Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Xerar coñecemento ordenado e coherente sobre a concepción do currículo partindo dos coñecementos previos.
- Coñecer e saber valorar o significado dos modelos tradicionais e modelos máis interesantes no campo da teoría e investigación currricular.
- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores de formación cidadá.
- Coñecer e saber colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social asumindo a dimensión educativa da función docente e fomentando a educación democrática.
- Reflexionar sobre as prácticas educativa para innovar e mellorar o labor docente.
- Elaborar un pensamento crítico a partir das informacións recibidas e recollidas no traballo persoal e plasmado en reflexións e deliberacións emanadas dunha metodoloxía participativa.
Tema 1. Concepto de currículo e teorías curriculares.
Tema 2. Currículo oficial, función docente e tarefas curriculares do profesorado en Educación Primaria.
Tema 3. Modelos curriculares, planificación e análise de compoñentes do currículo.
Tema 4. Decisións curriculares: do currículo oficial aos deseños de aula.
Tema 5. Procesos de elaboración de currículos.
Tema 6. Estratexias e medios de ensinanza e aprendizaxe en Educación Primaria.
Tema 7. Avaliación, investigación-acción e innovación curricular.
Tema 8. Fases, estratexias e experiencias de innovación curricular.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Hayes Jacobs, H. (dir.) (2014). XXI: lo esencial de la educación para un mundo en cambio. Narcea.
- Llorent, V. (2019). Planificación e innovación en Educación Primaria. Fundamentos para la elaboración de programaciones y unidades didácticas. Pirámide.
- Zabalza, M. (2013). Diseño y desarrollo curricular. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Antúnez, S., del Carmen, L. M., Imbernón, F., Parcerisa, A. e Zabala, A. (2005). Del proyecto educativo a la programación de aula. Graó.
- Blanchard, M.; Muzás, M. (2016). Los proyectos de aprendizaje. Narcea.
- Cantón e Pino-Juste (Coords.) (2016). Diseño y desarrollo del currículum. Alianza Editorial.
- Castañeda Quintero, L.J, Esteve Mon, F.M., Adell Segura, J. (2018). ¿Por qué es necesario repensar la competencia docente para el mundo digital? RED: Revista de Educación a Distancia, 56, 1-20.
- Dans, I. y Varela, C. (2022). Programación didáctica. Elementos básicos. Universitas.
- Decreto 155/2022, de 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. DOGA (Diario Oficial de Galicia), 22 de setembro de 2022. 49.595-50009.
- Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar. Graó.
- Gimeno, S., Feito, R., Perrenoud, P. e Clemente, M. (2012). Diseño, desarrollo e innovación del currículum. Morata.
- Gómez-Hurtado, I. y García-Prieto. J. (2021). Manual de didáctica general para la diversidad. Síntesis.
- Imbernón, F. (2017). Ser docente en una sociedad compleja. Graó.
- Perrenoud, Ph. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar. Graó.
- LOMLOE (2020). Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. BOE (Boletín Oficial del Estado) 340, de 30 de diciembre de 2020, 122868-122953
- Rangelorrijo, H. h. (2015). Una mirada internacional de la construcción curricular.. Por un currículo vivo, democrático y deliberativo. Revista Electrónica de Investigación Educativa , 17 (1), 1-16. https://redie.uabc.mx/redie/article/view/380/992
- Real Decreto 157/2022, de 1 de marzo, por el que se establecen la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Primaria. BOE (Boletín Oficial del Estado), 52, de 2 de marzo de 2022, 24386-24504.
- Rivilla, A. y Domínguez, C. (2016). Didáctica. Formación Básica para Profesionales de la Educación. Universitas.
- Rosales, C. (2009). Didáctica: Innovación en la enseñanza. Andavira.
- Rosales, C. (2015). Los temas transversales en el aula. Andavira.
- Stenhouse, L. (2003). Investigación y desarrollo del curriculum (5ª ed.). Morata.
- Xunta de Galicia (10 de julio de 2023). Manual de axuda para a elaboración das Programacións Didácticas. Educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40229
- Zabala, Z. y Arau, L. (2014). Métodos para la enseñanza de las competencias. Graó.
Revistas:
Revista Qurriculum: https://www.ull.es/revistas/index.php/qurriculum
Revista Profesorado: https://recyt.fecyt.es/index.php/profesorado/index
Revista de Educación
http://www.mecd.gob.es/revista-de-educacion/
Revista Aula de Innovación Educativa
https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
Revista Galega de Educación
http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=7&MenuId=134&…
Páxinas web de interese:
- Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte: https://formacion.intef.es/course/index.php?categoryid=2
- Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte. Educagob:
https://educagob.educacionfpydeportes.gob.es/curriculo.html
Cada tema/bloque de contido terá asociada unha documentación específica que será indicada durante o proceso de ensino-aprendizaxe
COMPETENCIAS XERAIS
G1. Coñecer as áreas curriculares de Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar os procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en relación con outros docentes e profesionais do centro.
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente se perfeccionará e adaptará aos cambios pedagóxicos e sociais ó longo da vida.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa aos aprendizaxes, á formación cívica e a riqueza cultural.
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e as súas profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1. Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral e se encontra nun nivel que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación, dunha forma profesional e posúan as competencias para demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenrolaran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E16. Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
E17. Coñecer e aplicar experiencias innovadoras na educación primaria.
E19. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser quen de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación.
A fin de cumprir cos obxectivos propostos, a proposta céntrase no emprego de metodoloxías activas na aula, as cales facilitan a participación e colaboración entre o alumnado, posibilitando así a aprendizaxe significativa e facilitando o traballo igualitario, onde de forma activa e participativa cada alumno/a sexa o protagonista da súa propia aprendizaxe.
As distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio, que corresponde ás clases expositivas e interactivas, e un horario non presencial que implica o traballo autónomo por parte do alumnado.
Ademais, tamén se propón a posibilidade de realizar algunha saída didáctica como experiencia educativa, que conecta a aula co medio e expande o contexto de aprendizaxe.
As sesións expositivas en gran grupo inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos contidos, así como clarificar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques, todo iso coa finalidade de achegar as bases teóricas necesarias para outro tipo de traballos posteriores da materia, tanto teóricos como prácticos. Empregaranse recursos de apoio didáctico para facilitar o seguimento e comprensión do contido por parte do alumnado (presentacións multimedia, material audiovisual, recursos en rede, etc...). Ditos recursos, na medida do posible, quedarán a dispor do alumnado na aula virtual.
As sesións en grupo mediano tratan de profundar nos aspectos concretos das sesión expositivas, mediante a lectura e comentario de documentos, o establecemento de relacións conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, a elaboración e presentación de informes, a elaboración de mapas conceptuais, a formulación de dúbidas, o estudo de casos, os vídeos, a planificación de traballos e actividades prácticas, os debates e a exposición de traballos individuais ou de grupo.
Todas estas actividades estarán encamiñadas a desenvolver o traballo independente e de carácter crítico, as actividades de carácter grupal e a toma de decisións, a procura e o manexo da información.
Nas sesións de grupo pequeno (grupo de titorías) trátase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas que poidan xurdir en relación coa elaboración dos distintos traballos e prácticas que se propoñan. Xa que logo, estas sesións estarán especialmente encamiñadas á supervisión dos traballos de grupo. As sesións de titoría ordinarias dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada alumno/a.
Cada tema terá asociada unha documentación específica que será indicada, durante o proceso de ensino-aprendizaxe, ao alumnado. Dita documentación estará a dispor na aula virtual.
Por outra parte, na materia prevense o desenvolvemento dalgunha práctica de campo, xa ben sexa co alumnado da materia, ou compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes se fora o caso.
A realización das prácticas, e por tanto a avaliación, de ser o caso, poderá implicar a outras materias e a participación en proxectos de innovación educativa.
O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:
A. PARTICIPACIÓN E ACTITUDE NA AULA
Peso na cualificación: 5%.
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación, observación das profesoras e actitudes cara a realización das actividades de clase e os/as compañeiros/as.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será acadada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de xeito activo, e coa actitude adecuada nas dinámicas que se propoñan nas sesión de clase.
B. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 50%.
Instrumentos de avaliación: Exame final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado ao longo do curso a través dunha combinación de preguntas curtas e/ou tipo test.
Neste apartado da avaliación, establécese como condición indispensable para obter a cualificación de aprobado, que o alumno/a deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais en dita proba.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
Peso na cualificación: 35%.
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Os indicadores e orientacións para a realización destas actividades específicas serán explicados polo docente ao inicio das sesións da materia.
A realización das actividades, de ser o caso, poderá implicar a outras materias e a participación en proxectos de innovación educativa. Cando ditos proxectos de innovación conleven actividades asociadas e relacionadas coa materia, o alumnado participante poderá realizar outras actividades diferentes ao alumnado que non participa, sendo avaliadas neste apartado (Por exemplo a participación en proxectos de Aps).
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
Peso na cualificación: 10%.
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e/ou actividades realizadas.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten ao alumnado, así como a calidade das diferentes exposicións realizadas nas dinámicas de aula que se propoñan ó longo das sesións.
(Cando en un dos apartados especificados non haxa a posibilidade de ser avaliado, a porcentaxe de dita puntuación acumularase no apartado C).
ALUMNADO CON EXENCIÓN OU DISPENSA DE DOCENCIA:
Estará suxeita ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeneral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida solicitude, deberá informarse ao profesorado no inicio da materia (nas dúas primeiras semanas preferiblemente). Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases (alumando repetidor, etc).a fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación da materia. En dito plan contémplase a realización das mesmas actividades que o alumnado asistente e a súa entrega no mesmo prazo, así coma o exame final. Dado que a participación e exposición en aula non será posible avalíala, contémplase a realización de outro tipo de actividades que poida substituír ambos apartados na puntuación final, previo contacto por parte do alumnado co profesorado da materia.
Con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. CUALIFICACIÓN MÍNIMA: Para obter a cualificación de aprobado, o alumno/a deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais no exame. Para sumar as puntuacións de todos os apartados, é imprescindible acadar a puntuación mínima neste apartado, é dicir, deberá aprobar a proba específica (con un 2,5 sobre 5) para poder sumar as demais puntuacións.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será cualificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como ás que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, non son recuperables.
3. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, sendo este de unha maior amplitude que asegure o coñecemento de todos os contidos traballados ao longo do semestre.
4. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
- A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ó exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
- B. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
NOTA ACLARATORIA:
- As prácticas ou traballos realizados, tanto en grupo como individualmente, farase a súa entrega a través do campus virtual na aula correspondente a materia. Dita entrega será en tempo e forma, e non se admitirán entregas despois do prazo establecido.
- "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tendo en conta que “Deseño, desenvolvemento e innovación curricular” comprende un espazo de 6 ECTS no plano de estudos do Grao, realízase a seguinte distribución temporal:
Horas expositivas: 24 h.
Horas interactivas: 24 h.
Horas de titoría: 3 h.
Total horas presenciais: 51 h.
Horas de traballo autónomo do alumnado: 99 h.
TOTAL HORAS: 150 h.
Os estudantes que cursen esta asignatura terán que realizar unha lectura atenta e crítica dos textos suxeridos pola profesora para acceder aos conceptos propios da disciplina e a súas aplicacións prácticas. Tamén é conveniente que o participen activamente nas tarefas propostas nas clases expositivas e interactivas
Recomendase ademais:
- A asistencia continuada ás sesións presenciais, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
- É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática básicos.
- Proporse un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa infancia. Non se debe esquecer que vivir a educación é moito máis ca saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos/as poderán solicitar exención oficial da docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Carmen Santos Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- mcarmen.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
14:30-16:00 | Grupo /CLIS_04 (Cr - Maq) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 (A - Co) + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 (Ru - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (Mar - Ped) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Pee - Ro) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |