Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 47.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 4 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Medicina Legal e Forense
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a historia, fundamentación e metodoloxía desta ética aplicada.
- Detectar os aspectos éticos inherentes á profesión.
- Resolver de forma argumentada os conflitos éticos que aparezan na práctica profesional.
- Saber qué son os Comités de Ética, qué tipos existen e cómo funcionan.
- Saber cómo acceder á información en Bioética.
PRIMEIRA PARTE: BIOÉTICA XERAL
Unidade I. INTRODUCIÓN Á BIOÉTICA
Unidade II. FUNDAMENTACIÓN E MÉTODO DA BIOÉTICA
Unidade III. ÉTICA, DEREITO E DEONTOLOXÍA PROFESIONAL
SEGUNDA PARTE: BIOÉTICA CLÍNICA
Unidade IV. ÉTICA DA RELACIÓN CLÍNICA
Unidade V. A CONFIDENCIALIDADE E O SEGREDO PROFESIONAL
Unidade VI. O CONSENTIMENTO INFORMADO
Unidade VII. CONTROL DA NATALIDADE, REPRODUCIÓN E SEXUALIDADE
Unidade VIII. XENÉTICA E BIOÉTICA
Unidade IX. PROBLEMAS ÉTICOS DO FINAL DA VIDA
Unidade X. OS TRANSPLANTES DE ÓRGANOS
Unidade XI. A INVESTIGACIÓN CON SERES HUMANOS E CON ANIMAIS
Unidade XII. A DISTRIBUCIÓN DE RECURSOS SANITARIOS ESCASOS
Unidade XIII. ÉTICA E PROFESIÓN
- POTTER, V.R. Bioethics: bridge to the future. Prentice Hall. Nueva Jersey. 1971.
- ABEL, F. Bioética: origenes, presente y futuro. Mapfre. Madrid. 2001.
- BEAUCHAMP, T.L., CHILDRESS J.F. Principios de ética biomédica. Mason. Barcelona. 1999
- COUCEIRO, A. Bioética para clínicos. Triacastela. Madrid. 1999
- ENGELHARDT, H.T. Los fundamentos de la bioética. Paidós. Barcelona. 1995
- FERRER, JJ. ALVAREZ, JC. Para fundamentar la Bioética. Desclée de Brouwer. Bilbao. 2003
- GRACIA D. Fundamentos de Bioética. Triacastela. Madrid. 2007.
- GRACIA, D. Como arqueros al blanco. Triacastela. Madrid. 2004
- JONSEN, A.R., SIEGLER, M., WINSLADE, W.J. Clinical Ethics. McGraw-Hill. N. York. 1992.
- JOHNSON, A.G. Pathways in Medical Ethics. Edward Arnold. London. 1990.
- BERMEJO F, SANJUANBENITO L. Ética y atención primaria. Agencia Laín Entralgo, Madrid. 2006
- GRACIA D, JÚDEZ J. Ética en la práctica clínica. Triacastela, Madrid 2004
- SÁNCHEZ CARAZO C. La Intimidad y el Secreto médico. Diaz de Santos, Madrid. 2000
- GÓMEZ RUBÍ JA. Ética en Medicina crítica. Triacastela, Madrid. 2002
- COUCEIRO A. Ética en cuidados paliativos. Triacastela, Madrid. 2004
- SÁNCHEZ GONZÁLEZ MA. Bioética en Ciencias de la Salud, Elsevier Masson, Barcelona. 2013
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
- Recoñecer os elementos esenciais da profesión médica, incluíndo os principios éticos, as responsabilidades legais e o exercicio profesional centrado no paciente.
- Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
- Saber aplicar o principio de xustiza social á práctica profesional e comprender as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
- Desenvolver a práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, as súas crenzas e cultura, dentro dos principios éticos e legais.
- Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
- Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
- Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente acerca dos problemas que afectan ao enfermo e comprender o contido desta información.
- Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
- Establecer unha boa comunicación interpersoal que capacite para dirixirse con eficiencia e empatía aos pacientes, aos familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
- Manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
- Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
- Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
- Coñecer os fundamentos legais do exercicio da profesión médica.
- Consentimento informado.
- Confidencialidade.
- Coñecer os fundamentos da ética médica.
- Bioética.
- Resolver conflitos éticos.
- Aplicar os valores profesionais de excelencia, altruísmo, sentido do deber, responsabilidade, integridade e honestidade ao exercicio da profesión.
- Recoñecer a necesidade de manter a competencia profesional.
- Saber abordar a práctica profesional respectando a autonomía do paciente, as súas crenzas e cultura.
As clases expositivas consistirán na explicación, por parte do profesor, e axudándose da lousa e dos medios audiovisuais o telemáticos que considere oportunos, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
Os seminarios poderán ser obxecto de exposición polo alumnado de diversos temas, baixo a supervisión dos profesores. Neles incentivarase a participación e a discusión dos alumnos.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas...) serán orientadas polo profesorado nas sesións de tutoría.
A cualificación de cada alumno farase da seguinte forma:
- Proba obxectiva final: Suporá o 90% da nota final. Incluirá preguntas das clases expositivas e dos seminarios.
- Avaliación continua: Suporá o 10% da nota final. Poderase valorar mediante a participación activa en clase, nos seminarios e noutras actividades propostas e/ou con preguntas incluidas na proba final.
Para superar a materia requírese alcanzar o 50% da nota do exame test e acadar unha nota total de 5 sobre 10.
Os alumnos/as que non realizaran a avaliación continua pódense presentar igualmente ao exame final, pero precisan obter un 5 sobre 9 no exame test para aprobar e a nota máxima que poden acadar é de un 9.
No caso de que o alumno non realice a proba final, a cualificación do mesmo será de NON PRESENTADO.
Poderase realizar uhna proba adicional para outorgar a calificación de Matricula de Honra.
No caso de exención de docencia, a avaliación continua obterase pola asistencia, participación e realización de actividades dos seminarios, eximindo da asistencia e participación en clases expositivas.
ACTIVIDADES FORMATIVAS CO SEU CONTIDO EN HORAS DO ALUMNO
Actividade Horas
Clases Expositivas 18
Interactivas-Seminarios 4
Tutoría en grupos reducidos 1,5
Exame 2
Participación activa nas clases e os seminarios, así como na discusión dos casos.
Lecturas amplas sobre os temas do programa, na bibliografía recomendada e en procuras realizadas polo propio alumno.
Aínda que non existe prerrequisito legal para cursar esta materia é aconsellable ser capaz de ler textos en inglés, así como manexar, a nivel de usuario básico, un computador.
Maria Victoria Lareu Huidobro
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Teléfono
- 881812230
- Correo electrónico
- mvictoria.lareu [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Angel Maria Carracedo Alvarez
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Teléfono
- 881812215
- Correo electrónico
- angel.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Sol Rodriguez Calvo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Teléfono
- 881812398
- Correo electrónico
- msol.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Salas Ellacuriaga
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Teléfono
- 881812230
- Correo electrónico
- antonio.salas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Jesús Tabernero Duque
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Teléfono
- 881812451
- Correo electrónico
- mj.tabernero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Martes | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Mércores | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Xoves | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Venres | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
26.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
26.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
26.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
26.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |