Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
-Comprender cal foi o papel e o sentido da lectoescritura ao longo da historia da humanidade.
-Coñecer os conceptos, os métodos e os procesos fundamentais vencellados á aprendizaxe da lectura e da escritura en Educación Infantil.
-Ter en conta as particularidades que supón aprender a ler e a escribir nun contexto plurilingüe.
-Posuír ferramentas para analizar recursos que estimulen a lectoescritura nas aulas de Educación Infantil.
-Saber aplicar e recoñecer estratexias de avaliación dos procesos lectoescritores.
-Formular, desde unha práctica reflexiva, tarefas motivadoras para por en práctica unha aprendizaxe lúdica e de mellora da lectura e da escritura.
1. O sentido da lectura e da escrita ao longo da historia
1.1. Características e funcións sociais da lingua escrita
1.2. Proceso histórico da formación da escrita e tipos de escrita
1.3. Ler e escribir en contextos plurilingües
2. O alumnado de Educación Infantil ante a lectura e a escrita
2.1. A presenza da lectoescritura no currículo de Educación Infantil
2.2. A comprensión e a producción de textos na idade infantil
3. Procesos de ensino e de aprendizaxe da lectoescritura
3.1. Os prerrequisitos madurativos para a aprendizaxe da lectoescritura
3.2. Métodos de ensino da lectura e da escritura
3.3. Desenvolvemento dunha didáctica da lectura e da escritura
3.4. A avaliación do proceso lectoescritor
4. Recursos e actividades para a aprendizaxe da lectura e da escritura
4.1. Animar a ler e escribir: un proceso continuado durante a etapa escolar
4.2. A importancia da biblioteca escolar para aproximarse e gozar do texto escrito
4.3. Recursos vencellados co ámbito do libro infantil
4.4. Actividades para o fomento da lectoescritura
BÁSICA
Fons, M. (2006). Leer y escribir para vivir. Graó.
Lebrero, M e Fernández, D. (2015). Lectoescritura: fundamentos y estrategias didácticas. Síntesis.
Petit, M. (2019). Ler o mundo. Kalandraka.
COMPLEMENTARIA:
Badía, D., Vilá M. (2009). Juegos de expresión oral y escrita. Graò.
Bigas, M., Correig, M. (coord.) (2001). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Síntesis.
Camps, A. (2003). Secuencias didácticas para aprender a escribir. Graó.
Coto, B. (2002). La escritura creativa en las aulas. En torno a los talleres literarios. Graó.
Díez de Ulzurrun, A. (1999). El aprendizaje de la lectoescritura desde una perspectiva constructivista. Vol. I. Graó.
Equipo Peonza (2001). El rumor de la lectura. Anaya.
Ferreiro, E. (1999). Cultura escrita y educación. Fondo de Cultura Económica.
Ferreiro, E. (2002). Pasado y presente de los verbos leer y escribir. México: Fondo de Cultura Económica.
Fons, M., Palou, J. (coords). (2016) Didáctica de la lengua y la literatura en educación infantil. Síntesis.
Galera, F. (2001). Aspectos didácticos de la lectoescritura. Grupo Editorial Universitario.
Guzmán, F. (2015). Escritura y lectura en educación infantil: conceptos, secuencias didácticas y evaluación. Pirámide.
Lebrero, M e Fernández, D. (2015). Lectoescritura: fundamentos y estrategias didácticas. Síntesis.
Martín, R. (2015). Recursos didácticos en lengua y literatura. Síntesis
Owens, R. (2001). Desarrollo del lenguaje. Pearson.
Petit, M. (2001). Lecturas: del espacio íntimo al espacio público. Fondo de Cultura Económica.
Rodari, G. (2010). Gramática da fantasía. Kalandraka.
Solé, I. (2008). Estrategias de lectura. Graó.
Vallejo, I. (2021). O infinito nun xunco. Xerais.
Algúns enlaces de interese:
Álabe. Revista de Investigación sobre lectura e escritura
http://revistaalabe.com/index/alabe
Didáctica. Lengua y Literatura
https://revistas.ucm.es/index.php/DIDA
Journal for the Study of Education and Development (contén habitualmente artigos sobre lectoescritura)
https://www.tandfonline.com/loi/riya20
Lenguaje y Textos (Revista da Sociedade Española de Didáctica da Lingua e da Literatura)
https://polipapers.upv.es/index.php/lyt
XERAIS (G1, G2, G6, G9, G11)
G1. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva global e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotriz e volitiva.
G6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posíbeis disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos de plurilingüísmo y pluriculturalismo. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G11. Reflexionar sobre as prácticas das aulas para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelas nos alumnos e alumnas.
ESPECÍFICAS (E42, E43, E44, E.45, E 46, E47, E49, E50)
E42. Coñecer o currículo de lingua e de lectura e escritura desta etapa, así como alguna(s) teoría(s) sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E43. Favorecer as capacidades de fala e de escritura.
E.44. Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E.45. Coñecer a tradición oral e o folclore.
E46. Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
E47. Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
E.49. Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
E50. Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
BÁSICAS (B2, B3, B5)
B.2. Que os alumnos e alumnas saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que as estudantes e os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
TRANSVERSAIS (T2, T3, T4)
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Competencia informacional.
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos e conceptos básicos da disciplina atendendo ás posíbeis dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da docente e será implementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, tras a presentación e estudo de textos varios, de modo que se desenvolva a participación activa do estudantado e do grupo. Así, procúrase tanto favorecer o desenvolvemento de competencias varias como acadar o dominio do discurso expositivo e argumentativo, o pensamento crítico, a análise e a confrontación e respecto por opinións alleas, e as competencias xa sinaladas para a materia.
No traballo persoal do alumnado vai prestarse especial atención á lectura, comentario, e debate de documentos e textos, así como á exposición e defensa dos seus estudos e traballos a fin de potenciar a competencia expositiva oral á vez que a aprendizaxe autónoma e, por suposto, a valoración do traballo cooperativo.
O estudantado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal. Non se admitirá a entrega de ningún estudo ou traballo que non fose orientado e dirixido pola profesora. Será fundamental que a presentación do traballo responda aos parámetros e esixencias dun estudo universitario ou traballo de investigación. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
O emprego da aula virtual da materia será habitual, dado que a docente facilitará ao alumnado textos que se consideran básicos para a materia, así coma outros recursos que faciliten a aprendizaxe.
A materia prevé unha saída de campo, se é posible en conxunción con outras materias impartidas no mesmo semestre.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
- Peso na cualificación: 5%
- Instrumentos de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas.
- Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e boa disposición e a participación e colaboración na actividade realizada na aula. Será preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións interactivas. O alumnado que teña 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado
B. PROBAS ESPECÍFICAS
- Peso na cualificación: 50%
- Instrumento de avaliación: exame escrito.
- Orientacións para a avaliación: será obriga para todo o alumnado matriculado realizar un exame final na data fixada pola secretaría da Facultade. A súa cualificación suporá ata un 50% da cualificación final da materia.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumentos de avaliación: un traballo grupal final (30% da cualificación) e 2 prácticas avaliables tamén grupais (5% da cualificación cada unha).
-Orientacións para a avaliación: é recomendable ser bo lector e ter capacidade crítica. Esixirase unha correcta redacción e ortografía, condicións indispensables para superar a materia.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
- Peso na cualificación: 5%
- Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos e estudos.
- Orientacións para a avaliación: esixirase competencia expositiva e calidade discursiva. O alumnado deberá respectar o tempo e duración na exposición e defensa dos estudos.
2. AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN OU DISPENSA CONCEDIDA OFICIALMENTE POLA XUNTA DE FACULTADE. Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación que se lle aplicará. O sistema de avaliación será o mesmo en ambos os dous casos: valorarase cun 50% a proba específica final e realizarase un informe escrito tamén final que contará o outro 50%. O traballo será debidamente supervisado polos profesores da materia.
3. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO). Os/as estudantes que non superen a materia no mes de xaneiro teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán dous:
A. Presentación de traballos e prácticas realizadas ao longo do curso.
B. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
Á parte das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1.- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2.-A participación activa nas clases e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais e a distancia.
3. -A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de casos prácticos.
4.- A calidade dos traballos que, xa aparte dunha correcta organización e presentación textual, deberán aterse na súa entrega aos prazos sinalados.
5.- A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas, a coherencia cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
6.- O coñecemento e dominio da teoría e métodos da materia e a capacidade para estabelecer relación e incorporar e integrar o coñecemento de outras materias cursadas no grao.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". En ningún caso se permitirá o plaxio; de ser detectado en calquera traballo, exame ou outro documento entregado, este será avaliado directamente cun 0 (nunha escala do 0 a 10).
a)Actividades en sesións expositivas: presenciais, 24 horas; de traballo autónomo, 35 horas.
b)Actividades en sesións interactivas: presenciais, 24 horas; de traballo autónomo, 45 horas.
c)Actividades en pequeno grupo ou individuais: presenciais, 3 horas; de traballo autónomo, 19 horas
Total: actividades presenciais, 51 horas; actividades de traballo autónomo, 99 horas.
Aconséllase:
- A asistencia ás clases e titorías, xa sexan estas virtuais ou/e presenciais, e cumprimento do ritmo de traballo programado acorde coa avaliación continua.
- As orientacións da profesora canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito .
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
- O alumnado con exención ou dispensa de asistencia ás clases, concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación coa profesora así como asistir ás titorías. A profesora poderá estabelecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do alumno, mais sempre que se respecten e se garanten para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades.
LINGUA
Esta materia impártese en lingua galega e aléntase a que os traballos realizados polo alum-nado utilicen este idioma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… cado_WEB_USC.pdf
COMUNICACIÓN
O alumnado empregará necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-dato
Monserrat Pena Presas
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- montserrat.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Zosimo Lopez Pena
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- zosimo.lopez.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (A - Fe) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 (A - Fe) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (Fi - Mor) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (Fi - Mor) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 - Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 (Mos - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 - Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 (Mos - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
15.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
20.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |