Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Historia
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer as dimensións epistemolóxica e educativa das ciencias sociais.
- Valorar a diversidade cultural como un desafío para a democracia e para a educación.
- Analizar a presenza dos contidos sociais no currículo da educación infantil.
- Enfocar a aprendizaxe dos contidos sociais desde unha perspectiva construtivista e reconsiderar as funcións da súa avaliación.
- Presentar, analizar e valorar algunhas das grandes transformacións socioculturais acontecidas no decurso da contemporaneidade con maior incidencia no ámbito educativo.
- Presentar, analizar e valorar a evolución das estruturas familiares no decurso da contemporaneidade e seu impacto na educación.
- Achegar o ensino da historia ao alumnado de Educación Infantil
- Acadar e acreditar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
TEMA 1.- As ciencias sociais: un coñecemento en construción.
TEMA 2.- A diversidade cultural: un desafío para a democracia e para a educación.
TEMA 3.- Comprensión e aprendizaxe do espazo na educación infantil.
TEMA 4.- Os contidos sociais no currículo da educación infantil: a súa aprendizaxe e avaliación.
TEMA 5.- Evolución do pensamento e das formas de vida. Transformacións sociopolíticas: Os novos movementos sociais e o papel dos mozos.
TEMA 6.- Evolución do pensamento e das formas de vida. Transformacións sociopolíticas: Estado do Benestar, sociedade e educación.
TEMA 7.- Familias na Historia: transformacións contemporáneas e educación.
TEMA 8.- Historia e educación infantil.
Básica:
- Aranda, A. M. (2016). Didáctica de las Ciencias Sociales en Educación Infantil. Síntesis.
- Chacón, F. e Bestard, J. (Eds.) (2011). Familias. Historia de la sociedad española. Cátedra
- Rivero, M. P. (Coord.) (2011). Didáctica de las Ciencias Sociales para Educación Infantil. Mira.
Complementaria:
- Austin, R. (Comp.) (2009). Deja que el mundo exterior entre en el aula. Nuevas formas de enseñar y aprender más allá del aula de Educación Infantil. Morata.
- Avilés, J. e Sepúlveda, I. (2010). Historia del Mundo Actual. De la caída del Muro a la Gran Depresión. Síntesis/UNED.
- Besalú, X. (2002). Diversidad cultural y educación. Síntesis.
- Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. MECD/Morata.
- Della Porta, D. (2006). Social Movements. An Introduction. Blackwell.
- Egan, K. (1991). La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria. Morata.
- Feliu, M. e Jiménez, L. (Coords.) (2015). Ciencias sociales y educación infantil (3-6). Cuando despertó, el mundo estaba allí. Graó.
- Freixa, C., Saura, J. R. e Costa, C. (Eds.) (2002). Movimientos juveniles. De la globalización a la antiglobalización. Ariel.
- Heywood, C. (Ed.) (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Age of Empire. Berg.
- Hiner, N. R. e Hawes, J. M. (Eds.) (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Modern Age. Berg.
- Kertzer, D. I. e Barbagli, M. (Comps.) (2003). La vida familiar desde la Revolución Francesa hasta la Primera Guerra Mundial. Paidós.
- Kertzer, D. I. e Barbagli, M. (Comps.) (2004). La vida familiar en el siglo XX. Paidós.
- Miralles, P. e Izquierdo, T. (Eds.) (2014). Propuestas de innovación en Educación Infantil. Universidad de Murcia.
- Piaget, J. (2001). La representación del mundo en el niño. Morata.
- Turiel, E., Enesco, I. e Linaza, J. (Comps.) (1989). El mundo social en la mente infantil. Alianza.
Xerais:
G1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Específicas:
E33.- Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa, así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E37.- Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, os costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
E39.- Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostible.
E40.- Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
E41.- Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Básicas:
B1.- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5.- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4.- Competencia informacional.
As actividades presenciais en grupo expositivo (24 horas) están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.
De xeito análogo procederase nas actividades en grupo interactivo (24 horas) con respecto á discusión, debate, comentario de documentos e exposición de traballos, o que esixirá 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
Os alumnos/as serán atendidos en sesións de titoría (3 horas), individualmente ou en grupos moi reducidos, coa fin de orientar o seu traballo e aprendizaxe, o que esixirá 19 horas de traballo autónomo do alumnado.
A materia empregará as posibilidades do Campus Virtual da USC.
Esta materia e os seus docentes participan do proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso, os profesores desenvolverán en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, e tanto se son síncronas como asíncronas.
1) Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais: a asistencia a clase é obrigatoria. Para recibir cualificación neste apartado, o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións. O profesorado solicitará a preparación de exercicios para presentar oralmente nas sesións interactivas, que se concretarán oportunamente. Puntuación máxima deste apartado: 2,5 puntos.
2) Informes escritos e outras producións: os/as estudantes deberán realizar un traballo de carácter grupal, que entregarán na data que se indicará oportunamente. Puntuación máxima do traballo: 2,5 puntos.
3) Proba específica: ata 5,0 puntos da nota final. Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado. Toda a actividade que se desenvolva nas sesións presenciais da materia (máis os documentos achegados polo/a docente para o estudo non presencial por parte do alumnado), serán considerados de partida como contidos sometidos a avaliación na proba final da materia.
Con carácter xeral, nas primeiras sesións de clase do semestre o/a docente ofrecerá con detalle e concreción as orientacións necesarias respecto de cada un dos criterios e instrumentos de avaliación da materia.
A proba específica consistirá nun exercicio obxectivo “tipo test” de 50 preguntas de resposta pechada (4 alternativas de resposta en cada pregunta; só unha delas se dará por correcta). Superará a proba toda alumna ou alumno que acade un mínimo de 25 respostas validadas; cada dúas respostas incorrectas, resta unha das correctas; as preguntas sen responder non teñen efectos na puntuación. A valoración final da proba será o resultado da multiplicación do número de respostas validadas por 0,1 puntos. O alumnado que non acade un mínimo de 25 respostas validadas, e con independencia das cualificacións dos restantes apartados da avaliación, recibirá como nota final da materia a acadada nesta proba específica.
Para aprobar a materia na primeira oportunidade, cómpre superar os tres items de avaliación: exame, traballo de materia e participación e exposicións orais na aula
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precise acudir á oportunidade de xuño/xullo avaliarase de acordo coa seguinte casuística. 1) Alumnado que superou a proba específica, mais que suspendeu sexan as exposicións orais na aula ou o traballo de materia, debera superar un exame de 20 preguntas a partir dos materiais traballados nas aulas interactivas que oportunamente sinalarán os docentes da materia. Condicións para superar a proba: ter validadas 10 respostas. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen peso na puntuación. 2) Alumnado que suspendeu a proba específica e superou os outros items da avaliación: deberá superar unha proba específica de 50 preguntas tipo test coas mesmas condicións de avaliación da convocatoria de xaneiro. O resto das notas mantéñense para esta segunda oportunidade. 3) Alumnado que suspendeu tanto a proba específica como o traballo de materia e/ou o traballo na aula: exame de 70 preguntas, a partir dos materiais expostos nas aulas expositivas e daqueles das interactivas que o profesorado sinalará oportunamente. Condicións para superar a proba: ten validadas 35 respostas. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen influencia na puntuación. Cada resposta validada multiplica por 0,143. A nota mínima para superar a proba son 5 puntos.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde inicios do semestre, e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar da actividade ordinaria da materia, de cara á avaliación deberá facer unicamente a proba específica (a mesma que o alumnado habitual) e respéctanselle (por un ano) as cualificacións obtidas o curso anterior nos restantes apartados obxecto de avaliación. O alumnado de 3ª e posteriores convocatorias deberá falar co docente no mes de setembro para determinar cal será o seu plan de traballo e avaliación.
De calquera maneira, con carácter xeral o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co/coa docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso, a fin de acordar o plan de traballo específico que en cada caso se seguirá.
Para o caso do alumnado con dispensa de asistencia a clase recoñecida formalmente, o único exercicio que se lle considerará a efectos de avaliación nesta materia será unha proba específica na que se valorarán todos os contidos traballados na materia, tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. É unha proba semellante á do alumnado habitual, pero coas seguintes diferenzas: consta de 20 preguntas máis (70 en total), o umbral de respostas validadas para aprobar é 35, e a multiplicación de cada resposta validada será por 0,143 puntos. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As preguntas sen responder non teñen efecto na puntuación. O alumnado que non acada un mínimo de 35 respostas validadas, recibirá como nota final máxima un 4. En todo caso este alumnado deberá pasar a falar co/coa docente necesariamente na mesma semana na que solicita a dispensa, para concretar o seu plan de traballo na materia.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola CNL da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que os profesores poidan, xa que logo, avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo, seranlles valoradas no apartado de participación e presentación as súas intervencións en galego.
150 horas totais: 51 presenciais e 99 de traballo autónomo.
Actividades en grupo expositivo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
Actividades en grupo interactivo: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo
En función dos criterios de avaliación empregados, para superar a materia é imprescindible a realización do conxunto das actividades previstas, o que esixe un traballo continuado dende o comezo do curso e unha asistencia regular ás aulas.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Ramon Veiga Alonso
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982821031
- Correo electrónico
- xoseramon.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alba Diaz Geada
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982824722
- Correo electrónico
- alba.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Jorge Conde Miguelez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812120
- Correo electrónico
- j.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Virginia Mosteiro Cagide
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- virginia.mosteiro.cagide [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 23 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 23 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 24 |
09.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |