Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Conceptuais (saber):
Comprender o obxecto e finalidades da educación.
Comprender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento.
Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensino aprendizaxe aplicando ese coñecemento no avance da práctica docente.
Coñecer as principais teorías sobre o proceso de ensino aprendizaxe nos contornos educativos para establecer as correlacións e diferenzas entre os distintos modelos de ensino.
Procedementais (saber facer):
Manexar e empregar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
Utilizar os coñecementos adquiridos coa materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensino aprendizaxe e adquirir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.
Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua castelá, por formar parte a materia do Proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Actitudinais (saber ser):
Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte aos problemas psicoeducativos.
Desenvolver hábitos de traballo que fomenten a participación e a observación, que produzan a necesidade de ter que estar nunha actualización permanente dos coñecementos e coa perspectiva da constante innovación na docencia.
Adoptar unha disposición favorable de fronte ao traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e promover valores de respeto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conduta profesional posterior.
O programa desenvólvese ao longo de catro bloques temáticos e sete temas:
Bloque I: Introdución á Psicoloxía da Educación.
TEMA 1. Obxecto de estudo, contidos e a súa relación coa profesión docente.
Bloque II: Modelos e Teorías en Psicoloxía da Educación.
TEMA 2. Modelos de aprendizaxe conductual e cognitivo social.
TEMA 3. Constructivismo e aprendizaxe.
TEMA 4. Teoría sociocultural.
Bloque III: factores e procesos psicolóxicos implicados na aprendizaxe do alumnado de Educación Primaria.
TEMA 5. Variables cognitivas: intelixencia, atención, memoria, estilos de aprendizaxe e creatividade.
TEMA 6. Variables afectivas: motivación, autoconcepto e autoestima.
Bloque IV: Contexto escolar e educación.
TEMA 7: As interaccións no proceso de ensino-aprendizaxe.
Básica
Losada-Puente, L. y Fiuza Asorey, M. J. (2022). Recursos formativos en Psicología de la Educación. Pirámide.
Complementaria dispoñible en libro electrónico:
Coll, C., Palacios, J.y Marchesi, A.(compiladores) (2014). Desarrollo psicológico y educación 2. Psicología de la educación escolar (2.ª edición). Alianza Editorial.
Palacios, J., Marchesi, Á. y Coll, C. (2004). Desarrollo psicológico y educación, vol. 1 Psicología Evolutiva. Alianza.
Prados, m. C., Sánchez, V., Sánchez-Queija, I., Del Rey, R., Pertegal, M. A., Reina, M. C., Ridao, P., Ortega, F. J. y Mora, J. A. (2019). Manual de psicología de la educación. Para docentes de Educación Infantil y Primaria. Pirámide.
Romera E. M. y Ortega-Ruíz, R. (coords.) (2018). Psicología de la educación infantil. Graó.
Complementaria dispoñible en papel:
Cerdán y L. Salmerón, L. (coords.) (2018). Claves para la práctica de la psicología educativa. Paraninfo.
González-Pienda, J. A., González Cabanach, R., Núñez, J. C. y Valle, A. (coords.) (2002). Manual de Psicología de la Educación. Pirámide.
Navarro, J. I. y Martín, C. (coords.) (2017), Psicología de la Educación para docentes. Pirámide.
Palacios, J., Marchesi, Á. y Coll, C. (2004). Desarrollo psicológico y educación, vol. 1 Psicología Evolutiva. Alianza.
Rodríguez, S. (coord.) (2015). Psicología de la Educación. Grado en Educación Infantil y Primaria. Pirámide.
Trianes, M. V. y Gallardo, J. A. (coords.) (2006). Psicología de la Educación y del Desarrollo en contextos escolares. Pirámide.
Santtrock, J. W. (2006). Psicología de la Educación (2ª edición). McGrawHill.
Woolfolk, A. (2010). Psicología educativa (11a. edición). Aprendizaje, enseñanza y psicología educativa. Prentice Hall.
Xerais:
G2- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino-aprendizaxe tanto individualmente como con outros docentes e profesionais do centro.
G4- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan ás diferenzas de xénero e o respecto aos dereitos humanos que conforme os valores da formación cidadá.
G10- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G11- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e a comunicación: Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e a riqueza cultural.
Específicas:
E1- Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
E5- Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias.
E6- Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afecten a estudantes con distintas capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
Básicas:
B2- Que os estudantes saiban aplicar coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e difusión de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
B4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T1- Coñecemento instrumental dunha lingua estranxeira.
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3- Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación.
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As sesións expositivas en gran grupo inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, clarificar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques, todo iso coa finalidade de achegar as bases teóricas necesarias para outro tipo de traballos posteriores da materia, tanto teóricos como prácticos. Empregaranse materiais de apoio didáctico para facilitar o seguimento e comprensión do contido por parte do alumnado (presentacións de power point, material audiovisual, recursos en rede…).
As sesións en grupo mediano (grupo interactivo) tratan profundar nos aspectos concretos das sesións expositivas, segundo proceda en cada un dos temas para tratar, mediante a lectura e comentario de documentos, o establecemento de relacións conceptuais, o propiciar a transferencia da teoría á práctica, a elaboración e presentación de informes, a elaboración de mapas conceptuais, a formulación de dúbidas, o estudo de casos, os vídeos, a planificación de traballos e actividades prácticas, os debates e a exposición de traballos individuais ou de grupo. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentado ao alumnado nas correspondentes sesións de clase. Todas estas actividades estarán encamiñadas a desenvolver o traballo independente e de carácter crítico, as actividades de carácter grupal e a toma de decisións, a procura e o manexo da información.
Nas sesións de grupo pequeno (grupo de titorías) trátase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas, tanto a nivel individual como de grupo, e o seguimento no proceso de elaboración dos traballos.
As sesións de titoría ordinarias dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada alumno/a. Na aula da materia do Campus Virtual poderanse levar a cabo titorías sobre contidos da materia, realización de traballos e, en xeral, consultas sobre calquera aspecto do desenvolvemento da materia, para o que se habilitará un foro específico. As consultas de carácter máis persoal serán, fundamentalmente de carácter presencial, aínda que poderán realizarse parcialmente de forma virtual solicitando cita, en ambos os casos, a través do email para evitar esperas innecesarias e coordinar horarios.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de castelán. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua castelá a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa banda, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
O sistema de avaliación será a avaliación continua formativa como único criterio de avaliación e que consta dos seguintes elementos:
a) 50% Probas específicas de avaliación continua de contidos.
Realizaranse 3 probas de avaliación continua dos contidos da materia que poderán ser probas obxectivas de elección múltiple, preguntas curtas ou de ensaio, a acordar co alumnado. A cualificación para superar esta parte da materia ha de ser polo menos de 2,5 puntos sobre 5. En caso de non conseguir a puntuación mínima de 2,5 puntos sobre 5, deberá acudir á 2ª oportunidade e manteránselle as cualificacións do apartado b.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase poderá realizar do mesmo xeito que o resto do alumnado as probas de avaliación continua, entregará os mesmos traballos nas mesmas datas e estará sometido ás mesmas condicións de avaliación. En caso de non ser posible a realización das probas de avaliación continua, o alumnado con dispensa de asistencia a clase, o que non cumpra os requisitos de asistencia (asistencia a un mínimo do 80% das sesións) ou aqueles con a materia pendente de cursos anteriores que non sexan presenciais este curso, deberán realizar unha proba global que avaliará tanto os coñecementos teórico-conceptuais como práctico aplicados. A 2ª oportunidade rexerase por estes mesmos criterios.
b) 40% valoracións de informes escritos, individuais e grupais, presentacións orais e outras actividades realizadas nos seminarios de grupo interactivo.
O alumnado deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. Nas sesións interactivas o alumnado desenvolverá unha serie de actividades prácticas en relación cos temas do programa. Estes traballos realizaranse en grupos e tamén de forma individual. Todas as actividades son de carácter obrigatorio e han de ser incorporadas á aula virtual na data previamente establecida, non admitíndose traballos entregados fóra de prazo, salvo circunstancia excepcional debidamente xustificada. A docente da materia dará as instrucións sobre a forma, contidos e prazos. No caso de non superar na 1ª oportunidade esta parte da materia (para o que se necesita obter polo menos 2 puntos), na 2ª oportunidade o alumnado entregará na aula virtual, na data que se determine para a realización do exame global, aquela tarefa ou tarefas que necesitan ser melloradas.
c) 10% Participación e implicación: Ao ser a USC unha universidade presencial o alumnado ten a obrigación de asistir a todas as sesións de clase presenciais, polo que non se valorará a mera presencialidad senón que se terá en conta a participación construtiva e a implicación activa na materia, o que poderá supoñer ata 1 punto na cualificación final. Devandito punto inclúe, así mesmo, as presentacións orais dos traballos realizados durante as clases interactivas. Tamén se terá en conta a actitude colaboradora e respectuosa cara aos compañeiros e compañeiras de aula, do mesmo xeito que cara á docente. É fundamental respectar as quendas de palabra e gardar silencio cando sexa preceptivo. O uso do teléfono móbil na aula está restrinxido ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente; en consecuencia, a utilización indebida do mesmo afectará a esta parte da avaliación. A realización de tarefas ou actividades non relacionadas coa materia ou correspondentes a outras materias durante a sesión presencial supoñerá a perda da puntuación do apartado c (participación e implicación).
É importante ter presente que:
- Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas e superar os apartados a e b.
- A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada (se as houbese).
- Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de castelán), as e os estudantes normalmente presentarán en castelán tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en castelán.
Nº de horas presenciais Actividades de traballo autónomo
Actividades en gran grupo 24 35
Actividades en grupo mediano 24 45
Actividades en grupo pequeno 3 19
Total 51 99
Total horas (25h/cr x nº créd) 150
Recoméndase que o alumnado dispoña de computador persoal e conexión á rede. Se isto non é posible, pódense utilizar as infraestruturas que ofrece o centro (aula de informática, usuarios, conexión WIFI).
É importante que o alumnado se implique activamente desde o principio na dinámica da materia, realizando unha abordaxe comprensiva e significativa para lograr superala con éxito.
Finalmente, considérase necesaria a participación de todos os alumnos/ as no programa da USC de Formación en Competencia Informacional e nas sesións formativas en competencias transversais que se desenvolven na Facultade de Formación do Profesorado, programas que oportunamente se publicitarán para coñecemento de todo o alumnado.
A USC é unha Universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
O alumnado con algún tipo de diversidade funcional que lle impida o seguimento ordinario das clases e que requira accións específicas para un bo aproveitamento, deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Integración Universitaria ( SEPIU) para que informe de cales son as condicións e as medidas que se teñen que adoptar.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Jose Fiuza Asorey
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821065
- Correo electrónico
- maria.fiuza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 27 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 27 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 27 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula 21 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 23 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática |