Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia de Didáctica da Educación Física está dirixida á adquisición, por parte do alumnado, de estratexias de intervención no ámbito da Educación Física escolar.
O obxectivo principal é dotar ao alumnado dos coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para poder observar, intervir e reflexionar sobre os contextos e os procesos de ensino e aprendizaxe nas clases de Educación Física en Educación Primaria
Para acadar este obxectivo xeral e desenvolver as competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia, propóñense os seguintes obxectivos específicos:
Obxectivos referidos ao saber.
1. Coñecer e comprender o concepto actual da Educación Física, a súa construción histórica e o seu valor educativo.
2. Coñecer o deseño curricular na Educación Física. Os seus elementos. A súa utilización e a súa aplicación na escola.
3. Entender as competencias chave e a súa implicación para o aprendizaxe para toda a vida.
4. Coñecer os métodos didácticos en Educación Física mediante a organización e estructuración de unidades e programacións didácticas de Educación Física.
5. Coñecer e aprender a deseñar e organizar unha programación didáctica na área de Educación Física.
6. Adquirir coñecementos teórico-prácticos relativos ás capacidades perceptivos-motrices, das habilidades e destrezas, da expresión e comunicación corporal, do xogo e actividades deportivas, da saúde corporal e das capacidades físicas.
Obxectivos referidos ao saber facer.
1. Analizar o currículo da área de Educación Física, adoptando unha actitude reflexiva e crítica da orientación que se lle da a esta materia no contexto educativo.
2. Elaborar propostas curriculares e levalas á práctica, mostrando alternativas coherentes cunha perspectiva educativa da Educación Física. Reflexionar sobre a práctica realizada, analizando as diferentes propostas e propor novas alternativas
3. Aplicar satisfactoriamente os métodos didácticos en Educación Física mediante a organización e estruturación de unidades e programacións didácticas de Educación Física.
4. Deseñar métodos concretos e obxectivos de avaliación educativa no ámbito da Educación Física.
5. Desenvolver condutas de observación-experimentación que axuden a avaliar e comprender as condutas motrices do alumnado
Obxectivos ao saber ser
1. Valorar o concepto actual da Educación Física, a súa contrución histórica e o seu valor educativo.
2. Recoñecer o valor educativo da Educación Física como elemento para o desenvolvemento harmónico dos nenos e nenas desta etapa educativa
3. Valorar a importancia da Educación Física como medio para promover estilos de vida saudable para o desenvolvemento da saúde física e emocional dos nenos e as nenas.
4. Estimular o respecto e a pluralidade, favorecendo unha actitude tolerante ante as diferenzas individuais
BLOQUE I: Teoría e historia da Educación Física.
BLOQUE II: O alumnado e as súas características no ámbito curricular da Educación Física
BLOQUE III: Planificación do ensino en Educación física en Educación Primaria.
BLOQUE IV: Metodoloxía para o proceso de ensino-aprendizaxe en Educación Física en Educación Primaria
BLOQUE V: A Avaliación no proceso de ensino-aprendizaxe en Educación Física en Educación Primaria
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Blázquez, D. (2017). Cómo Evaluar bien en Educación Físca. Barcelona: Inde.
Contreras, O. (1998). Didáctica de la Educación Física. Un enfoque constructivista. Barcelona: INDE.
Sánchez-Bañuelos, F. (2002). Didáctica de la Educación Física (en primaria). Madrid: Prentice Hall.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alonso, P. (1994). La Educación Física y su didáctica. Madrid: ICCE.
Annicchiarico, R. (2005). Manual de didáctica de la Educación Física. Santiago de Compostela: CopyNino.
Blández, J. (1995). La utilización del material y del espacio en Educación Física. Propuestas y recursos didácticos. Barcelona: INDE.
Blázquez, D. (1995). La iniciación deportiva y el deporte escolar. Barcelona: INDE.
Blázquez, D. (1990). Evaluar la Educación Física. Barcelona: INDE.
Carreiro Da Costa, F. (1996). Condiçoes e factores de ensino-aprendizagem e conducta motoras significtivas: uma análise a partir da investigaçao realizada em Portugal, Sociedade Portuguesa. Boletin de Educaçao Física, nº14.
Castañer, M., & Camerino, O. (1983). La conciencia corporal. En VV.AA., Fundamentos de la Educación Física para Enseñanza Primaria. Barcelona: Inde.
Castañer, M., & Camerino, O. (1996). La Educación Física en la Enseñanza Primaria. Barcelona: INDE.
Cecchini, J. (1993). Historia de la Educación Física. Oviedo: Gráficas Fonseca.
Coll, C. (1989). Diseño Curricular Base y Proyectos Curriculares. Cuadernos de Pegagogía nº 168 , 8-14.
Chinchilla, J. & Zagalaz, M.L. (1997). Educación Física y su Didáctica en Primaria. Jaén: Jabalcuz.
Contreras, O. (2000). Hacia una Educación Física que tenga en cuenta la diversidad. En E. y. RIVERA, Educación Física ante los retos del nuevo milenio (págs. 13-22). Granada: Adhara.
Contreras, O. (2009). Intervención intercultural desde la Educación Física. En VV.AA., La Educación Física en la sociedad actual (pp. 91-113)
DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia . Diario Oficial de Galicia, 183, pp 49595-50009.
Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.. Boletín Oficial do Estado, 340, pp 122868-122953.
Real Decreto 157/2022, de 1 de marzo, por el que se establecen la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Primaria.. Boletín Oficial do Estado, 52, pp 24386-24504
Competencias xerais
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e o respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia no aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
Competencias específicas
E58. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende a Educación Física.
E59. Coñecer o currículo escolar da Educación Física.
E60. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
E61. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias básicas
B.1.Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3.Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional
Tendo en conta as características da materia é necesario desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso combinaranse as sesións expositivas, de carácter mais teórico, con sesións de laboratorio centradas na aplicación práctica dos coñecementos. As actividades iniciais estarán orientadas a obter información que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes significativas. A metodoloxía docente empregada nas actividades formativas porá mais énfase no aprendizaxe autónomo e significativo do alumno, sen esquecerse que a aprendizaxe é un proceso dependente do ensino. A metodoloxía será activa, colaborativa e participativa axudando ao estudante a recompilar e organizar a información, a formar e construír conceptos, a construír e verificar hipóteses partindo das súas indagacións, a expresar os seus coñecementos e transferir os conceptos dun contexto a outro. En definitiva, estáselle ensinando de xeito activo, colaborativo e participativo a "aprender a aprender".
Tanto a metodoloxía como todas as actividades enunciadas están, en maior ou menor medida, relacionadas con todas as competencias enunciadas. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
Hay que ter en conta que debido á natureza da materia, poderanse realizar saídas de campo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados polo profesorado tanto a través da guía docente e materiais en formato impreso como a través da plataforma virtual da USC.
Con carácter xeral a avaliación queda como segue:
1. Avaliación continua (25%) da nota final da materia: Esta estará composta pola asistencia ás sesións que se leven a cabo de xeito presencial (15%)(como mínimo o 80% para poder puntuar no resto das partes da avaliación deste apartado); Actividades relacionadas cas clases expositivas e interactivas da materia e/ou participación en foros ou outras tarefas que que sexan plantexados (10%))
2. Probas específicas: 40% do total da nota. Exame final na data indicada. Estas probas específicas poderán ser sustituidas por probas puntuais (Unha ou varias) ao longo do semestre, a libre elección do alunado e ponderará na nota final da materia o 40%. Se o alumnado decide optar por estas probas puntuáis e non alcanza o mínimo, no poderá acudir á proba específica final. Estas probas específicas seguindo a memoria do título poderán ser: Escritas de ensaio-desenvolvemento, de resposta curta, obxectivas (test), realización de prácticas ou exercicios concretos, de tarefas reáis ou simuladas, de resolución de problemas.
3. Informes escritos e outras produccións: 25 % do total da nota. Traballo grupal final e actividades. que se propoñan na aula (Poderá haber un traballo coordinado coas materias do segundo curso que se imparten no mesmo semestre). Se no transcurso da materia, un grupo non puidera continuar coa súa constitución inicial, unha vez superado (aprobado) este traballo, a nota máxima para os seus integrantes será de un 5 coma máximo, independentemente da nota acadada
4. Presentacións orais:10% do total da nota. Presentacións orais dos traballos realizados. Se a configuración do grupo se vise alterada, ao igual que no punto 3, una vez superada esta exposición, a nota máxima será de un 5.
Condicións para superar a materia: Coma norma xeral, o alumnado debe acadar a metade da puntuación máxima en cada apartado para superar a materia e todas as partes deben ser aprobadas
A. ASISTENCIA: Como mínimo o alumno/a debe asistir ao 80% das sesións interactivas/laboratorio para poder puntuar neste apartado. Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante deberá implicarse activamente nas sesións.
B. PUNTUACIÓN MINIMA EN EXAME/PROBAS ESPECÍFICAS PUNTUÁIS : Para superar a materia, o alumno/a debe obter un mínimo da metade da cualificación máxima no exame final/probas espefíficas puntuais. É dicir, o exame ou proba/s específica/s valoraranse sobre 10, de tal xeito que sacar un 10 no exame ou proba específica/s pntual/is, significa ter un 4 na nota final da materia, polo que para superar a materia, todo o alumnado debe alcanzar un 5 no exame ou na probas/s específica/s puntaul/es para que poida sumar coas demais cualificacións (Participación no aula, Informes escritos e outras producións e presentacións orais).
C. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos, nin outras producións nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia sen puntuar nos apartados anteriores. Polo tanto debe acadar unha puntuación de 10 para poder superar a materia.
D. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na oportunidade extraordinaria de xullo:
a. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ao exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
c. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na oportunidade de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.
Alumnado de 2ª oportunidade e posteriores: a/o estudante deberá pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia
Alumnado con dispensa de asistencia a clase (segundo a normativa da USC): estes alumnos ou alumnas deberán informar da súa situación ao docente correspondente na mesma semana en que soliciten a dispensa, a fin de concretar de inmediato o seu plan de traballo e a avaliación na materia para adaptalos ás súas particulares circunstancias. A asistencia de obrigado cumprimento será a exposición da sesión práctica cos compañeiros e a exposición da sesión práctica con escolares (sen a asistencia a estas dúas sesións. o alunado con dispensa de asistencia non terá dereito a avaliación). No exame escrito da mataria haberá unha parte de preguntas relacionadas coas sesións interactivas que este alumnado (dispensa de asistencia) deberá contestar como avaliación alternativa.
Alumnado con diversidade funcional: calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC (Servizo de Participación e Integración Universitaria (SPIU) da USC) a estes efectos se debe informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar na maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas
IMPORTANTE:
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións".
TEMPO DE ESTUDO PARA AS ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
* Actividades en gran grupo: 25 horas
* Actividades en grupo mediano: 25 horas
* Actividades en pequeno grupo ou individuais: 10 horas
TOTAL HORAS: 60
- TEMPO DE ESTUDO DE TRABALLO PERSOAL:
* Actividades en gran grupo: 30 horas
* Actividades en grupo mediano: 50 horas
* Actividades en pequeno grupo ou individuais: 10 horas
TOTAL HORAS: 90
1. A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
2. É recomendable dispor de computador con conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
3. Mostrar unha actitude activa e participativa nas sesións de ensino-aprendizaxe da materia.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de <facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clase.
O alumnado que necesite algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
Ruben Navarro Paton
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821033
- Correo electrónico
- ruben.navarro.paton [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Pavillón |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Pavillón |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Pavillón |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Pavillón |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Pavillón |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
14.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |