñerse en contacto co/a profesora/ or nas dúas primeiras semanas de clase para concretar un plan alternativo de avaliación.
4. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO COMÚN): Neste caso respectaranse as puntuacións obtidas -durante o período común- nos apartados 2 e 3 da avaliación. En ningún caso admitiranse traballos a maiores dos realizados no período común.
5. ALUMNADO DE 2ª Ou POSTERIORES CONVOCATORIAS: Este alumnado deberá, polo menos, superar as condicións indicadas no apartado 1 das presentes aclaracións sobre a avaliación. Deberá poñerse en contacto co profesorado responsable para fixar o plan de seguimento e traballo para a preparación das probas, traballos e prácticas obrigatorias da materia.
6. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. O alumnado que presente algún tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedir polo servizo acreditado pola USC para estes efectos e informar do seu caso á docente desta materia dentro das dúas primeiras semanas do semestre afectado, #a fin de que se poida acordar o máis axiña posible un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais que se distribúen entre as clases expositivas, as interactivas, as titorías e a avaliación.
Estimación de horas para o traballo do alumno:
Clases expositivas: 24
Clases interactivas: 24
Tutorías: 3
Total horas: 51
------XXXXX-------XXXXX------
TRABALLO AUTÓNOMO
Estudo: 70
Elaboración traballos: 29
Total horas 99
1. Asistencia e implicación activa na dinámica de clase.
2. Interese polo estudo da disciplina en relación coa titulación.
3. Dominio básico da lingua inglesa.
4. Posuír certos rudimentos informáticos como o manexo dun procesador de textos e de Internet, así como outras ferramentas e programas informáticos.
5. Realización puntual dos traballos.
6. Seguimento continuado da materia.
7. Procura de claridade e organización dos coñecementos.
O alumnado necesitará un dispositivo móbil (computador portátil ou equivalente) para a realización das distintas actividades de aplicación que se realicen na aula.
Posto que a USC é unha Universidade Presencial, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% de las sesións de clase, á marxe do alumnado con exención de docencia.
O alumnado con dispensa de docencia deberá respectar as datas de entrega de traballos establecidas pola profesora, e é recomendable e necesario que manteña un contacto coa mesma a través das titorías, plataformas virtuais, correo, etc., para garantizar o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma.
Responsabilidade ambiental.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Emprego de grampas en lugar de canutiños. - Impresión en modo “aforro de tinta”.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: Recoméndase o uso de mecanismos que propicien un código non discriminatorio, inclusivo, co manexo de ferramentas tecnolóxicas como as facilitadas pola Oficina de igualdade da USC ( https://www.usc.gal/es/servizos/oix/documentacion.html Documentación - Oficina de Igualdade de Xénero - USC Documentación.
Segundo a temática: Ferramentas informáticas e manuais de linguaxe non sexista. Exeria: Aplicación para unha linguaxe non sexista (en galego); Nomea en Rede (corrector en español); Ferramenta Themis: Corrector de linguaxe sexista (en español); Ferramenta T-inclúe ( analizador de páxinas web); Recompilatorio de recursos web sobre linguaxe non sexista (en español)
Alumnado con necesidade de apoio EDUCATIVO:
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC para estes efectos, e informar do seu caso ao docente correspondente dentro das dúas primeiras semanas do semestre afectado, a fin de que ambas as partes poidan acordar o máis axiña posible o plan de traballo do estudante na materia e, se é necesario, as adaptacións curriculares e/ou evaluativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular, de tal maneira que o estudante en cuestión puidese sacar adiante a materia indicada.
O proceso de ensino-aprendizaxe é privado. Lémbrase a obrigatoriedade de uso das ferramentas corporativas da USC, así como do correo corporativo como canle de comunicación. Non se pode empregar o teléfono móbil en aula, salvo fins didácticos expresamente sinalados polo docente, e débese respectar a normativa de protección de datos da nosa universidade. Finalmente, os traballos entregaranse por medio da aula virtual.
Ricardo Fandiño Pascual
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821013
- Correo electrónico
- ricardo.fandino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Javier Lopez Quintans
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821073
- Correo electrónico
- javier.lopez.quintans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 27 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Música |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula de Música |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 30 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 30 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 30 |
16.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |