Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clínicos EEES: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos teóricos:
Dar a coñecer a terminoloxía básica que se utiliza na disciplina e na área de Produción Animal en ruminantes.
Transmitirlle ao estudante a coordinación e a aplicación dos coñecementos fisiolóxicos e as necesidades dos animais ruminantes e, xa que logo, as instalacións, condicións ambientais e manexo máis idóneos para que a cría e a explotación dos animais fagan posible a viabilidade e a rendibilidade da empresa gandeira.
Habilidades:
Ofrecer a infraestrutura informativa suficiente para que o futuro veterinario poida responder as demandas actuais dos gandeiros, encamiñadas a mellorar a calidade dos produtos pecuarios obtidos, nun contexto de fomento do benestar animal e de redución do impacto ambiental.
Actitudes:
Proporcionarlle ao alumno un concepto integrador das distintas disciplinas da Produción Animal, para potenciar a formación dunha mentalidade na que o coñecemento do medio rural e a súa protección guíen a súa conduta profesional.
Desenvolver unha actitude crítica e non dogmática da capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares.
Programa teórico: (24 horas)
Comprende o estudo de cada un dos subsectores máis salientables das especies de ruminantes de produción gandeira: vacún de leite, vacún de carne, ovino e caprino. En cada un destes subsectores contémplanse as razas utilizadas e aptitudes; censos e producións; características xerais dos ciclos produtivos, aloxamentos, manexo da alimentación, reprodución, etc., cunha análise dos índices reprodutivos e produtivos máis empregados.
(1 horas). Introdución á produción animal. Importancia económica do sector.
(4 horas). Produción de ovino e caprino.
(2 horas). A recría en gando vacún
(5 horas). Produción de vacún de leite.
(2 horas). Instalacións
(2 horas). O sistema de muxido
(2 horas). Produción de vacún de carne.
(1 horas). Gandería ecolóxica.
(3 horas). Impacto ambiental da produción animal.
(2 horas). Dixitalización da produción gandeira.
Programa práctico (26 horas)
Visita activa 1:(Práctica clínica C1). Granxa de ovino/caprino.(5 horas 20 minutos)
Visita activa 2:(Práctica clínica C2). Granxa de vacún de leite. Granxa Campus Terra. Centro de recría. (5 horas 20 minutos)
Visita activa 3:(Práctica clínica C3). Granxa de vacún de carne. (5 horas 20 minutos)
Practica de laboratorio LB1: Ovellas e cabras (3 horas 30 minutos)
Practica de laboratorio LB2: Vacún de leite (3 horas 30 minutos)
Practica de laboratorio LB3: Vacún de carne ( 3 horas)
Básica
Caravaca, F.P. et al. 2007. Sistemas ganaderos en el Siglo XXI. Universidad de Sevilla
Caravaca, FP.- 2003.- Bases de la produción animal. SP. Universidad de Sevilla.
Younie, D., Wilkinson, J. M. 2004 Ganadería ecológica. Principios, consejos prácticos, beneficios. Ed. Acribia. Zaragoza.
Complementaria
Álvarez, P.J. -.2008.- Gestión técnica de granjas de vacuno lechero. P. Univ. León
Philips, C.J.C.- 2003.- Principios de produción bovina. Acribia. Zaragoza.
Daza Andrada, A. 2014.-Vacuno de carne con criterios económicos. Editorial Agrícola Española. Madrid
Dodsworth, L-2000 – Sistemas de explotación de ganado vacuno de carne. Ed. Academia SL. León.
ASOPROVAC, MARM – 2007 – Guía de prácticas correctas de higiene: vacuno de cebo. MARM,
Abecia Martínez, A. y Forcada Miranda, F. (2011). Manejo reproductivo en ganado ovino. Ed. Servet
Daza, A.- 2002.- Mejora de la productividad y planificación de las explotaciones ovinas. Ed. Agrícola Española. Madrid.
Sañudo, C. – 2009- Ovinotecnia:producción y economía en la especia ovina. Univ. Zaragoza.
Daza, A.- 2004.- Ganado caprino: produción, alimentación y sanidad. Ed. Agrícola Española. Madrid.
Pardos L., Rodríguez L., Ruiz A., Sánchez M. y Alcalde M.J.. 2014. -Manual de gestión técnico económica de explotaciones ovinas y caprinas. Editorial Agrícola Española. Madrid.
CCAE, MARM – 2007 - Guía de prácticas correctas de higiene: caprino de leche y carne. MARM.
Recoméndase o emprego dos recursos de internet tanto básicos coma complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia, poderanse realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a busca a través de PubMed ou Google Schoolar.
No material docente tratado nas clases indicaranse as páxinas web específicas de referencia para cada ítem que requira unha maior profundización para a súa comprensión.
Competencias
Ao finalizar o curso, o estudante debe:
- Ser capaz de identificar as necesidades dos animais nos distintos sistemas produtivos e as instalacións, condicións ambientais e de manexo máis axeitadas para a cría e produción de ruminantes en condicións óptimas, tanto dende o punto de vista da rendibilidade da granxa como da saúde e benestar dos animais.
- Ter capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas relacionadas coa produción gandeira asesorando aos seus titulares para un melloramento do manexo e un incremento da calidade dos produtos pecuarios.
- Estar familiarizado coa adquisición e utilización crítica das fontes bibliográficas (libros, revistas especializadas, bancos de datos, direccións de internet, etc.)
Competencias de acordo á Memoria do Grao en Veterinaria da USC
Xenéricas
(GVUSC)
GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02 Capacidade de análise e síntese
GVUSC03 Coñecementos xerais sobre a área de traballo
GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
Disciplinares
(CEDVUSC)
CEDVUSC03 Cría, mellora, manexo e benestar dos animais
CEDVUSC10 Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana
CEDVUSC11 Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente
CEDVUSC14 Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio
Profesionais
(D1VUSC)
D1VUSC02 Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe
D1VUSC09 Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución dos problemas obstétricos
D1VUSC11 Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización
D1VUSC15 Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas do ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade
D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias
Académicas
(CEAVUSC)
CEAVUSC01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a
CEAVUSC02 Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade
CEAVUSC03 Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC04 Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a
CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
Transversais
(CTVUSC)
CTVUSC02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analiza-la dunha forma crítica
CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e resumida
CTVUSC05 Habilidade no manexo das TICs
CTVUSC07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
*Programa teórico:
Impártense 24 sesións de 50 minutos de duración cada unha. Desenvólvense no primeiro cuadrimestre de acordo aos horarios aprobados en Xunta de Facultade para cada curso académico.
Poderase invitar a colaboradores externos para impartir algunha conferencia.
*Programa práctico:
Visitas activas (3 prácticas clínicas C) 16 horas:
o Visita activa:(C1) Granxa de ovino/caprino: Instalacións, lotes, manexo da granxa.
o Visita activa: (C2) Granxa de vacún de leite e Centro de recría: Instalacións, lotes, manexo da granxa, sistema de muxido. Práctica de muxido e de calidade dos costros.
o Visita activa:(C3) Granxa de vacún de carne e cebadoiro: Instalacións, lotes, manexo da granxa.
En cada granxa o estudante poderá observar o proceso de produción de cada especie: as características construtivas e dimensionado das instalacións; o control medio ambiental; a hixiene, limpeza e bioseguridade das instalacións; o manexo xeral dos animais levado a cabo polos operarios da granxa, incluído o manexo da alimentación; os programas sanitarios e de profilaxe, etc. En todas as granxas, dadas as medidas de bioseguridade das mesmas e en cumprimento das normativas de benestar animal vixentes, as visitas faranse baixo un estrito control e sen perturbar o hábitat do animal, procurando ocasionar a menor incidencia posible sobre o animal e a súa contorna.
Ao final de cada práctica realizarase unha avaliación contínua.
*Prácticas laboratorio: 3 prácticas, LB1,LB2 e LB3: 10 horas. Procura e tratamento da información técnica de páxinas web de interese relacionadas coa materia. Análise técnica económica de explotacións de gando vacún, ovino e caprino na súa dobre aptitude produtiva. Ensináse ao estudante a calcular e interpretar os parámetros produtivos/económicos das distintas especies estudadas.
Titorías:
Terán fundamentalmente carácter presencial aínda que poderán programarse titorias virtuais respetando as franxas horarias que figuran no horario do curso. Poderá programarse unha titoría xenérica voluntaria de repaso previa ao exame final convocada para todos os estudantes.
Os contidos teóricos fundamentais desenvolveranse en clases expositivas, complementando a docencia con sesións interactivas, onde se ampliarán de forma práctica os temas descritos no apartado de Contidos da presente Guía. O material didáctico utilizado porase a disposición do estudante a través do Campus Virtual da USC.
É importante que o estudante elabore o seu propio caderno de apuntes sobre a materia, con toda a información dispoñible (material didáctico que se facilitará de cada tema, apuntes recollidos nas clases e ampliados con información complementaria, así como coa información obtida das clases prácticas).
As sesións interactivas de prácticas estimulan a actividade do estudante, a aplicación dos coñecementos proporcionados nas clases expositivas, así como o traballo e a discusión no grupo. As prácticas iniciaranse fixando os obxectivos da práctica, dando as directrices para o seu seguimento.
A efectos de potenciar a avaliación contínua e testar o aproveitamento de cada sesión práctica, realizarase unha proba de avaliación en cada unha das prácticas realizadas (combinación de proba tipo test, respostas curtas e resolución de supostos prácticos). En todos os casos, a avaliación contínua realizarase dentro do horario da actividade docente, con entrega dos traballos ou probas realizadas ao remate da sesión.
No caso de prácticas onde o alumno teña que realizar un traballo autónomo, avaliarase o produto individual da devandita actividade, podendo incluír na avaliación a exposición de resultados. No caso de probas ou supostos prácticos a desenvolver en grupo, a nota do traballo presentado será a mesma para todos os compoñentes do grupo.
O conxunto de probas de avaliación contínua terá un peso do 40% da nota final.
Ao remate das sesións teóricas e prácticas, realizarase un exame final.
Para asistir ao mesmo é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas.
A materia impartida, tanto en clases teóricas como en prácticas, é susceptible de entrar no exame final.
O exame final constará dunha proba mixta con preguntas de respostas múltiples ou preguntas de desenvolvemento. Terá un peso do 60% da nota final. Este exame aprobarase superando o 50% do valor do exame. Nese caso, sumarase a nota da avaliación contínua. Se non se aproba o exame final, a nota que se aplicará será a obtida neste exame, relativizada a dez e non se fará sumatorio coas outras cualificacións.
As prácticas considéranse actividades docentes de asistencia obrigatoria para todos os alumnos, con independencia de que o alumno as teña xa realizadas en anos anteriores. Os alumnos repetidores poderán quedar exentos das visitas activas, no caso de que obtivesen unha nota mínima de aprobado no curso anterior. A cualificación da avaliación contínua, no caso de obter un mínimo de aprobado, só se conservará durante o seguinte ano ao da obtención da primeira cualificación.
Nesta materia non se concede dispensa total. En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial, non terán a obriga de asistir ás clases expositivas, pero mantense a obriga de asistencia a todas as actvidades interactivas (prácticas de laboratorio, seminarios, prácticas clínicas, visitas a granxas) e naquelas actividades nas que se avalíen as competencias a día un de xeito exclusivo para esta materia, por ser necesaria a asistencia ás mesmas de xeito presencial. O sistema de avaliación para aqueles estudantes con dispensa parcial concedida en base á devandita instrución será o mesmo para todos os estudantes, xa que nas clases expositivas, para as que se concede a dispensa parcial non se realizan actividades de avaliación.
Para os supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, estarase ao disposto na "Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións" (artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC).
TRABALLO PRESENCIAL AULA (10x Nº ECTS)
TRABALLO PERSONAL DO ESTUDANTE (15x Nº ECTS)
TRABALLO PRESENCIAL AULA Horas
Clases maxistrais: 24
Prácticas de laboratorio: 10
Visitas activas: 16
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1
Total de horas de traballo presencial 51
TRABALLO PERSONAL DO ESTUDANTE Horas
Total horas de traballo persoal do estudante: 61,5
Total horas: 112,5
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar as titorías para aclarar dúbidas sobre os contidos desenvolvidos nas clases.
- Facer uso dos recursos dispoñibles: USC Virtual ou correo electrónico que axudan a mellorar a docencia.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada contido de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso do resto das ferramentas de consulta (páxinas webs, revistas) para ampliar coñecementos nos temas tratados durante o curso.
- Participar activamente no desenvolvemento das actividades docentes, propoñendo dúbidas e facendo comentarios construtivos sobre as materias impartidas.
-Revisar os contidos teóricos impartidos antes da realización das prácticas correspondentes, a fin de que a docencia práctica sexa máis eficiente.
Margarita Rico Gomez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- marga.rico.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandro Fernandez Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- alejandro.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Isabel Roca Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- anai.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Cynthia Lopez Novo
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- cynthia.lopez.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Nicolas Mejuto Vazquez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- nicolas.mejuto.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 2 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |